Real Vigo Sporting Club
Nome | Real Vigo Sporting Club | |
---|---|---|
Fundación | 1913 | |
Desaparición | 1923 | |
Estadio | Campo de Coia Coia, Vigo, Galicia | |
|
O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]O club naceu da fusión entre o Vigo Foot-ball Club (que xa absorbera ó New Club previamente) e o Sporting Club no ano 1913[1][2][3]. O club recibiu en 1914 o título de Real, pasando a ser chamado Real Vigo Sporting Club.
O seu gran rival foi o Fortuna de Vigo, club co que acabaría fusionandose en 1923 para dar lugar ó Celta de Vigo.
O último derbi entre os dous clubs antes da fusión foi o 11 de marzo de 1923, gañando o Vigo Sporting o Campionato de Galicia cun gol de Ramón. O equipo titular formárono Isidro, Otero, Pérez, Queralt, Pepe Hermida, Cosme, Gerardo, Ramón, Chiarroni, Tito e Pinilla.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campionato de Galicia (5): 1913-14, 1916-17, 1918-19, 1919-20 e 1922-23
- Subcampión do Campionato de Galicia (2): 1914-15 e 1920-21
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Notas deportivas. Pequeño resumen". Noticiero de Vigo nº 11.628 (en castelán). 27 de xaneiro de 1914. p. 1.
- ↑ "Notas deportivas. Fusión del Vigo y el Sporting". Noticiero de Vigo nº 11.537 (en castelán). 30 de setembro de 1913. p. 2.
- ↑ "Galicia. Pontevedra". La voz de la verdad nº 951 (en castelán). 1 de outubro de 1913. p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Federación | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Selección | |||||||||||||
Equipos |
| ||||||||||||
Outras competicións | |||||||||||||
Equipos desaparecidos | |||||||||||||
Torneos desaparecidos | |||||||||||||
Estadios (listaxe) | Balaídos (Vigo) · Riazor (A Coruña) · Anxo Carro (Lugo) · Pasarón (Pontevedra) · A Malata (Ferrol) · O Couto (Ourense) · Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago) |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.