For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Menno Simons.

Menno Simons

Infotaula de personaMenno Simons

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1496 Editar o valor em Wikidata
Wytmarsum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1561 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Bad Oldesloe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBad Oldesloe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDezasete Provincias Editar o valor em Wikidata
RelixiónAnabaptismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , sacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX4860490 WikiTree: Simens-20

Menno Simons, nado en Wytmarsum en 1496 e fnado en Wüstenfelden o 31 de xaneiro de 1561, foi un líder relixioso anabaptista neerlandés. Simons foi contemporáneo dos reformadores protestantes e os seus seguidores foron coñecidos como menonitas.

"Menno Simons" é a versión neerlandesa do seu nome. A versión frisoa é Minne Simens,[1] en que o posesivo "s" crea un patronímico que significa "Minne, fillo de Simen".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Simons naceu en 1496[2] nunha familia de aldeáns en Wytmarsum, provincia de Frisia (Sacro Imperio Romano Xermánico). O seu pai chamábase Simon e tivo un irmán chamado Pieter.[3]

Foi destinado polos seus padres ao sacerdocio católico. Foi ordenado sacerdote en 1515 ou 1516[4] en Utrecht. Sendo párroco da súa aldea natal, separouse da Igrexa católica o 12 de xaneiro de 1536,[4] para unirse aos anabaptistas pacifistas, despois de estudar con detemento a Biblia e vivir un proceso de afastamento dos dogmas católicos.

En 1537 foi ordenado en Groninga como bispo anabaptista. O seu labor tivo éxito, de xeito que un edicto do emperador Carlos V ofreceu recompensa de 100 moedas de ouro pola súa cabeza e indulto por calquera delito cometido por quen o entregase.

En 1543 foi enviado ao noroeste de Alemaña onde se dedicou os dezaoito últimos anos da súa vida a construír igrexas, ao tempo que proseguía o seu traballo en Frisia.

Estivo en Colonia, Holstein, Prusia e outros lugares, sempre organizando e predicando, acosado polos perseguidores. Aínda que se sabe que estaba casado con Geertruydt e tivo polo menos un fillo e dúas fillas,[5] as condicións de clandestinidade impediron rexistrar máis detalles da súa vida familiar.

Foi notoria a súa preocupación pola divulgación escrita dos puntos de vista anabaptistas nas diferentes linguas da rexión en que traballaba, para o que, cun impresor identificado só como B.L., estableceu unha imprenta en Lübeck, que debeu trasladar a Oldesloe (Holstein) e posteriormente en 1554 ao próximo refuxio anabaptista en Wüstenfelde, onde falceu o 31 de xaneiro de 1561 e foi sepultado no seu xardín.[3]

  • Van de Geestlijke Verrijsenisse (ca. 1536; "A resurrección espiritual")
  • De nieuwe Creatuere (ca. 1537; "O novo nacemento")
  • Christelycke leringhen op den 25. Psalm (ca. 1538; "Meditación sobre o salmo 25")
  • Why I Do Not Cease Teaching and Writing (1539; "Por que non paro de ensinar e escribir")
  • Dat Fundament des Christelycken leers (1539–40; "Fundación da doutrina cristiá")[6]
  1. Hendrik Twerda, Fan Fryslâns Forline, Bolsward, 1968 (Utjowerij A.J. Osinga), p. 128.
  2. Menno's life. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009.
  3. 3,0 3,1 Menno Simons (1496-1561). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 20 de abril 2009.
  4. 4,0 4,1 Herbermann, Charles, ed. (1913). "Mennonites". Catholic Encyclopedia (en inglés) (New York: Robert Appleton Company). Consultado o 31 de decembro de 2019. 
  5. Geertruydt (16th century). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 26 de outubro de 2012.
  6. Menno's Foundation-Book. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Menno Simons
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?