For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Montse Fajardo.

Montse Fajardo

Infotaula de personaMontse Fajardo

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Montserrat Fajardo Pérez Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora de non ficción Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata

Facebook: montse.fajardoperez Twitter: MontseFajardoP BNE: XX5301935 AELG: 513 Dialnet: 5139250 Editar o valor en Wikidata

Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.[1]

De 2013 a 2021 coordinou o equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra.[2] De 2021 a 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.

Deu a coñecer en centros educativos e asociacións as consecuencias do insurrección sublevada en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".[3]

Tomou conciencia da conexión entre a represión franquista e a impunidade xa cando era nena, escoitando a súa avoa materna, falando dos tempos da guerra civil e de toda a transmisión familiar de represión silenciada polo medo a posguerras. Anos despois centrouse na investigacíón e a recuperación da memoria histórica desde unha perspectiva feminista, poñendo o foco nas testemuñas de mulleres que foron relegadas a un segundo plano.[4]

Tras catro anos de investigación, autoeditou o seu primeiro libro: Matriarcas. Mulleres en pé de vida. A través das entrevistas feitas a dez mulleres de diversos puntos de Galicia, quixo dar voz as grandes esquecidas do seu tempo, as mulleres e o matriarcado que protagonizaron sostendo a sociedades galega da posguerra.[5]

Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu foi o seu segundo libro. Continuou coa mesma metodoloxía do Matriarcas, sendo outro exemplo de como as fontes orais con materia prima para facer historia -aínda que as veces subestimada- e tamén para facer memoria e xustiza.

Como o que indicara o historiador Pepe Álvarez Castro, Fajardo afirma no seu limiar que é verdade, que ela está dun único lado, do das vítimas, de tódalas vítimas, do único lado do que podería estar: o das silenciadas.[6]

En Invisibles, Fajardo da todo o protagonismo as mulleres dos relatos, visibilizando as diferenetes tipoloxías de maltrato sofrido, físico, psicolóxico e ata o asesiñato nas mans dos homes maltratadores. Ademais, salienta un coidado especial sobre as criaturas que viven estas situacións e suliña as condutas que levan á violencia machista, para identificalas.[7]

Con motivo do Día das Letras Galegas e desde o Concello de Pontevedra Fajardo escribió O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros, como homenaxe a escritora María Victoria Moreno, galardoada en 2017. Trátase dun percorrido polos lugares que Moreno adoitaba frecuentar, participando da vida social e política de Pontevedra, a través de diferentes testemuñas.[8]

Facendo unha recompilación de datos sobre Virxinia Pereira, para A memoria das Mulleres e a web Do gris ao violeta, decatáronse que entre as cartas a o escritor Otero Pedrayo daban mostras precisas do seu posicionamiento social e político. Montse Fajardo decidiu escribir a súa biografía para recuperar a figura dunha muller comprometida e con ideais propios, incluso antes de casar con Castelao.[9]

En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[10]

Dentro do proxecto O pasado por vir, do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra,​[11] participou na elaboración do documental Acorda (2021), que comezou a cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.[12]

Na segunda entrega Acordamos (2023), Fajardo fala da loita antiforal, coa historia de mártires de Sobredo que foron Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo de Montes e Venancio González, de Budiño, que foron asasinados o 28 de novembro de 1922 na parroquia tudense de Guillarei.[13]

En 2023 foi colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.

Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co- comisaria e coautora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).

Forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

Presentación de "O escalón de Ulises...", Pontevedra, 05/05/2018
  • Matriarcas, mulleres en pé de vida (2012). Autoedición.[14]
  • Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu (2015). Autoedición[15]
  • “As que quedaron”, no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2016). Concello de Pontevedra.[16]
  • Invisibles (2017). Editado por Matriarcas e o concello de Pontevedra.[17] Foi traducido pola propia autora e publicado en Edicións do Cumio (2021)[18]
  • O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (2018). Concello de Pontevedra.
  • A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira (2020). Concello de Pontevedra.[19]
  • ROTAS. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (2024). Concello de Santiago de Compostela. 126 páxs. ISBN 978-84-128055-7-4.[20]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2015). Concello de Pontevedra.
  • Pedaleando por Vilagarcia (2016). O faiado da memoria.
  • Somos memoria (2021). A.C. 28 de agosto.
  • O pasado por vir (2021).
  • Acorda (2022).
  • Desmontando a propaganda franquista (2022).
  • Gestión feminista del hábitat  (2022). Centro de Investigaciones y Estudios sobre Cultura y Sociedad. En castelán.
  • O pasado por vir II- Un tempo posible (2023).
  • O fardel da memoria de Conde Corbal (2023). Deputación de Pontevedra.
  • Vigo, 1972 (2023). CC.OO.
  • A música represaliada (2023). Deputación de Pontevedra,
  • 2018: II premio de Xornalismo Lueiro Rey polo seu artigo “O universo de Carlos” protagonizado por un neno con autismo.[21][22]
  • 2023: Premio SELIC do Concello de Santiago con Onde habita a tolemia. Na modalidade de ensaio, a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.[23]
  • 2023: Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual por Caídas. Achegamento ao Patronato de protección da muller en Galicia.[24]
  1. "Montse Fajardo". www.aelg.gal. Consultado o 2023-10-08. 
  2. Pereiro, Carlos (2022-06-14). "‘A Memoria das Mulleres’ continúa a explorar lembranzas e novos xeitos de manter o legado das pontevedresas". Concello de Pontevedra. Consultado o 2023-10-08. 
  3. "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36". AC Alexandre Bóveda. Consultado o 2023-10-08. 
  4. "Montse Fajardo Pérez: “As mulleres son as grandes esquecidas da represión franquista”". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-03-10. 
  5. "Montse Fajardo". Noticias de Galicia. Consultado o 2024-03-10. 
  6. "As mazás do cesto que teceu Montse abandonan o silencio". Pontevedra Viva. 2015-09-25. Consultado o 2024-03-10. 
  7. "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública. 2018-01-21. Consultado o 2024-03-10. 
  8. culturagalega.org (2018-05-14). "A celebración do Día das Letras pon en valor nos aspectos máis persoais dunha autora moi vencellada a Pontevedra". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-03-10. 
  9. "Presentan o libro sobre Virxinia Pereira, a esposa de Castelao, que loitou porque as súas obras quedaran no Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2020-09-17. Consultado o 2024-03-10. 
  10. Pin, Irene (25/11/2020). "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. 
  11. "O pasado por vir - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico". arquivos.depo.gal. Consultado o 2024-04-08. 
  12. "'Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra' proxéctase o mércores 25 no Cine Seixo". Pontevedra Viva. 2023-01-21. Consultado o 2024-04-08. 
  13. "Presentan ‘Acordamos’ unha serie de videoclips para dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista". Pontevedra Viva. 2023-02-17. Consultado o 2024-04-08. 
  14. Matriarcas. Mulleres en pé de guerra, recensión da obra no blog de Ramón Nicolás.
  15. Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, crítica do libro a cargo de Ramón Nicolás.
  16. Violetas para a Memoria, recensión da obra no blog de Armando Requeixo.
  17. Dopico, Montse (21/1/2018). "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública. 
  18. "Invisibles". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 25/1/2022. 
  19. "Preséntase "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira"". Do Gris Ao Violeta. 17/9/2020. Consultado o 17/9/2020. 
  20. "ROTAS - As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (PREMIO SELIC 2023)". EDICIÓNS POSITIVAS - Galicia. Consultado o 2024-06-13. 
  21. "Un artigo sobre a discriminación para coas persoas con autismo gaña o Lueiro Rey de xornalismo". Nós Diario. 2018-10-24. Consultado o 2023-10-08. 
  22. Redacción (30 de outubro de 2018). "A xornalista Montse Fajardo gaña o "Lueiro Rey" por unha reportaxe sobre o autismo". farodevigo.es. Consultado o 16 d enovembro de 2023. 
  23. "Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia' - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 2023-12-27. 
  24. M.X. (2024-03-08). "Montse Fajardo recibe o Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2024-03-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Montse Fajardo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?