For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Óso occipital.

Óso occipital

Vista lateral do cranio. Na parte póstero-inferior pódese identificar o óso occipital articulado co temporal e o parietal.

O óso occipital é un óso impar do cranio que constitúe o límite posterior da cabeza e a metade da súa base. Nel pódense distinguir as seguintes porcións:

  • Porción escamosa.
  • Porción condilar lateral esquerda.
  • Porción condilar lateral dereita.
  • Porción basilar.

Estas partes dispóñense ó redor do foramen magnum ou burato occipital, onde atopamos a parte inferior do bulbo raquídeo, vasos e nervios.

Porción escamosa

[editar | editar a fonte]

Situada nos laterais do occipital, articulándose cos ósos parietais a través da sutura lambdoide, e coa apófise mastoide de cada óso temporal. Na súa zona media presenta a protuberancia occipital, da que parten sucos e cristas que dan lugar ás fosas: Dúas fosas craniais ou superiores, que aloxan os lóbulos occipitais do cerebro, e dúas fosas cerebelosas ou inferiores, que aloxan os hemisferios cerebelosos.

Porcións condilares

[editar | editar a fonte]

Forman os bordos laterais do burato occipital. A súa parte anterior relaciónase co bordo posterior do peñasco do temporal. Lateralmente forman a zona posteromedial do burato rasgado posterior ou forame xugular. Na cara inferior das porcións condilares están os cóndilos occipitais que se articulan coas caras articulares superiores do atlas (primeira vértebra cervical). Por diante de cada cóndilo hai un burato, denominado burato condiloide anterior por onde sae do endocranio o nervio hipogloso. Por detrás pode haber tamén un, o burato condiloide posterior, que de existir, dá paso a vasos emisarios. Este segundo orificio é por iso pouco importante.

Porción basilar

[editar | editar a fonte]

Situada por diante do burato occipital. Diríxese cara a arriba para unirse co esfenoide. Ata os vinte anos, máis ou menos, esta unión realízase mediante unha cartilaxe que vai osificándose coa idade. No adulto xa non encontramos solución de continuidade entre ambas estruturas. A unión entre a porción basilar do occipital e a lámina cuadrangular do esfenoide denomínase clivus ou canal basilar.

Galería de Imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Óso occipital
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?