For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Krai de Krasnoiarsk.

Krai de Krasnoiarsk

Modelo:Xeografía políticaKrai de Krasnoiarsk
Красноярский край (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°53′N 91°40′L / 59.88, 91.67Coordenadas: 59°53′N 91°40′L / 59.88, 91.67
EstadoRusia Editar o valor em Wikidata
CapitalKrasnoiarsk Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.855.899 (2021) Editar o valor em Wikidata (1,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.339.700 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación7 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governor of the Krasnoyarsk Krai (en) Traducir Editar o valor em WikidataMikhail Kotjukov (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-KYA Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO04000000 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO04 Editar o valor em Wikidata

Páxina webkrskstate.ru Editar o valor em Wikidata

O krai de Krasnoiarsk, ás veces escrito krai de Krasnoyarsk, en ruso Красноярский край, é un dos nove krais de Rusia.

A súa capital é a cidade homónima de Krasnoiarsk.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación, límites, extensión e poboación

[editar | editar a fonte]

Está situado no Distrito Federal de Siberia, alcanzando 3 000 km de norte a sur, cerca da fronteira con China, desde as montañas de Saian no sur, ao longo do río Ienisei, até a península de Taimir no norte. Inclúe o arquipélago ártico da Terra do Norte ou Sévernaia Zemliá (en ruso, Се́верная Земля́),[1] con cerca de 37 000 km², e pertence á Rexión económica da Siberia oriental.[2][3]

Limita ao norte cos mares de Kara e Laptev (océano Ártico), ao leste coa república de Sakha, ao sueste co óblast de Irkutsk, ao sur coa república de Tuva, ao suroeste coa de Khakassia e o óblast de Kémerovo, e ao oeste co óblast de Tomsk, o okrug autónomo de Khanti-Mansi e co distrito autónomo de Iamalia-Nenetsia.

Cunha superficie de 2 339 700 km², é a segunda entidade máis extensa do país —tras a república de Sakha— e con 1,3 hab/km², a sétima menos densamente poboada, por detrás do antigo óblast de Kamchatka, Iamalia-Nenetsia, o óblast de Magadán, Saka, Nenetsia e Chukotka, que é a menos densamente poboada. Constitúe aproximadamente o 13 % da superficie total da Federación Rusa, e contaba en 2010 cunha poboación de 2 828 187 habitantes, un pouco menos do 2 % da súa poboación.[4]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]
Conca do Ienisei.
O río Ienisei ao seu paso por Krasnoiarsk.

Un gran número de ríos flúen a través do krai e algúns desembocan nel.

Os principais ríos son o Ienisei e os seus afluentes (de sur a norte): o Angara, o Tunguska Pedregoso e o Tunguska Inferior; os tres pola súa marxe dereita.

O Ienisei discorre polo centro do krai en dirección sur-norte. A maior parte do río é navegábel, salvo entre novembro e maio que permanece xeado.

O seu curso superior é turbulento, o que se aproveitou para a construción de centrais hidroeléctricas, destacando os encoros de Saián e Krasnoiarsk.
As cidades máis importantes polas que pasa o río son Kizil, Shagonar, Saianogorsk, Abakán, Divnogorsk, Krasnoiarsk, Ieniseisk, Lesosibirsk, Igarka e Dudinka.

No krai tamén ha varios miles de lagos. Os maiores son o Beloie, o Belio, o Glubokoie, o Itat, o Khantaiskoie, o Labas, o Lama, o Piasina, o Taimir e o Iessei.

Tanto os ríos como os lagos son ricos en peixes.

O clima é fundamentalmente continental, con grandes variacións de temperatura durante o ano. Nas rexións do centro e do sur do krai, onde vive a maior parte da poboación, son característicos os invernos longos e os veráns curtos e calorosos. O territorio do krai experimenta as condicións de tres cintos climáticos: ártico, subártico e moderado. No norte danse menos de 40 días ao ano cunha temperatura superior aos 10 °C, mentres que no sur estes son de 110 a 120 días.

A temperatura media en xaneiro é de −36 °C no norte e de −18 °C no sur. A temperatura media en xullo é de +10 °C no norte e de +20 °C no sur. As precipitacióna anuaia son de 316 mm (até 1 200 mm nos outeiros das montañas de Saian). A neve cobre as rexións centrais do krai desde principios de novembro até finais de marzo. Os cumes das montañas de Sayan, que superan os 2 400–2 600 m, e os da meseta de Putorana, superiores aos 1 000-1 300 m, están cubertos de neve permanente. O permafrost está moi estendido, especialmente no norte.

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de Rusia de 2002, a composición étnica do krai é de:

Cómpre indicr que un 0,56 % dos residentes non indicaron a súa nacionalidade na enquisa do censo.[5]

Edificio da Administración Rexional en Krasnoiarsk; enfronte, unha estatua de Lenin.

Segundo os arqueólogos, as primeiras poboacións humanas chegaron a Siberia ao redor do ano 40 000 a.C.[6] Os túmulos e monumentos descubertos da cultura escita no krai de Krasnoiarsk pertencen o século VII a.C. e son dos máis antigos de Eurasia. A tumba dun príncipe, Kurgan Arshan, descuberta en 2001, tamén se encontra no krai.

O asentamento ruso na zona (na súa maioría efectuado por cosacos) comezou no século XVII. Despois da construción do Ferrocarril Transiberiano, a colonización rusa da zona aumentou considerabemente.

Tanto durante o período tsarista como no bolxevique o territorio do actual krai de Krasnoiarsk foi utilizado como lugar de exilio de inimigos políticos. Os primeiros líderes do estado soviético, Vladimir Lenin e Iosif Stalin foron exiliados ao que hoxe é o krai en 18971900 e 1903, respectivamente. Na era de Stalin, numerosos campamentos gulag establecéronse na rexión.

En 1822 creouse o gobernorato de Ieniseisk, que cubría un territorio moi similar ao do krai actual, con Krasnoiarsk como centro administrativo.

O 30 de xuño de 1908, na conca do río Podkamennaya Tunguska, produciuse unha grande explosión, que probabelmente foi causada pola explosión no aire dun meteorito grande ou dun cometa fragmentado a unha altitude de 5 a 10 km sobre a superficie da Terra. A forza da explosión estímase en ao redor de 10 a 15 megatóns. Achantou máis de 2 000 km² de piñeirais e matou a milleiros de renos.

O krai de Krasnoiarsk creouse en 1934 despois da desagregación do krai de Siberia occidental e o krai de Siberia oriental. En 1991, Khakassia separouse do krai converténdose nunha república dentro da Federación Rusa.

O 1 de xaneiro de 2007, tras un referendo celebrado o 17 de abril de 2005, os territorios dos okrug autónomos de Evenk e de Taimir fusionáronse no krai.

Economía

[editar | editar a fonte]

Máis do 95 % das cidades, a maioría das industrias e toda a actividade agrícola concéntrase na parte sur do krai. É unha das partes máis ricas de Rusia en recursos naturais. O 80 % do níquel, o 75 % do cobalto, o 70 % do cobre, o 16 % do carbón e o 10 % do ouro extráense nesta rexión. Tamén se produce o 20 % da leña. As maiores industrias da rexión son: metalurxia de metais non-ferrosos, enerxética, da madeira, química e refinado de petróleo.

  1. резидент Российской Федерации. Указ №849 от 13 мая 2000 г. «О полномочном представителе Президента Российской Федерации в федеральном округе». Вступил в силу 13 мая 2000 г. Опубликован: "Собрание законодательства РФ", №20, ст. 2112, 15 мая 2000 г. (Presidente da Federación Rusa. Decreto n° 849 do 13 de maio de 2000 sobre o Representante Plenipotenciario do Presidente da Federación Rusa nun Distrito Federal. Efectivo a partir do 13 de maio de 2000).
  2. Госстандарт Российской Федерации. №ОК 024-95 27 декабря 1995 г. «Общероссийский классификатор экономических регионов. 2. Экономические районы», в ред. Изменения №5/2001 ОКЭР. (Gosstandart da Federación Rusa. nº OK 024-95 do 27 de decembro de 1995. Clasificación rusa de rexións económicas. 2. Rexións económicas, na versión modificada pola Emenda nº5/2001 OKER).
  3. O Gosstandart foi a axencia gobernamental da Unión Soviética, establecida en 1925, responsábel da estandarización, metroloxía e xestión da calidade.
  4. Censo ruso de 2010.
  5. "National Composition of Population for Regions of the Russian Federation". 2002. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  6. "Arctic Social Sciences - Arctic Studies Center". Mnh.si.edu. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 3 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Krai de Krasnoiarsk
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?