For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Mendinho.

Mendinho

Infotaula de personaMendinho

Na illa de San Simón, cantada polo poeta Mendinho, encóntrase unha estatua dedicada aos tres poetas da ría de Vigo: Martín Codax, Mendinho e Johan de Cangas.
Biografía
Nacementoséculo XIII
probablemente no sur de Galicia
Morteséculo XIV
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador , poeta , compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocantiga de amigo
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX860258 BUSC: mendinho

Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa orixe non está clara, o trobador podería proceder probablemente do sur de Galicia, de localidades coma Redondela ou Vigo. Se atendemos ás referencias xeográficas do seu único poema conservado, procedería da ría de Vigo, pois menciona a Illa de San Simón, en Redondela, aínda que os autores non manteñen unha única postura. A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego-portuguesa. A súa composición aparece incluída no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B 852) de Lisboa —ou Cancioneiro Colocci-Brancuti— e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V 438).

Só se conserva unha única cantiga del, a cal comeza polo verso "Sediam'eu na ermida de San Simón". Nela, unha moza espera axexante o seu mozo ou amigo, ata acabar morrendo de amor. A cantiga está reproducida a continuación:[1]

 

Cancioneiro da Biblioteca Nacional: B 852 e Cancioneiro da Vaticana: V 438.

Monumento adicado aos poetas, cantores e trobadores da Ría de Vigo, Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, A fada e o dragón de Xaime Quessada, no Paseo de Afonso XII de Vigo.
Sedia-m'eu na ermida de San Simion
e cercaron-mi as ondas, que grandes son:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son,
non ei (i) barqueiro, nen remador:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar,
non ei (i) barqueiro, nen sei remar:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen remador,
morrerei fremosa no mar maior:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
Non ei (i) barqueiro, nen sei remar,
morrerei fremosa no alto mar.
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!
  1. Sediam'eu na ermida de San Simion, Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Mendinho
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?