For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Illa Stewart.

Illa Stewart

Illa Stewart
Rakiura
Localización da illa
mapa da illa
Situación
PaísNova Zelandia Nova Zelandia
RexiónSouthland
MarOcéano Pacífico
Coordenadas46°58′59″S 167°53′7″L / -46.98306, -167.88528Coordenadas: 46°58′59″S 167°53′7″L / -46.98306, -167.88528
Xeografía
Superficie1.746 km²
Punto máis alto981 m. Monte Anglem
Demografía
CapitalOban
Poboación381 hab. (2013)
Densidade0´22 hab./km²

A Illa Stewart de Nova Zelandia é a terceira illa de maior tamaño deste país. Atópase situada a 30 km ao sur da illa Sur separada desta polo Estreito de Foveaux. Ten 400 habitantes aproximadamente, a maioría están establecidos na cidade de Oban.

O nome maorí para esta illa é Rakiura.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Imaxe de satélite da illa de Stewart/Rakiura
Parte norte da illa Stewart, vista sobre algunhas das baías

Posúe unha área de 1680 km².[1] É montañosa e ten un clima húmido. A zona norte desta illa está dominada polo val pantanoso do río Freshwater. Este río nace preto da costa noroeste da illa con dirección sueste na gran depresión da enseada Paterson. O maior pico é o monte Anglem, preto da costa norte, con 979 metros.

A metade sur é máis ondulada, subindo a un cordal que se estende ao sur do val do río Rakeahua, que tamén desemboca na enseada Paterson. O punto máis ao sueste cordal é o monte Allen, de 750 m. No sueste a terra é algo máis baixa, e é regada polos vales do Río Toitoi, Río Lords, e Río Heron. South West Cape nesta illa é o punto máis meridional das illas principais de Nova Zelandia.

Tres illas grandes e moitos illotes atópanse ao redor da costa. Entre elas destacan Illa Ruapuke, no estreito Foveaux a | 32 km ao nordés de Oban, Illa Codfish (Illa Bacallau), preto da costa noroeste; e a illa Big South Cape, no extremo sueste. Outras illas son grupo de illas Titi/Muttonbird, na desembocadura da enseada Paterson atópanse illa Bench, illa Native, e Ulva. A illa Pearl, Anchorage, e illa Noble, rosean Port Pegasus no sueste. Mar dentro The Snares son illas oceánicas, un volcán e algúns illotes máis pequenos, que nunca estiveron conectadas á maior illa de Stewart.

O clima da illa de Stewart é suave para temperaturas.[2] Con todo, unha guía de viaxes menciona "frecuentes chuvias que fan obrigatorias as 'botas e roupa impermeable'",[3] e outra guía di que as choivas en Oban, a capital, son de 1600 a 1800 mm. ao ano.[4]

Anomalía xeomagnética

[editar | editar a fonte]

Debido a unha anomalía nos contornos de latitudes magnéticas, este lugar está ben situado para observar Aurora polar.

O capitán James Cook foi o primeiro europeo en divisar esta illa, aínda que el pensou que se atopaba pegada á Illa Sur e nomeouna como "Cabo Sur", en 1770. Recentemente ao comezo do século XIX, os europeos déronse conta que era unha illa. Chamoulla Stewart en honra ao capitán William Stewart, que en 1809 foi o primeiro en facer unha carta de navegación da illa.

A única cidade é Oban, que se atopa situada na Baía Half Moon. Un asentamento anterior era Point Pegasus, que contaba con correo, varias negocios e estaba situada na costa sur da illa. Actualmente atópase deshabitada e só é accesible por mar ou logo dunha difícil excursión atravesando a illa.

Illa Stewart
Illa Stewart
  1. Walrond, Carl (3 de setembro de 2012). "Stewart Island / Rakiura – New Zealand’s third main island". Encyclopedia of New Zealand. Manatū Taonga Ministry for Culture and Heritage. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  2. "weather". Stewart Island. Stewart Island Promotion Association Inc. 2012. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  3. "Weather in Stewart Island". When to go & weather. Lonely Planet. 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  4. "Weather". Wilderness Experience. Raggedy Range. 2012. Consultado o 16 de decembro de 2012. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Illa Stewart
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?