For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Kurunta.

Kurunta

Kurunta (Ulmi-Tesup) foi fillo de Muwatallis II, rei hitita, e el mesmo foi o primeiro rei hitita de Tarhuntasa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De mozo, Ulmi-Tesup foi criado por Hattusilis (III), ao que despois foi leal durante a guerra civil contra Mursilis III (que era curmán de Ulmi-Tesup) e combateu á súa beira.

Ao cabo da guerra, en Lukka houbo desordes, e a rexión púxose baixo dirección dun home chamado Tawagalawa, irmán do rei de Ahhiyawa; Tawagalawa comezou a atacar territorio hitita, de xeito que Hattusilis III perdeu pronto o control da situación ao suroeste, e a xente de Lukka chegou ao río Hulaya, distrito fronteirizo con capital en Hawaliya e aos distritos veciños de Natas, Parha (despois Perge en Panfilia), Harhasuwanta e outros, de xeito que toda a costa ata Kizzuwatna quedou fóra do control do rei hitita. Os distritos fronteirizos de Wasuwatta e Harputtawana caeron en mans de rebeldes axudados por Lukka.

Piyama-radu de Lazba que estaba en Millawanda, aproveitou para invadir territorio hitita desde Millawanda e conquistou a terra do río Hulaya chegando á Terra Baixa Hitita ata Nahita e proclamouse rei de Arzawa.

Hattusilis marchou contra Tawagalawa e demais rebeldes, e expulsounos da Terra Baixa e o río Hulaya, pero sen chegar á costa occidental nin probabelmente a Panfilia. Entón nomeou o seu sobriño Ulmi-Tesup rei dun gran reino do suroeste, con capital en Tarhuntasa, que gobernou baixo o nome de "Kurunta", que era o nome dunha deidade tutelar hitita. O reino limitaba ao norte e oeste con Pitassa, Ussa e terras hititas, e para o sur e suroeste eran terras a dominar "en dirección á cidade de Saranduwa na terra do río Hulaya". Nos seguintes anos Kurunta dominó ata a costa ao sur, e ao oeste ata o río Kastaraya (Kestros) e a cidade de Parha (Perge) na chaira panfilia.

Kurunta de Tarhuntasa entrevistouse co rei de Ahhiyawa a Millawanda e acordouse a retirada dos aqueos de Lukka, que retornou a control hitita e os xefes locais apresuráronse a proclamaren a súa lealdade ao rei de Tarhuntasa e ao gran rei hitita. Entre os que se someteron estaba Piyama-radu, que estaba na cidade de Sallapa cando escribiu a Hattusilis, que fora a Lukka a afianzar a súa autoridade, e sometéuselle.

Unha taboíña de bronce atopada en Hattusa contén un tratado entre Kurunta e Tudhaliyas IV, onde era confirmado no trono de Tarhuntasa. Nesta época aínda non dominada Parha (Perge).

Máis tarde aparece co título de gran rei, Labarnas, Heroe, e Sol meu e como foi atopado algún selo en Hattusa, pénsase que puido usurpar o trono algún tempo con Tudhaliyas IV ben na metade do seu reinado ben ao final. Tudhaliyas recuperaría o trono (e reinaría uns anos máis), ou se cadra sería o seu fillo Arnuwandas III o que finalmente expulsaría a Kurunta. Non hai un acordo xeral. Outros expertos consideran que Tarhuntasa se fixo independente e estivo así por un tempo e, xa que logo, usou os títulos, e como base desta tese presentan unha inscrición en Hattusa que menciona un ataque de Suppiluliumas II, fillo de Tudhaliyas IV, a Tarhuntasa.

Dos restos atopados é posíbel que derrocase a Tudhaliyas IV e acadase o poder. As reformas relixiosas de Tudhaliyas IV paráronse e a arqueoloxía comproba que os templos construídos en Hattusa durante o reinado de Thudaliyas quedaron parados e a terra destinouse a utilidades civís. A cidade alta de Hattusa tamén presenta sinais de destrución xusto ao final do reinado de Tudhaliyas, e Kurunta encabezaría aos opositores ás reformas relixiosas. Se con isto hai un acordo bastante xeral, a diferenza é notábel entre aqueles que din que Tudhaliyas acabou por recuperar o trono e os que din que non.

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Kurunta
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?