For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for José Gómez Osorio.

José Gómez Osorio

Infotaula de personaJosé Gómez Osorio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José Ramón Gómez Osorio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Vilar, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
cárcere de Porlier, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Madrid
17 de abril de 1938 – 1939
← Antonio Trigo Mairal (pt) TraducirLuis Alarcón de la Lastra (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas

10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsindicalista , ebanista , político , traballador ferroviario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSócrates Gómez Editar o valor en Wikidata

José Ramón Gómez Osorio, nado en Vilar (Pousada, Baleira) o 14 de xaneiro de 1882 e finado en Madrid o 24 de febreiro de 1940, foi un político e dirixente socialista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou como ebanista en Madrid. Veu a Vigo como ferroviario da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, fundou o sindicato e en 1916 presidiu o Sindicato Metalúrxico de Vigo. Foi secretario do Sindicato de Ferroviarios da UGT de Galicia. Despois da folga xeral de 1917 pasou a Portugal. En 1918 foi vivir a Cangas e en 1919 foi secretario da Alianza Mariñeira. En 1919 e 1920 foi candidato a deputado a Cortes polo PSOE. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi representante de Galicia no pleno do PSOE (1924) e foi xulgado por inxurias ao exército e condenado no sanatorio de Taboada onde coincidiu con Julián Besteiro en 1927. En 1928 regresou a Vigo.

Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi concelleiro en Salamanca. Foi preso en 1934 por protestar contra a destitución do alcalde de Vigo. Gómez Osorio pertencía á corrente besteirista do socialismo.[1] Durante a Guerra Civil Española foi gobernador civil de Madrid dende o 17 de abril de 1938[2] e último presidente da Comisión Executiva Nacional do PSOE no interior (elixida poucos días antes do final da Guerra, o 20 e 21 de marzo de 1939, coa pretensión de converterse na dirección do partido no exilio; a subseguinte represión franquista acabou con case a metade dela).[3]

Durante o golpe de Estado do coronel Casado foi apresado por tropas do PCE en El Pardo no seu intento de afogar o golpe, sendo liberado logo da capitulación comunista.[4] Ao rematar a guerra foi detido polas tropas franquistas no porto de Alacant, internado no campo de Albatera e levado posteriormente á prisión de Porlier. O 24 de febreiro de 1940 foi fusilado xunto a Ricardo Zabalza, secretario xeral da Federación de Trabajadores de la Tierra de la UGT, o avogado e concelleiro de Madrid José Serrano Batanero e un mozo anarquista.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elvira Pérez e tivo dous fillos, Bienvenido e Sócrates. Este último, promotor durante a Guerra da nova federación socialista xuvenil, non relacionada coas JSU, permaneceu encarcerado ata 1945, na mesma cadea que o seu pai[5], e posteriormente colaborou na reconstrución do PSOE na clandestinidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Graham, Helen Eve (2005). El PSOE en la guerra civil. Poder, crisis y derrota (1936-1939). Barcelona: Debate. ISBN 84-8306-609-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
José Gómez Osorio
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?