For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Infinitivo.

Infinitivo

En gramática, o infinitivo é unha forma verbal non finita que mostra as características dun substantivo e carece dalgúns trazos típicos dun verbo (como a expresión de categorías, por exemplo: a persoa, o estado de ánimo, etc.).[1] Por convención lexicográfica, o infinitivo é en moitas linguas a forma empregada para enunciar un verbo e, polo tanto, a que aparece como entrada de dicionario ou lema.

Porén, o infinitivo non sempre ten todas estas características nunha lingua determinada. Hai linguas sen infinitivo estrito, como o grego moderno, que usan varias estratexias para colocar un verbo nunha cláusula nominal.

Terminacións

[editar | editar a fonte]

O infinitivo en galego pode terminar en -ar , -er , -ir ou -or (con esa terminación só se conserva o verbo por, sinónimo de poñer), coas correspondentes conxugacións.

Na lingua galega e portuguesa, alén do infinitivo non flexionado ou infinitivo impersoal, tamén existe o infinitivo flexionado por persoa, chamado infinitivo persoal, conxugado ou flexionado.[2] Anteriormente tamén se usaba na lingua asturleonesa e na lingua napolitana e aínda é usado na lingua húngara.[3]

Artigo principal: Infinitivo conxugado.

O nome "infinitivo" provén do adxectivo latino înfīnītīvus que significa "sen límite" e ás veces foi considerado un dos "modos" da gramática latina (entendendo "modo" non no sentido actual de modo, senón como un termo xenérico para indicar un forma gramatical). Polo tanto, înfīnītīvus era a forma abreviada de referirse a "modus înfīnītīvus". O nome responde a que o infinitivo non está limitado (e polo tanto está "sen límite") por varias categorías gramaticais de verbos en forma persoal (en latín o infinitivo non expresa modo, persoa ou número). O termo latino "īnfīnītīvus" foi unha tradución do termo gramatical grego ἀπαρέμφατος (scil. κλίσις) (= "aparémfatos" [scil. "clisis"] é dicir, "non indica nada ademais"), pois, ao carecer doutras marcas morfolóxicas, o infinitivo só indica o contido semántico do verbo.[4]

  1. Nikolaeva, Irina 2007 Finiteness. Theoretical and Empirical Foundations London: OUP, pp. 1-2
  2. "Emprego do Infinitivo Impessoal e Pessoal". Só Português (en portugués). Consultado o 2022-08-24. 
  3. Diario, Nós (2020-05-20). "Falares, falarmos, falardes... O infinitivo flexionado, na lección 12 do curso de galego". Nós Diario. Consultado o 2022-08-24. 
  4. Wackernagel, Jacob 2007 Lectures on Syntax: with special reference to Greek, Latin, and Germanic Oxford: OUP. pp. 324

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Infinitivo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?