For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Río Turia.

Río Turia

Río Turia
PaísEspaña
Lonxitude280 km
Caudal medio14 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo

O Turia (en valenciano: Túria), chamado Guadalaviar no seu tramo inicial, é un río situado no leste da Península Ibérica. Nace na Muela de San Juan, no contorno dos Montes Universais, Serra de Albarracín (Teruel), baixo o nome de Guadalaviar por ser esta a primeira localidade por onde pasa. Desemboca na cidade de Valencia tras 280 km de percorrido.

Topografía do río

[editar | editar a fonte]
O Turia na Serra de Albarracín (Teruel), onde é denominado Guadalaviar.

Este é un característico río mediterráneo, con grandes diferenzas de caudal nas distintas épocas do ano. As contribucións hídricas prodúcense principalmente por torrentes e barrancos orixinados polos desxeos na zona do seu nacemento e polas fortes tormentas que se producen na súa cunca hidrográfica.

Debido ás súas peculiaridades, tanto pola variada orografía que atravesa coma as diferenzas de caudais hidráulicos, pódense distinguir varias zonas ou tramos.

Desde o seu nacemento até a provincia de Valencia

[editar | editar a fonte]
O Turia pola Serra de Albarracín.

A súa fonte encóntrase na contorna dos Montes Universais, recollendo achegas de torrenteiras e barrancos coma o da serra do Tremedal e da serra de Jabalón. En Tramacastilla recolle as augas do río Garganta.

Até a localidade de Gea de Albarracín, o río conserva unha temperatura e pureza de augas ideais para a cría da troita.

Na mesma capital de Teruel, recibe as augas do río Alfambra, sendo este uns dos seus principais afluentes, a pesar de que en épocas de estío diminúe considerablemente o seu caudal. Até este punto recibe o nome de Guadalaviar, e a partir de aquí, recibe tamén o nome de Turia.

En Villel recolle as augas do río Camarena e xa no Rincón de Ademuz, provincia de Valencia, ten como afluentes os ríos Riodeva, Ebrón e Bohílgues.

Abandona o Rincón de Ademuz para entrar en Santa Cruz de Moya, provincia de Cuenca, onde se atopa coas augas salinas do río Arcos.

Pouco despois do seu paso por Las Rinconadas, transcorre baixo unha grande ponte construíde a mediados do século XX, entrando outra vez na provincia de Valencia.

Transcurso polas comarcas do alto Turia

[editar | editar a fonte]
Ponte sobre o Río Turia ao seu paso por Las Rinconadas (Santa Cruz de Moya).

Por esta zona o terreo agreste impide o aproveitamento da súa auga. O río transcorre encaixado en diversas atalaias, chegando a ser de difícil acceso.

Comeza o seu maior aproveitamento para o rego no Canal Campo de Turia, que rega as zonas de Liria, Casinos e Bétera.

Máis abaixo atópase cos afluentes Sot e Chera, que debido ao seu caudal son máis similares a uns torrentes.

Parque Natural do Turia

[editar | editar a fonte]
Muíño do río en Villamarchante.

A partir de aquí rega máis de 12.000 ha nas comarcas do Campo de Turia e Horta de Valencia. Existen varios proxectos sobre esta zona, tanto de urbanización coma de protección do contorno, creándose o parque natural. O parque natural abrangue 15 termos municipais, desde a cidade de Valencia até Pedralba.

Desembocadura

[editar | editar a fonte]
Monumento ao río Turia na cidade de Valencia.

Son famosas as súas enchentes, en especial a do 14 de outubro de 1957, a chamada "Gran riada de Valencia", que cun caudal de 3.700 m³/s inundou gran parte da cidade de Valencia.

Este feito provocou o desenvolvemento dun proxecto para desviar o río e evitar posteriores inundacións, así mesmo tamén de xerar novas infraestruturas para o crecemento da cidade. Este proxecto materializouse coa construción dun novo percorrido para o río, desviándoo polo sur da cidade, no coñecido como "Plan Sur". O novo curso aparentemente está seco, debido a que só discorre caudal por el durante as enchentes, pois os caudais ordinarios empréganse no regadío da Veiga de Valencia coas cales do azud del repartiment.

O antigo leito que pasa pola zona centro da cidade converteuse nun espazo lúdico-cultural, o Xardín do Turia, onde se encontra a Cidade das Artes e as Ciencias.

  • Encoro de Arquillo de San Blas, de 22 hm³
  • Presa dos Alcamines, (en construción), de 16 hm³
  • Encoro de Benageber, de 228 hm³.
  • Encoro de Loriguilla, de 71 hm³.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Río Turia
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?