For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Kiko da Silva.

Kiko da Silva

Infotaula de personaKiko da Silva

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPontevedra Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Educacióncampus de Pontevedra
Facultade de Belas Artes de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , artista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata

Páxina webkikodasilva.blogspot.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: dasilvakiko Twitter: dasilvakiko Instagram: kikodasilva BNE: XX1452545 Bitraga: 3727 Editar o valor en Wikidata

Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Presentación d´A Arte de trobar en Pontevedra, na Casa das Campás, o 20 de decembro de 2017. Na imaxe, Xaime Toxo, Manuel Bragado, Santiago Lopo e Kiko da Silva

Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.

En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.

Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda, ademais de publicar algunhas historietas. A publicación naceu promovida polo propio Da Silva e Cano Paz, e contou con apoio institucional do concello de Pontevedra a partir do segundo número. En 2007 a publicación profesionalizouse coa colaboración da Editorial Kalandraka, sendo relanzada cun novo número un e distribución estatal cunha dobre edición en galego e castelán.

Participa na revista de historietas infantís Mister K con dúas series fixas: "Clases con guasa" (peripecias de Guasa, un estudante lacazán e non moi intelixente) e "TurisTeo" (relacionada co mundo das viaxes e con Teo como "presentador" da serie). Tamén debuxaba con frecuencia historietas da sección de actualidade ou tema de portada. Logo de colaborar nesta publicación, pasou a publicar de xeito esporádico en El Jueves, co personaxe Emilio Eurista.

Dirixe a revista cómica Retranca e colabora habitualmente con La Voz de Galicia nas edicións locais de Pontevedra e Vigo, amais de ilustrar os monólogos de Róber Bodegas. No 2012 fundou a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético, na que traballa como mestre.[2]

Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra.[3] Repetiu candidatura nas de novembro do mesmo ano.

Ilustracións

[editar | editar a fonte]

No sector da literatura infantil, iniciouse en 1996 co libro Laia, a nena da illa (Xerais, 2006) ao que seguiu en 1998 co libro de Dolores Rial Fernández O cumpreanos do rei Pericón (Ir Indo) ou O pirata Xocas (Ir Indo). Posteriormente ilustrou varios libros para a editorial Kalandraka: A memoria das árbores (2000), Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (2000), de Chema Heras, Moncho e a mancha (2002, escrito por el mesmo) ou Rato de Campo e rato de cidade (2004), no ano 2007 publica "Que contan as ovellas para durmir" (Galaxia) e en 2019 Orestes perde o sentido (Xerais).

  • En 2007 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada".[4]
  • Tamén pintou un mural para unha biblioteca pública en Pontevedra.
  • En 2018 estaba traballando na realización da súa primeira novela gráfica, Baixo a sombra das pedras flotantes.[5]
  • Gañador do premio Castelao 2014 coa obra O inferno do debuxante, publicada en 2016.[6]
  1. "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-26. 
  2. "Kiko da Silva. Dibbuks". www.dibbuks.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26. 
  3. "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019. 
  4. "Kiko da Silva". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26. 
  5. "«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer). Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-26. 
  6. "Kiko da Silva, Premio Castelao por “O inferno do debuxante”". Sermos Galiza. 30/6/2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Kiko da Silva
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?