For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Parchís.

Parchís

Taboleiro actual de Parchís.

O parchís é un xogo de mesa orixinario da India moi popular en España. Xógase cun taboleiro, un dado e catro fichas por xogador.[1]

Pachisi hindú

O xogo do parchís ten a súa orixe nun xogo moi popular da India chamadoPachisi, Parcheesi, Parchesi e tamén coñecido como Vinte e cinco. Na India xógase desde hai séculos nun taboleiro ou pano en forma de cruz. As súas variantes máis antigas son duns 2.600 anos.

O nome do xogo ven da palabra hindú pacis que significa 25. O taboleiro actual do parchís ten 100 cuadrículas, 25 por cada un dos catro participantes. Na súa orixe 25 era a puntuación máxima que se podía acadar nun xogo antecesor chamado Chaupar, no que lanzábanse os caparazóns de cauri (un molusco de vivas cores que chegou a empregarse como moeda) utilizándoos como dados. Aínda hoxe pódense ver nos palacios de Agra e de Allahabad xigantescos taboleiros de Parchisi con cuadrículas de mármore branco e vermello, nos que o emperador Akbar I o Grande, un gran xefe mongol do século XVI, xogaba empregando como fichas a dezaseis concubinas do seu harén con roupas coloreadas apropiadamente. Hai evidencias da existencia de variedades similares deste xogo na India no século IV.

O xogo do Parchís ten moitas variantes ou denominacións: Ludo (en latín "eu xogo", introducido en Inglaterra en 1896 durante a ocupación británica da India), o Parcheesi (nos EUA desde mediados do século XIX), o Vinte e cinco, o Menschärgere-dich-nicht (Alemaña en 1910), o Jeu de Dada (Francia).

O xogo chegou a España nos anos 1920, cando xa era moi popular no mundo. O baixo prezo, que fose fabricado e vendido por moitas marcas e as súas fáciles regras foron pezas fundamentais para que chegara en poucos anos a ser un xogo moi coñecido e popular por todo o país. vendíase en tódalas tendas de xogos e o seu taboleiro de cartón, plástico ou madeira adoitaba levar polo outro lado un xogo da oca ou un taboleiro de xadrez tamén empregado para xogar ás damas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O taboleiro ten 100 cuadrículas divididas en catro quendas de cores diferentes. En sentido antihorario as cores son: amarela, azul, vermella e verde numeradas dende o 1 ata o 68. Cada 5 ou 7 cuadrículas hai unha marcada cun círculo (chamada seguro). Nas catro esquinas do taboleiro cada xogador pon as súas 4 fichas da súa cor, é a casa ou inicio do xogo. Cada xogador ten un dado da súa cor e un gobelete tamén da mesma cor.

Xógase en quendas de dous, tres ou catro xogadores aínda que a finais do século XX fixéronse taboleiros para seis e oito xogadores. Cada xogador ten catro fichas da súa cor. O xogo iníciase tirando cada xogador o seu dado. Comeza o xogo o que saque o número máis alto ou o primeiro que saque un cinco. Cas catro fichas na casa (onde se inicia o xogo) o primeiro cinco permite sacar dúas fichas ao taboleiro de xogo. Se sae un seis no dado cóntase coas fichas e vólvese tirar. Se saen tres seises seguidos a última ficha que foi movida ten que volver á posición inicial do xogo, a casa. Se ao mover ficha cae nunha cuadrículas ocupada que non sexa o seguro a ficha que alí estaba está morta e debe volver á casa da súa cor. O outro xogador avanzará vinte postos con calquera das fichas que ten. Nalgunhas variantes do xogo debe contar coa mesma ficha. Gaña o xogador que chegue con tódalas súas fichas á parte central do taboleiro da súa cor.

O xogo é unha metáfora da cultura hindú. A morte, volta ao inicio e así ata chegar ao final da viaxe.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parchís.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Parchís
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?