For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Taxon monotípico.

Taxon monotípico

Monotípico redirixe aquí.
O xénero Orycteropus é monotípico porque só contén a especie porco formigueiro (Orycteropus afer).

En bioloxía, un taxon monotípico é un grupo taxonómico (taxon) que contén só un taxon inmediatamente subordinado.[1] O taxon subordinado en cuestión pode conter varios taxons inferiores ou ser tamén monotípico. Aínda que o termo parece indicar que un taxon ten un só espécime tipo (sen sintipos, lectotipos, ou outros tipos) e ningún sinónimo heterotípico/júnior, ese non é o seu significado.

No caso das especies, unha especie monotípica é aquela que non contén subespecies ou grupos menores de taxons infraespecíficos. No caso dos xéneros prefírese ás veces o o termo "uniespecífico".

Na nomenclatura botánica, un xénero monotípico tamén se refire a un caso especial no que se describen simultaneamente un xénero e unha soa especie dese xénero.[2] En Botánica, monotípico úsase máis que monoespecífico co mesmo significado.

Igual que o termo "monotípico" se usa para describir un gran taxon que comprende só unha subdivisión, pódese tamén dicir que o taxon contido é monotípico dentro do taxon grande, por exemplo, un xénero monotípico dentro dunha familia.

Taxons que se consideraban inicialmente monotípicos poden deixar de selo ao seren subdivididos máis adiante conforme se afina a súa clasificación taxonómica ao obtérense novos coñecementos sobre eles, como por exemplo, datos xenéticos.

O seu antónimo é taxon politípico ou politípico.

Algúns exemplos de grupos monotípicos son os seguintes:

  • A familia de plantas Cephalotaceae inclúe un só xénero, Cephalotus, e unha soa especie, Cephalotus follicularis.
  • O porco formigueiro (Orycteropus afer) é monotípico dentro do seu xénero Orycteropus, que á súa vez é monotípico dentro da familia Orycteropodidae, e esta é monotípica dentro da orde Tubulidentata.
  • O papagaio Anodorhynchus hyacinthinus é unha especie monotípica, xa que non se distinguiu ningunha subespecie dentro desta especie.
  • O paxaro Panurus biarmicus ten varias subespecies en distintas zonas da súa área de distribución, pero pertence ao xénero Panurus, que segundo o consenso actual se considera monotípico (é o único xénero) dentro da familia Panuridae.
  • O peixe Ozichthys albimaculosus, das augas tropicais de Australia e sur de Nova Guinea, é a especie tipo do xénero monotípico Ozichthys.[3]
  • A planta do grupo das anxiospermas Breonadia salicina é a única especie do xénero monotípico Breonadia.
  1. Mayr E, Ashlock PD. (1991). Principles of Systematic Zoology (2nd ed.). McGraw-Hill. ISBN 0-07-041144-1
  2. McNeill, J.; Barrie, F.R.; Buck, W.R.; Demoulin, V.; Greuter, W.; Hawksworth, D.L.; Herendeen, P.S.; Knapp, S.; Marhold, K.; Prado, J.; Reine, W.F.P.h.V.; Smith, G.F.; Wiersema, J.H.; Turland, N.J. (2012). International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (Melbourne Code) adopted by the Eighteenth International Botanical Congress Melbourne, Australia, July 2011. Regnum Vegetabile 154. A.R.G. Gantner Verlag KG. ISBN 978-3-87429-425-6.  articles 38.5 and 38.6
  3. Fraser, T.H. (2014). A new genus of cardinalfish from tropical Australia and southern New Guinea (Percomorpha: Apogonidae). Zootaxa 3852(2): 283–293.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Monoespecífico
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Taxon monotípico
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?