For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Meteorito de Sikhote-Alin.

Meteorito de Sikhote-Alin

Imaxe dun fragmento do meteorito de Sikhote-Alin
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O meteorito de Sikhote-Alin (en ruso: Сихотэ-Алинский метеорит) ou Sikhote-Alin (en ruso: Сихотэ-Алинь),[1] é un meteorito metálico caído en Rusia o 12 de febreiro de 1947 sobre as montañas Sikhote-Alin.

O meteorito estoupou na atmosfera segundo caía, facendo que caesen toneladas de metais nunha rexión elíptica duns 1,3 km2. Formáronse numerosos cráteres de impacto, o maior deles de 26 m de diámetro. Esta chuvia de meteoritos foi a máis grande da historia recente.

Selo soviético de 1957 dedicado á caída do meteorito de Sikhote-Alin

Contra ás 10:30 h da mañá do 12 de febreiro de 1947 puidose observar nas montañas Sikhote-Alin un gran bólido, máis brillante que o Sol e procedente do norte, descendendo nun ángulo de aproximadamente 41º. A forte luzada e o grande estrondo puidéronse detectar nun radio de 300 km á redonda (o punto de impacto foi aproximadamente a 440 km ao nordeste de Vladivostok). Unha estela de fume de aproximadamente 32 km de altura permaneceu no ceo durante varias horas. Foi un suceso tan impactante que en 1957, para conmemorar o seu 10º aniversario, o servizo postal da URSS lanzou un selo no que se mostra a columna de fume. Calcúlase que o peso deste bólido estaba entre as 20 e as 23 toneladas no momento de entrar na atmosfera. Este suceso desatou o interese dos xeólogos e outros científicos de toda a URSS, que acudiron ao lugar para encontrar os fragmentos do meteorito con equipos de detección de metais e estudar o ocorrido. En 1950 editouse un documental de 10 minutos de duración sobre este meteorito.

O meteorito, no momento de entrada na atmosfera, viaxaba a unha velocidad dee 14 km/s, é dicir, a unha velocidade de 50 400 km/h, e comezou a romperse en fragmentos, desencadeando a chuvia de meteoritos. A unha altitude de 5,6 km, a masa máis grande rompeu nunha violenta explosión. A día de hoxe miles de fragmentos deste meteorito áchanse espallados polas montañas de Sikhote-Alin. Recoécense facilmente como bólas de ferro fundido. Aínda que non se trate dunha peza extremadamente rara, é un meteorito bastante apreciado polos coleccionistas, xa sexa pola súa importancia, pola súa recente caída ou pola súa férrea beleza. O difícil acceso á zona, debido a unha mesta masa forestal de taiga, dificulta que coleccionistas de meteoritos poidan encontrar con comodidade os fragmentos espallados. Os vestixios máis comúns deste tremendo impacto non adoitan excederen os 2 centímetros nin pesaren máis alá dos 15 gramos. A peza máis grande encontrada até a data ten un peso de 1 745 kg e encóntrase no Museo Xeolóxico de Moscova.

Composición

[editar | editar a fonte]

O meteorito de Sikhote-Alin clasifícase como un meteorito metálico pertencente ao grupo químico IIAB, e con estrutura de octahedrita grosa. Componse aproximadamente de 93 % de ferro, 5,8 % de níquel, 0,42 % de cobalto, 0,46 % fósforo e 0,28 % de xofre, con trazas de galio, xermanio e iridio.[2] Tamén se detectou a presenza de taenita, plesita, pirrotina, cromita, camacita e schreibersita.

  1. As fontes rusas adoitan usar o adxectivo Сихотэ-Алинский para denominar este meteorito, mentres que as fontes anglófonas usan o nome propio Sikhote-Alin.
  2. Sikhote Alin Copia arquivada en Wayback Machine - Planetarium de Montreal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Meteorito de Sikhote-Alin
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?