For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Holocéntridos.

Holocéntridos

Holocentrus ascensionis

Os Holocéntridos (Holocentridae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Bericiformes (Beryciformes). Distribúense por augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, principalmente nos arrecifes dos dous últimos. Adoitan habitar en augas de máis de 100 m de profundidade, alcanzando algunhas especies augas moito máis profundas.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu tamaño oscila entre os 15 e os 35 cm (con valores máximos de 61 cm lonxitude en Sargocentron spinifer) e a cor é vermella prateada. Corpo longo máis ou menos oblongo, cuberto de grandes escamas ctenoides. Teñen uns característicos ollos enormes, debido ós seus hábitos de vida nocturnos.

Posúen unha espiña no preopérculo, cerca da abertura das branquias, que é velenosa e pode resultar moi perigosa. Aleta dorsal longa, cunha primeira parte con 10-13 espiñas, e unha segunda con 11-17 radios brandos, separadas ámbalas partes por unha escotadura que parece dividir a aleta en dúas. Aleta anal con catro espiñas (a 3ª e 4ª moi aparentes) e 7-16 radios brandos. Aleta pelviana, cunha única espiña, á altura das pectorais. Aleta caudal bifurcada.

Os membros da subfamilia Holocentrinae aliméntanse de invertebrados bentónicos e pequenos peixes, mentres que os da subfamilia Myripristinae aliméntanse de zooplancto. A maioría son de hábitos nocturnos e durante o día están agochados en gretas e baixo repisas de pedra. Os adultos son usualmente demersais (é dicir, que viven no fondo do mar).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subfamilias e oito xéneros:

  • Subfamilia Holocentrinae
    • Xénero Holocentrus (Scopoli, 1777)
    • Xénero Neoniphon (Castelnau, 1875)
    • Xénero Sargocentron (Fowler, 1904)
  • Subfamilia Myripristinae
    • Xénero Corniger (Agassiz en Spix e Agassiz, 1831)
    • Xénero Myripristis (Cuvier, 1829)
    • Xénero Ostichthys (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1829)
    • Xénero Plectrypops (Gill, 1862)
    • Xénero Pristilepis (Randall, Shimizu e Yamakawa, 1982)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Holocéntridos
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?