For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Mazapán.

Mazapán

Figuras de mazapán.
Froitas de mazapán.

O mazapán é un doce preparado a base de azucre e améndoa moi moída, que se fai moitas veces en forma de figuriñas, típico de diferentes zonas de Europa e Asia occidental[1].

Este doce é típico de España, e malia non ser tradicional en Galiza, nas últimas décadas converteuse nunha sobremesa tradicional do Nadal. A primeira referencia deste doce é en Toledo no ano 1577, cando se consumía todo o ano.[2] Hai moitas lendas arredor da súa orixe (incluíndo unha suposta orixe persiana), mais o máis probábel é que os mazapáns sexan de procedencia árabe. Así, o mazapán tería sido introducido en Europa ben dende o sur, coa invasión musulmá da Península Ibérica no século VIII, ou ben dende o leste, a través de peregrinos e cruzados.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo galego entrou a partir do castelán mazapán. En portugués recibe os nomes de marzipã, marzipan ou maçapão, en inglés: marzipan, en francés: massepain.

A orixe do termo é discutida. Algunhas fontes sinalan que o nome do doce procede da Península Ibérica,[3] do latín martius panis (pan de marzo). Posibelmente o termo chegou ao castelán do árabe hispánico pičmáṭ, e este do grego παξαμάδιον (pasamadión), biscoitiño, influído por masa e pan , ou metátese de pasamadión en masapadión, para explicar l etimoloxía de mazapán[4].

Xeito de elaboración

[editar | editar a fonte]

Cóllese a mesma cantidade de améndoa crúa pelada e azucre. Mestúranse e esmáganse até conseguir unha pasta de textura uniforme, sen bolborotos. A seguir déixase repousar e posteriormente dáselle forma. Pínta con clara de ovo, e enfórnase a 180 °C durante uns minutos.

Hai diferentes tipos de mazapáns en gran parte de Europa, coma Alemaña, Francia, ou Italia. En España os máis sonados son os de Soto, na Rioxa, e o de Toledo. En Alemaña os de Lübeck e Königsberg[5].

Existen ademais diversas variedades de doces que levan a masa de mazapán coma base, coma os Huesos de santo (típico en Castela por Defuntos), un cano de mazapán recheo de confeitura de xema ou o Pan de Cádiz, unha masa de mazapán rechea de confeitura de xema de ovo e pataca doce confeitada, e despois enfornada sobre unha oblea.

Os panellets tradicionais elaborados en Cataluña son uns boliños de mazapán núcleo de mazapán bañados en ovo con améndoa picada ou piñóns por fóra.

  1. Definición en Portal das Palabras - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=mazap%C3%A1n&sinom=0&homonimo= Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  2. Ávila Granados, Jesús (2003). El libro de la repostería tradicional. Ediciones Robinbook. pp. 84 – 85. ISBN 9788496054042. 
  3. Manuel Martínez Llopis, (1989), «Historia de la gastronomía española», Alianza editorial, ISBN 84-206-0378-3
  4. Entrada de mazapán no Dicionario da Real Academia Española
  5. Bogle, Joanna (1992). Book of Feasts & Seasons. Gracewing Publishing. ISBN 9780852442173. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Mazapán
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?