For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Nicandro Ares.

Nicandro Ares

Infotaula de personaNicandro Ares
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1926 Editar o valor en Wikidata
Santalla de Bóveda de Mera, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , filólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4775144 Dialnet: 1295029

Nicandro Ares Vázquez, nado o 7 de xuño de 1926 en Santalla de Bóveda de Mera e finado en Lugo o 22 de xullo de 2017, foi un sacerdote e filólogo galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ordenouse sacerdote en 1951.[2] Cursou estudos de teoloxía e filosofía, cun grande interese polas linguas clásicas. Foi cura de San Cristovo da Cervela e axiña se incorporou como profesor no Seminario de Lugo desde 1955 durante 42 anos impartindo Teoloxía e outras materias. A partir de 1964 comeza a publicar artigos referidos a temas históricos e onomásticos, tarefa na que destacou coa publicación de múltiples estudos dedicados á toponimia da diocese de Lugo.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde abril de 2006[3], institución que publicou en 2013 dous volumes co título de Estudos de toponimia galega que recompilan un total de 178 artigos publicados por el entre 1964 e 2011.[4]

A outra súa gran paixón, á que dedicou tempo e estudos, foi o monumento de Santalla de Bóveda, o seu lugar natal.

Boa parte dos seus estudos foron publicados na revista Lucensia do bispado de Lugo. Tamén no xornal El Progreso, na revista Grial etc.

En 2020 publicouse un libro homenaxe co título Don Nicandro Ares. Bo e sabio, coordinado por Javier Diéguez Diéguez.[5] Nel colaboran:

  • Presentación, Alfonso Carrasco Rouco
  • Don Nicandro Ares Vázquez: lembranza e gabanza, Xesús Alonso Montero
  • Nicando Ares Vázquez, sacerdote, profesor e investigador, Argimiro López Rivas
  • Nicandro Ares Vázquez e a arqueoloxía lucense. Dúas paixóns: e epigrafía e a Santa Eulalia de Bóveda, Felipe Arias Vilas e Enrique Jorge Montenegro Rúa
  • Algunos estudios medievales del profesor Nicandro, Manuel Rodríguez Sánchez
  • Nicandro Ares, toponimista, Antón Santamarina
  • Nicandro Ares, mestre da onomástica galega, Xesús Ferro Ruibal
  • Nicandro, de camiño ás estrelas... Ricardo Polín
  • Don Nicandro, Adolfo de Abel Vilela
  • Nicandro Ares: humanidade, sabedoría, virtude... Xosé López Díaz
  • Don Nicandro, profesor, Anxo González Guerra
  • Por que? Tres leccións que aprendín de don Nicandro, Gregorio Ferreiro Fente
  • A humildade e a gratitude no mestre Nicandro, Xoán Carlos García Porral
  • Bibliografía, Enrique Jorge Montenegro Rúa
  1. "A Academia lamenta o pasamento de Nicandro Ares Vázquez". RAG. 23/7/2017. 
  2. "Nicandro Ares Vázquez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-15. 
  3. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-11-15. 
  4. "A Rag dei que Nicandro Ares foi esencial nos estudos dá onomástica galega". web.archive.org. 2017-08-23. Archived from the original on 23 de agosto de 2017. Consultado o 2020-11-15. 
  5. VV.AA (2020). Don Nicandro Ares. Bo e sabio. Vozesnavoz Edicións. ISBN 978-84-938334-5-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Diéguez Diéguez, Javier (coord.) (2020). Don Nicandro Ares. Bo e sabio. Vozesnavoz Edicións. ISBN 978-84-938334-5-9. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Nicandro Ares
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?