For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for James Sowerby.

James Sowerby

Infotaula de personaJames Sowerby

(1816) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1757 Editar o valor en Wikidata
Lambeth Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1822 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lambeth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGran Bretaña Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Real Inglesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Gran Bretaña (1771–1822) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo , naturalista , pintor , botánico , ilustrador botánico , zoólogo , malacólogo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSowerby Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FamiliaSowerby family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Brettingham Sowerby (pt) Traducir, James De Carle Sowerby (pt) Traducir, Charles Edward Sowerby (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5114881

James Sowerby, nado en Londres o 21 de marzo de 1757 e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 1822, foi un dos máis grandes ilustradores e gravadores ingleses. Así mesmo foi un destacado naturalista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de John e Arabella Sowerby, dunha antiga familia de Yorkshire, naceu en Londres e estudou arte na Royal Academy desta cidade. Traballou con William Curtis (1746-1799) sobre a Flora londinensis, que Sowerby ilustrou. Realizou tamén ilustracións para Charles Louis L'Héritier de Brutelle (1746-1800), e para o Botanical Magazine.

Casou en 1786 con Anne Brettingham De Carle, unión que daría tres fillos, todos eles naturalistas.

En 1790 Sowerby comezou varios proxectos de colosais dimensións. O primeiro foi a English Botany, A Catalogue of Indigenous British Plants, obra sobre botánica da Gran Bretaña na que se encarga da ilustración, gravado e edición. Esta ambiciosa obra foi publicada ao longo de 24 anos. Contén 2 592 láminas gravadas en pranchas de cobre e coloreadas a man. O texto foi asinado por James Edward Smith (1759-1828), pero coñécese polo nome de Sowerby's Botany. Posteriormente editouse completa en 36 volumes. Ao contrario doutros ilustradores botánicos da súa época, que tendían a compracer con patróns de fantasía, esta obra foi elaboraba directamente por científicos.[1]

En 1797 iniciou unha nova obra dedicada aos fungos, Coloured Figures of English Fungi or Mushrooms, que contén 440 gravados.

Entre 1802 e 1820 estivo ocupado na publicación doutra grande obra, British Mineralogy, publicada en cinco volumes aos que posteriormente se engadiría un suplemento de dous volumes.

Os gravados contidos tanto en English Botany como en British Mineralogy son auténticas obras de arte, que, ademais, resaltan pola súa minuciosidade e gran valor botánico, e que serviron de base para multitude de estudos científicos.

Imaxe dun gravado de James Sowerby.

A familia dos Sowerby

[editar | editar a fonte]

James Sowerby foi o pai dunha ampla familia dedicada á ilustración e ao gravado, e cunha profunda vocación naturalista. Os seus tres fillos James DeCarle Sowerby (1787-1871), George Brettingham Sowerby (1788-1854) e Charles Edward Sowerby (1795-1842), continuaron coa obra do seu pai publicando obras como "Mineral Conchology of Great Britain, Genera of Recent and Fossils Shells". Así mesmo, varios dos seus netos, e incluso bisnetos, seguiron a tradición familiar ampliando as publicacións existentes e mesmo editando outras novas.[2]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • 1804-1817: British mineralogy; or, Coloured figures intended to elucidate the mineralogy of Great Britain (R. Taylor and co., Londres) - Exemplar dixitalizado accesíbel en Internet Arquivo: volume 1 e volume 2.
  1. Walsh, Huber M. (2003): James Sowerby Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Missouri Botanical Garden.
  2. Stevens, Keith (1998). Naturalist, Author, Artist, Explorer and Editor. Hong Kong Branch Royal Asiatic Society. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blunt, Wilfrid & William T. Stearn (1994): The art of botanical illustration. Londres: Antique Collectors Club, Limited.
  • Eyles, Joan M. (1970-1980): "Sowerby". En Charles Coulston, Ed. Dictionary of scientific biography, Volume XII. Nova York: Charles Scribner's Sons.
  • Saunders, Gill (1995): Picturing Plants: An analytical history of botanical illustration. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press, in association with The Victoria and Albert Museum, Londres.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
James Sowerby
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?