Madison Beer
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Madison Elle Beer 5 de marzo de 1999 (25 anos) Jericho (Nova Iorque) (Estados Unidos de América) |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Asquenací |
Educación | Jericho High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositora de cancións , realizadora , bailarina , actriz , cantante , modelo |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Música pop, R&B contemporáneo, música dance electrónica e música hip hop |
Lingua | Lingua inglesa e inglés estadounidense |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Island Records First Access Entertainment (en) Epic Records |
Páxina web | madisonbeer.com |
Madison Elle Beer, nada en Jericho (Long Island, Nova York)[1][2] o 5 de marzo de 1999, é unha cantante, produtora e escritora estadounidense. Deuse a coñecer aos 12 anos[3] grazas ó cantante Justin Bieber, o cal compartiu na súa conta de Twitter un enlace a unha versión feita por ela en YouTube.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Madison Beer naceu o 5 de marzo do 1999 en Jericho. É filla de Robert Beer, un construtor de casas de luxo, e Tracie Beer, unha deseñadora de interiores; e ten un irmán máis novo chamado Ryder. Seus pais divorciáronse e na actualidade seu pai volveu casar. Madison estudou no instituto de Jericho ata que no 2012 decidiu continuar os seus estudos dende a casa.
Logo de ser descuberta por Justin Bieber no 2012, firmou coa discográfica Island Records e empezou a gravar e a lanzar sinxelos nos anos seguintes. No mes de febreiro do 2018 lanzou a súa maqueta de debut As She Pleases. O ano seguinte, firmou coa discográfica Epic Records e agora no 2020 planea lanzar o seu disco debut chamado Life Support.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Madison Beer é xudía de ascendencia asquenací. Celebrou o seu bat mitzvah o 20 de abril do 2012 baixo a temática de "Madison’s Square Garden"[4].
Vive nos Ánxeles dende que tiña 14 anos, cando se mudou alí con súa nai e seu irmán máis novo, Ryder. Cando cumpriu os 18 quedou a vivir nos Ánxeles, mentres que súa nai e seu irmán volveron a Nova York e dende aquela vive soa no seu propio apartamento na cidade.[3]
Dentro das súas relacións amorosas, estivo saíndo con Jack Gilinski, cantante e membro do dúo musical Jack & Jack, dende o 2015 ao 2017; Brooklyn Beckham, modelo e fotógrafo británico, no verán do 2017; e Zack Bia dende finais dese mesmo ano ata o 2019. Na actualidade está solteira.[5]
Madison declarouse abertamente bisexual en diferentes directos da súa páxina de Instagram.[6]
Carreira artística
[editar | editar a fonte]Inicios musicais
[editar | editar a fonte]A inicios do ano 2012, Madison comezou a publicar vídeos na plataforma YouTube interpretando cancións de éxito (Bruno Mars, etc)[7]. Gañou popularidade cando Justin Bieber chiou tres enlaces[8] ás súas covers, sendo a primeira unha versión que fixo ela da canción de Etta James, At Last[9]. Bieber púxose en contacto con ela e así firmou coa discográfica coa que traballaba o cantante, Island Records.
Colaborou con Monster High, para quen gravou o tema «We Are Monster High». No febreiro do 2013, o cantante australiano Cody Simpson regravou a súa canción «Valentine» con ela, canción que foi reproducida por Radio Disney[10] pero que nunca se fixo oficial. O 12 de setembro do 2013, gravou o seu primeiro sinxelo e vídeo musical, «Melodies» (Melodías), escrita por Peter Kelleher, Ben Kohn, Thomas Barnes, Ina Wroldsen e Justin Bieber (o cal aparece ao inicio do vídeo)[11][12].
O seu segundo sinxelo foi «Unbreakable»[13], publicado ao mesmo tempo que o vídeo musical o 14 de xuño do 2014. Foi escrito por Jessica Ashley, Evan Bogart, Heather Jeanette Miley, Matt Schwartz, Emanuel Kiriakou e Andrew Goldstein e foi producido polos dous últimos[14]. O 16 de febreiro do 2015, Madison anunciou a súa colaboración cos DJs Mako na canción «I Won't Let You Walk Away»[15]. A canción gravouse xunto co vídeo musical o día 24 dese mesmo mes e inmediatamente estivo dispoñible nas plataformas dixitais para a súa descarga[16]. A canción alcanzou o número 43 en Hot Dance/Electronic Songs, o número 33 en Dance/Electronic Digital Songs e o número 19 en Dance/Mix Show Airplay nos Estados Unidos. O 16 de setembro de 2015, publicouse o sinxelo «All for love» (Todo por amor), unha colaboración co dúo estadounidense Jack & Jack, a cal foi composta por Chloe Angelides, Matt Beckley, Jeff Halavacs, Jack Johnson e Gamal Lewis.
2017-2018: As She Pleases
[editar | editar a fonte]Gravou a súa primeira maqueta, titulada As She Pleases, durante un período de tres anos. Estreouse o 2 de febreiro de 2018, e embarcouse na xira As She Pleases Tour para a súa promoción[17]. «Dead» (Morto) publicouse como o primeiro sinxelo da maqueta o 19 de maio do 2017[18]. O vídeo musical lanzouse máis tarde o 3 de agosto de 2017[19]. Para a promoción do sinxelo, lanzáronse remixes con Cedric Gervais e Laibert, como unha versión acústica da canción[20][21][22][23]. Posteriormente, lanzou «Say It to My Face» (Dimo á cara) como o segundo sinxelo o 3 de novembro do 2017[24]. O vídeo musical estreouse o 15 de novembro do 2017[25]. Publicáronse remixes da canción con The Wideboys o 15 de setembro do 2017[26].
O 10 de marzo do 2018, «Home with You» lanzouse como o terceiro e último sinxelo da maqueta. No agosto do 2018, a canción alcanzou o seu punto máximo no número 22 da lista de Billboard Mainstream Top 40[27]. Fixo o seu debut oficial no festival Lollapalooza o 2 de agosto de 2018 en Chicago[28]. A súa maqueta alcanzou o seu punto máximo no número 93 da lista de Billboard 200[29], e a posición 62 no Canadá.[30] O 9 de novembro de 2018, lanzou «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) co rapeiro estadounidense Offset, membro do grupo Migos[31]. Ela mesma describiu esta canción como representativa dun punto de vista diferente da ruptura amorosa, dende o cal non se envía unha mensaxe de tristeza e arrepentimento á outra persoa mais unha mensaxe vengativa: "...ti fastidiáchela e espero que doa".[32]
Por outro lado, apareceu en «Blame It On Love» unha canción do sétimo álbum de estudio «7» do DJ francés David Guetta; na canción e vídeo musical de «Pop/Stars» interpretada por Madison, Jaira Burns baixo o grupo virtual de K-pop chamado K / DA lanzada polo desenvolvedor de videoxogos Riot Games o 3 de novembro de 2018. Esta canción foi empregada como tema principal do xogo en liña League of Legends cara ao final do ano 2018[33].
2019-presente: Life Support
[editar | editar a fonte]Despois do lanzamento da súa maqueta debut, empezou a traballar nun proxecto de álbum no agosto do 2018. O 9 de novembro do 2018, lanzou a canción «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) como sinxelo principal do seu futuro álbum de estudio[34]. Despois do lanzamento, desvelou que o álbum publicariase nalgún momento do 2019. O tema foi eliminado da lista de cancións do álbum e foi substituído pola canción «Dear Society» (Querida sociedade) como sinxelo principal do álbum[35][36]. No agosto do 2019, filtrouse que o título do álbum sería Life Support. Pouco despois diso, anunciou que firmara coa discografía Epic Records e que planeaba lanzar nova música axiña[37][38]. O 12 de febreiro de 2020, revelou a portada do álbum[39].
Logo de descartar os dous sinxelos anteriores, o 31 de xaneiro de 2020, estreou como sinxelo principal do seu primeiro álbum de estudio «Good In Goodbye»[40][41], seguido do seu segundo sinxelo «Selfish»[42]. O 3 de abril, lanzou o seu primeiro sinxelo promocional do álbum: «Stained Glass»[43].
Discografía
[editar | editar a fonte]- As She Pleases (maqueta, 2018)
- Life Support (álbum, 2020)
Xiras
[editar | editar a fonte]- As she pleases Tour (2018)
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Nota |
---|---|---|---|
2013 | Louder Than Words | Amy | Película [44] |
2020 | RuPaul's Secret Celebrity Drag Race | Ela mesma | Episodio 4[45] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kolokathis, Tina (6 agosto 2019). "Madison Beer Is Taking Back Her Voice — This Time On Her Own Terms". Elite Daily (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Rubin, Hannah (2 agosto 2012). "Justin Bieber Makes Jewish Teen a Star". Forward (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020.
- ↑ "Madison Beer Wiki - Bat Mitzvah". Madison Beer Fandom (en inglés). Consultado o 21/06/2020.
- ↑ "Who is Madison Beer dating?". Pop Buzz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 21/06/2020.
- ↑ "Madison Beer Comes Out On YouTube - Reveals She's Been In Love With A Girl". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020.
- ↑ Beer, Madison. "Madison Beer - Bruno Mars Mashup". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020.
- ↑ "«Justin Bieber on Twitter»". Twitter (en inglés). 17 xullo 2012. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Cody Simpson Re-Releases “Valentine” Featuring Madison Beer". Disney Dreaming (en inglés). 9 febreiro 2013. Archived from the original on 30/07/2014. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Bubbling Under: Justin Bieber Guests With Madison Beer; American Young Debuts". Billboard (en inglés). 20 setembro 2013. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Beer, Madison (2013). "Madison Beer - Melodies (Official Video)". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Longeretta, Emily (17 xuño 2014). "Madison Beer Debuts ‘Unbreakable,’ TalksJustin Bieber & Cody SimpsonStudio Time". Hollywood Life (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04/07/2019. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer - Unbreakable". All Music (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Wass, Mike (16 febreiro 2015). "Madison Beer Unveils The Cover Of Mako Collaboration “I Won’t Let You Walk Away”: Idolator Premiere". Idolator (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Dunlap, Kelley (24 febreiro 2015). "Premiere: Mako And Madison Beer Rewind Time In The "I Wont Let You Walk Away" Lyric Video". Buzzfeed (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Hoffman, Bella (7 maio 2018). "Madison Beer’s ‘As She Pleases Tour’ is a Reflection of Her Hardwork". The Skier Scribbler (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "madison beer's 'dead' music video is finally here". MTV (en inglés). 3 agosto 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Wiest, Brianna (3 agosto 2017). "Madison Beer's "Dead" Video Fuels Fan Speculation That the Song Is About Jack Gilinsky". Teen Vogue (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Downs, Chad (13 agosto 2017). "Madison Beer vs Cedric Gervais – Dead (Cedric Gervais Remix)". Dancing Astronaut (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Dead (Madison Beer vs. Cedric Gervais) [Cedric Gervais Remix] - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Dead (Laibert Remix) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Dead (Acoustic) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Steamy! Madison Beer swaps her satin camisole for a sexy bra as she turns up the heat in her risque music video Say It To My Face". Daily Mail Uk (en inglés). 15 novembro 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Avoledo, Pam (1 xuño 2018). "Video Review: Madison Beer "Say It To My Face"". I Want My Pop Culture (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Say It to My Face (The Wideboys Remix) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Directo, Denny (9 agosto 2018). "How Madison Beer Took Her Music Career Into Her Own Hands (Exclusive)". ET news (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Smith, Morgan (29 xullo 2018). "As her Lolla debut arrives, Madison Beer makes it clear she is not just a pretty face". Chicago Tribune (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Engelman, Nicole (9 novembro 2018). "Madison Beer Gets Her Revenge On 'Hurts Like Hell' Featuring Offset: Listen". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer on The Meaning Behind Her Songs “Hurts Like Hell” & “Dead” | Ridiculousness". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Benjamin, Jeff (13 novembro 2018). "'League of Legends' Girl Group Earns Madison Beer, (G)I-DLE & Jaira Burns No. 1 on World Digital Song Sales Chart". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Sperduto, Kaitlyn (12 novembro 2018). "Madison Beer Drops Vengeful New Single “Hurts Like Hell” with Offset". Soundigest (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Rindner, Grant (19 maio 2019). "Madison Beer’s “Dear Society” Offers Pointed Criticism Of Social Media". Genius (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Nied, Mike (17 maio 2019). "Madison Beer Kickstarts Her Debut Album With “Dear Society”". Idolator (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "16 AUG MADISON BEER SIGNS TO EPIC RECORDS". First access - Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Beer, Madison (10 agosto 2019). "Madison Beer Post". Instagram (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Madison Beer prepara el álbum "Life Support"". Eitmedia (en castelán). 15 abril 2020. Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Jackson, Jhoni (14 novembro 2018). "All Eyes on Madison Beer". Paper (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Kennedy, Naomi. "Madison Beer Rocks Minuscule Daisy Dukes And Tight Corset In New Photos". Inquisitr (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Cantor, Brian (febreiro 2020). "Madison Beer Releases Outstanding New Song “Selfish,” Song Quickly Surpasses 1 Million Spotify Streams". Headline Planet (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Spanos, Brittany. "Madison Beer Is Afraid of Breaking on ‘Stained Glass’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ "Louder Than Words - Full Cast & Crew". IMDb (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
- ↑ Quinn, Dave (18 maio 2020). "RuPaul's Secret Celebrity Drag Race: See Every Star's Unrecognizable Drag Queen Transformation". People (en inglés). Consultado o 22/06/2020.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madison Beer |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.