For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Licaón.

Licaón

Licaón

L. p. pictus
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Subfamilia: Caninae
Tribo: Canini
Xénero: Lycaon
Especie: L. pictus
Nome binomial
'Lycaon pictus'
Temminck, 1820
Distribución de L. pictus
Distribución de L. pictus

Distribución de L. pictus

O licaón[2] (Lycaon pictus), é un animal mamífero pertencente á familia dos cánidos, que habita na sabana africana. É un can salvaxe de mediano tamaño, depredador e cazador en mandas, cuxa ferocidade é característica da especie. No caso de se atoparen en perigo, todos os membros da comunidade bótanse agresivamente contra o intruso.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Licaón alimentándose

Pertence a un xénero monoespecífico, Lycaon. Son endémicos do continente africano, máis típicos en ambientes sabanoides. O nome científico ou latino significa lobo pintado, facendo referencia á súa pelaxe tricolor de manchas negras, brancas e óxido distribuídas irregularmente, quitando a parte dianteira da cara e da gorxa, que sempre adoitan ser negras. Resulta característico da especie que non haxa dous individuos co mesmo patrón de manchas. Pode chegar a medir até 75 centímetros de altura na cruz e acadar os 30 quilos de peso. Os machos son máis corpulentos que as femias. Ten grandes orellas redondeadas. Posúe fortes mandíbulas.

Alimentación e hábitos

[editar | editar a fonte]

Os licaóns cazan en grupo e a través do traballo conxunto combinado cunha grande resistencia física, conseguen abater animais de dimensións moito maiores cas súas. As súas presas favoritas son antílopes de medio porte, coma os impalas, gacelas, e grandes herbívoros vellos, xoves ou feridos, como ñus e cebras. Os licaóns só se alimentan das presas que eles mesmos matan e endexamais se alimentan de prea por moi frescas que estiveren. Son aínda exclusivamente carnívoros, e mesmo en épocas de escaseza non se alimentan de insectos. Após unha cacería, o grupo cazador regresa á base da manda e regurxita as porcións de comida para alimentar os xuvenís e os elementos adultos que quedaran para cuidar das crías.

Os licaóns non son territoriais e comparten o espazo con outras mandas veciñas. Cada grupo necesita dunha área entre 200 e 2000 km² para vivir e cazar.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A reprodución nas mandas de licaóns está limitada ao par dominante, mais en anos bos ou en mandas grandes, unha ou dúas femias subordinadas poden tamén procrear. Os restantes membros do grupo comparten a responsabilidade da educación dos xuvenís. O par alfa é monogámico e permanece unido para sempre.

A época de reprodución iníciase en xaneiro e prolóngase até maio. O período de xestación é de media de 10 semanas, e os xuvenís nacen entre marzo e xullo. Cada nai pode ter entre 2 a 20 crías. As tocas son en xeral reaproveitadas doutros animais, como o aardwark. Os xuvenís permanecen na toca, amamantados pola nai durante 3 ou 4 semanas. Ao final deste período comezan a ser alimentados polos restantes adultos, con comida regurxitada. Cerca dun mes e medio despois, son xa independentes dentro da manda.

A madurez sexual é alcanzada cando acadan o ano e medio de vida, pero xeralmente a primeira niñada se produza bastante despois. As femias abandonan o grupo orixinal con preto de dous anos e medio. A esperanza de vida media é de cerca de 10 anos.

O licaón atópase catalogado dentro das Lista vermella da UICN coma "En perigo". As principais ameazas ás que fai fronte son a persecución directa polo ser humano, a transformación e fragmentación dos seus territorios e a propagación de enfermidades infecciosas coma a rabia, moitas veces transmitidas por cans domésticos ou asilvestrados. Ademais, o seu tamaño relativamente pequeno fainos vulnerábeis á depredación por leóns, hienas, crocodilos e leopardos, especialmente no caso de mandas reducidas. Estímase que no ano 2007 quedan menos de seis mil individuos repartidos por unha serie de enclaves ao longo e largo da África subsahariana, ocupando unha reducida porción da súa área histórica de distribución.

Subespecies

[editar | editar a fonte]
  • Lycaon pictus pictus
  • Lycaon pictus lupinus
  • Lycaon pictus somalicus
  • Lycaon pictus saharicus
  • Lycaon pictus manguensis
  1. McNutt; et al. (2008). "Lycaon pictus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 6 de maio de 2008.  Database entry includes justification for why this species is endangered
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para licaón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Licaón
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?