For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Quelato.

Quelato

Complexo metal-EDTA

Un quelato é un composto químico formado por un ión metálico ligado por varias ligazóns covalentes a unha estrutura heterocíclica de compostos orgánicos coma aminoácidos, péptidos ou polisacáridos.

O nome quelato provén da palabra grega χηλή, chele, que significa garra ou pinza, referíndose ao xeito polo cal os ións metálicos son “aprisionados” no composto.

O termo quelato foi usado por vez primeira en 1920 por Sir Gilbert T. Morgan e H. D. K. Drew, que escribiron : "Propomos o adxectivo quelato, derivado do grego chele (gran garra da lagosta ou outros crustáceos) , para describir os grupos en "brazos de pinza" ("calkiperlike") que funcionan como dúas unidades asociadas entre si e se fixan ao átomo central de modo que producen aneis heterocíclicos."[1]

Quelatos importantes

[editar | editar a fonte]

Algúns quelatos son compostos importantes para a vida na terra, como a hemoglobina e a clorofila.

A clorofila, molécula que sustenta a vida na terra, por ser responsábel da absorción dos fotóns da luz solar nas plantas verdes, é un quelato de Mg (Magnesio).

A hemoglobina, substancia fundamental para a vida, por ser responsábel do transporte de osíxeno (O2) e gas carbónico (CO2) no noso corpo, é un quelato de Fe (ferro).

Na medicina, os quelatos teñen como principais aplicacións o tratamento de envelenamentos e a corrección de deficiencias nutricionais minerais.

No tratamento de envelenamentos metálicos por Pb (chumbo), Hg (mercurio) ou outros elementos, adminístranse axentes quelantes para “secuestrar” os ións metálicos, formando quelatos que posibilitan a súa eliminación polo organismo. Este tipo de tratamento para eliminación de metais tóxicos é ás veces denominado quelación. Segundo a IUPAC, a quelación implica a formación ou presenza de dous ou máis enlaces de coordinación establecidos entre un ligando polidentado (con múltiples enlaces) e un só átomo central.[2]

No proceso exactamente oposto, adminístranse elementos metálicos quelatados (tamén se poden denominar quelados) para corrixir deficiencias minerais en seres humanos ou animais, por posibilitar a mellor absorción dos ións metálicos no tracto intestinal. Na quimioterapia contra o cancro pódese utilizar Se (selenio) quelatado .

Na agricultura empréganse quelatos para a complexación de metais na produción de fertilizantes foliares e de solo. Moitas veces úsanse ácidos orgánicos ou outros compostos que complexan elementos que doutro xeito a planta non podería absorber polas follas ou polas raíces.

Na química, axentes quelantes poden ser utilizados para remover ións metálicos en solucións.

O EDTA (ácido etileno diamino tetracético =(HO2CCH2)2NCH2CH2N(CH2CO2H)2 ) coordina a través de até 6 puntos doadores preferentemente en xeometría octaédrica. Os sales de EDTA empréganse amplamente na fabricación de deterxentes para complexar o calcio, ou en medicina en casos de intoxicación por metais pesados).

en (1,2- diaminoetano = etilenodiamina = H2NCH2CH2NH2) (coordina a través dos pares libres dos dous átomos de nitróxeno; os compostos octaédricos de fórmula xeral M(en)3n+ son quirais e se poden separar os enantiómeros.

DPPE (1,2-bis(difenilfosfino)etileno = Ph2PCH2CH2) (coordina a través de pares libres de electróns dos dous átomos de fósforo; derivados deste composto empréganse nalgúns catalizadores)

ox (oxalato; sales do ácido oxálico HO2CCO2H)

En síntese orgánica adquiriron un interese especial os ligantes quelatantes quirais xa que se empregan directamente nos catalizadores empregados para obter produtos quirais. (ver p. ex. catalizador de Wilkinson).

Na actualidade existen milleiros de ligantes quelantes tanto sintéticos como naturais coñecidos na bibliografía.

Exemplo: Formación dun complexo cis-platina (II) con etilenodiamina

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. J. Chem. Soc., 1920, 117, 1456
  2. Definición de quelación da IUPAC.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Quelato
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?