La Monumental
La Monumental | |
---|---|
La Monumental en 2005 | |
Coordenadas | 41°24′00″N 2°10′52″L / 41.4, 2.18111Coordenadas: 41°24′00″N 2°10′52″L / 41.4, 2.18111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Monumental é unha praza de touros da cidade de Barcelona, situada no barrio do Fort Pienc. Inaugurada en 1914 co nome de El Sport, foi rebautizada en 1916 co seu nome actual. A última corrida de touros que se celebrou foi o 25 de setembro de 2011, que foi tamén a última en Cataluña, logo da abolición dos espectáculos taurinos por parte do Parlament o 28 de xullo de 2010.
O edificio de 1914, obra de Joaquim Raspall, tiña unha fachada de estilo noucentista e posteriormente encargouse a Ignasi Mas i Morell, en colaboración con Domènec Sugranyes, engadir unha coroa exterior acabada en 1916, que é a fachada que actualmente existe, de estilo mudéxar e bizantino.
A praza ten capacidade para 19.582 espectadores. Foi a última praza de touros de Barcelona onde se celebraron corridas, logo da desaparición das prazas de El Torín e Les Arenes. Actualmente, a Monumental é escenario de actos musicais e espectáculos de circo.
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.