For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Inlandsis.

Inlandsis

Inlandsis[1][2] ou folla de xeo (palabra de orixe danés[3]) é a denominación correspondente a todo gran campo glaciar do tipo chamado xeo continental localizado en latitudes elevadas e con extensións realmente continentais (máis dun millón de km²). Na actualidade os dous grandes inlandsis son a calota de xeo que recobre a maior parte da Antártida e o que recobre a maior parte de Groenlandia.[4]

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

Os inlandsis posúen unha forma cupular cunha gran curvatura, independentemente do relevo que posúa o substrato en que están asentados. O peso do xeo (nas partes máis profundas "xeo fósil") e a neve dos inlandsis (na Antártida chega a ter 2.000 m de espesor) provoca o afundimento da placa continental de codia que recobren. Por este motivo, gran parte da codia na Antártida atópase baixo o nivel do mar.

Durante as glaciacións, a extensión dos inlandsis amplíase considerablemente (na de Würm ou wurmiense, os dous grandes inlandsis -no do hemisferio sur e o do hemisferio norte- estendíanse dende os polos ata aproximadamente os 45º graos de latitude). Durante os períodos mornos ou cálidos interglaciares o retroceso dos inlandsis deixa destacadas pegadas no relevo das terras emerxidas: en primeiro lugar prodúcese por isostasia unha lenta elevación do territorio que estivo baixo o xeo, e preséntanse formacións xeofísicas características: escudos (extensas planicies e chairas debidas á forte erosión dos xeos dun inlandsis ao avanzar e retroceder). Isto apréciase especialmente no hemisferio norte onde destacan o Escudo Canadense e o Escudo Escandinavo, lagos glaciares, outeiros morénicas, vales de orixe glaciar, fiordes, firths, rías, xigantescos cantos rodados e (como ocorre na Patagonia Arxentina) picachos illados (antigos nunataks) chamados chihuidos.

Inlandsis da Antártida

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Inlandsis da Antártida.

O inlandsis antártico constituíuse primeiramente como un campos de xeo a inicios do oligoceno con períodos de avance e retroceso ata o plioceno cando os xeos cubriron o continente da Antártida ao situarse este pola deriva continental na área polar meridional. A idade do xeo estímase entre 120.000 e 500.000 anos.[5]

O inlandsis antártico cobre unha área de máis de 14 millóns de km² ampliándose a uns 30 millóns de km² durante o inverno. Coa súa extensión estival de 14 millóns de km² posúe 30 millóns de km³ de xeo, isto significa o 90% da auga doce do planeta Terra.[6] Se os xeos do inlandsis antártico se derretesen o nivel dos océanos elevaríase 61,1 m. O quecemento global xa provocou a case total desaparición das ducias de miles de quilómetros correspondentes á barreira de xeos Larsen a partir dos 1980.[Cómpre referencia]

Baixo a capa de xeo localizáronse varios lagos subglaciais, o maior dos cales é o lago Vostok. A posible existencia de vida microbiana nestes lagos está por determinar.[5]

Inlandsis de Groenlandia

[editar | editar a fonte]

Estímase que esta capa de xeo formouse a finais do Plioceno ou principios do Plistoceno, calculando unha idade media do xeo de 110.000 anos.[7]

O inlandsis groenlandés actualmente posúe unha extensión de 1,7 millóns de km², isto é, o 82% da grande illa norteamericana de Groenlandia. O xeo acada un espesor de máis de 3 km na súa parte central, localizándose lo leito de rocha nalgúns puntos a máis de 300 m baixo o nivel do mar.[7]

O volume dos seus xeos é de 2,85 millóns km³, se se fundise o inlandsis groenlandés o nivel dos océanos ascendería 7,2 m. A situación deste inlandsis é actualmente crítica a causa do quecemento global por factores antrópicos, sendo a velocidade de fusión de 239 km³/ano.[Cómpre referencia]

  1. "inlandsis*". Diccionario enciclopédico galego universal 34. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 90. ISBN 84-7680-429-6. [ing] s m XEOG Grande acumulación de xeo, cun espesor medio na parte central, superior ós 2.000 m. Actualmente hai dous grandes inlandsis: o de Groenlandia (1.660.000 km²) e o da Antártida (máis de 13.000.000 km²) 
  2. "inlandsis*". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 384. ISBN 84-7680-288-9. [escandinavo] s m XEOG Grande acumulación de xeo que, en forma de lente biconvexa, cobre unha superficie extensa, cun espesor medio na parte central, superior ós 2.000 m. Os máis grandes son o de Groenlandia (1.660.000 km²) e o da Antártida (máis de 13.000.000 km²) 
  3. Bauer, A. (1967). "About the use of the expression “Indlandsis”: Comments on Dr. Weidick’s letter". Journal of Glaciology 6 (48): 949–949. doi:10.3189/S0022143000020268. In his letter, Weidick (1967) gives a good account of the origin of the terms Indlandsisien as applied to the ice which covers the whole Greenland [...] the word "Indlandsisen" ("the Inland Ice", "1'Indlandsis") as a place name. 
  4. Strahler, Arthur N. (1992). "18". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. p. 467. ISBN 84-282-0770-4. 
  5. 5,0 5,1 Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). pp. 330–3. ISBN 978-3-8331-4379-3. 
  6. Strahler, Arthur N. (1992). "18". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 474–6. ISBN 84-282-0770-4. 
  7. 7,0 7,1 Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). pp. 306–11. ISBN 978-3-8331-4379-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Inlandsis
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?