For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Hideo Kojima.

Hideo Kojima

Infotaula de personaHideo Kojima

(2010) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 小島秀夫 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Soshigaya, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaToquio
Osaca
Ibaraki
Kawanishi Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDesign de jogos eletrônicos (pt) Traducir e videoxogo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador de videoxogos , escritor , deseñador de xogos , guionista , informático teórico , produtor de videoxogos , Auteur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorKojima Productions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Páxina webkojimaproductions.jp Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0463620 Twitter: HIDEO_KOJIMA_EN Instagram: hideo_kojima BNE: XX4970990 Musicbrainz: 964ead90-629f-402f-9051-45ae2076d264 Discogs: 1077897 Genius: Hideo-kojima Editar o valor en Wikidata
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego).Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre.
Hideo Kojima
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Toquio) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos, incluíndo as series Metal Gear, Snatcher e Policenauts. Tamén produciu xogos como Zone Of The Enders e Boktai.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mudouse a Kōbe aos tres anos. Inicialmente tivo a ambición de converterse en director de películas, uniuse á casa produtora de videoxogos Konami como deseñador en 1986.

Xogaba con varias ideas durante tanto tempo que os seus compañeiros dicían de brincadeira cousas como "Por que non terminas o xogo antes de morrer?" O primeiro xogo no que traballou foi Penguin Adventure como asistente do director e o primeiro xogo que desenvolveu foi Lost Wald, un xogo bélico de plataformas que tiña como protagonista a unha loitadora enmascarada en 1986, porén este último foi cancelado pola compañía.

O primeiro videoxogo de Hideo Kojima en ver a luz foi Metal Gear, lanzado ao mercado en 1987 cun gran éxito entre os critícos, para a computadora persoal MSX 2. O sistema MSX foi un gran éxito en Xapón, Europa, Brasil e a Unión Soviética, pero mantívose na escuridade en Estados Unidos e outros países. Varias persoas (especialmente americanos) non xogaron ao xogo ata que foi convertido ao NES, e incluso sufriu varios cambios durante o proceso no que Kojima non estivo directamente involucrado.

O xogo presentaba a Solid Snake, un soldado quen foi enviado ao estado fortificado de "Outer Heaven" para deter a Metal Gear, un tanque camiñante equipado con armas nucleares. O xogo foi único por ser o primeiro no estilo infiltración, onde o xogador é retado a non facer contacto visual co inimigo, para evitar un confrontamento directo (isto foi feito debido ás limitacións gráficas do sistema MSX, xa que o hardware non podía manexar ben o desprazamento de escena, nin mostrar moitos obxectos movéndose ao tempo). Tamén lanzou o aclamado Snatcher, en 1988, un xogo de aventura gráfica ambientado na guerra fría e con estilo ciberpunk.

En 1990, Kojima lanzou Metal Gear 2: Solid Snake para MSX, só no Xapón. O xogo foi aclamado pola súa sofisticada xogabilidade e intrigante historia, a cal introduciu significantes cambios á serie Metal Gear, moitos dos cales foron levados a "Metal Gear Solid". Foron de gran importancia as significativas caracterizacións das personaxes do xogo e a gran énfase dada á historia, que foi ampliada co uso de escenas curtas. Outros cambios importantes foron a mellora da IA dos soldados inimigos, a habilidade para arrastrarse e o uso do radar, entre outras. Pese ao éxito no Xapón, o xogo nunca foi lanzado en Occidente ata a inclusión en Metal Gear Solid 3: Subsistence (en PS2) no 2006.

En 1992 refixo Snatcher para PC Engine baixo o título de Snatcher CD-ROMantic (o cal logo foi importado a Sega CD. O xogo só é oficial na versión en inglés), e en 1994 deseñou Policenauts, un xogo de aventura baseado nunha película de ciencia ficción situado nunha colonia espacial (ás veces visto como unha "secuela espiritual" de Snatcher). Snatcher e Policenauts foron grandes éxitos no Xapón. Tamén produciu unha serie de xogos baseados na serie Tokimeki Memorial dating sim, que foron feitos co mesmo motor usado en Policenauts.

Co lanzamento de Metal Gear Solid en 1998 para Playstation, Kojima converteuse nunha celebridade internacional entre os xogadores. Metal Gear Solid foi o primeiro na serie Metal Gear en usar gráficos 3D e voces de actores, o cal daba unha experiencia máis cinematográfica ao xogo. MGS foi moi ben recibido polo seu estilo de xogo ben deseñado, e a historia e as súas personaxes, as cales introducían temas de proliferación nuclear e enxeñería xenética.

A principios do 2000, Kojima lanzou os primeiros detalles da secuela de Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty, para Playstation 2. Os gráficos de alta precisión do xogo, a física e a xogabilidade ampliada, fixérono rapidamente o xogo máis esperado do ano. No seu lanzamento foi un éxito e aclamado pola crítica polos seus gráficos, xogabilidade e historia. Aínda así, o xogo foi recibido de forma negativa polos fanáticos debido á inesperada introdución dun novo protagonista. Antes do lanzamento de MGS2, Kojima produciu o xogo e a franquía de anime Zone of the Enders en 2001, cun éxito moderado. Ambos Metal Gear Solid foron lanzados para PC. Só o primeiro Metal Gear Solid foi dobrado ao castelán. O resto só viñeron subtitulados.

No 2003 produciu Boktai: The Sun Is in Your Hand para Game Boy Advance. Aquí o xogador tomaba o rol dun mozo cazador de vampiros que usaba unha arma solar cargada por un sensor fotométrico no cartucho do xogo (forzándoos a xogar á luz do día). Tamén comezou a traballar en Metal Gear Solid: The Twin Snakes para Game Cube, unha reprodución do primeiro Metal Gear Solid, con todas as melloras de Metal Gear Solid 2 e con escenas curtas redirixidas polo director de películas de acción e horror Ryuhei Kitamura. O xogo foi lanzado en 2004.

Máis tarde, Kojima deseñou e lanzou Metal Gear Solid 3: Snake Eater para Playstation 2, o cal se situaba en 1964 (en plena guerra fría) introducindo temas de supervivencia en áreas de bosque e selvas, e camuflaxes para evadir os inimigos. A versión norteamericana foi lanzada o 17 de novembro de 2004, mentres que a xaponesa a seguiu o 16 de decembro. A versión europea foi lanzada o 4 de marzo de 2005. A resposta da crítica foi máis favorable que a da entrega anterior e fixo aumentar o interese na historia de toda a serie. Explicou o inicio dos filósofos e algún aspecto máis da trama.

Nese entón, Kojima tamén traballaba na secuela de Boktai, Boktai 2: Solar Boy Django para Game Boy Advance, lanzado en verán do 2004. Este xogo aumentou o uso do sensor solar do cartucho, permitindo aos xogadores combinar novas armas solares. Tamén foi lanzado Metal Gear Ac!d para a portátil Playstation Portable. Este xogo baseado en quendas ten menos acción que os outros Metal Gear e está enfocado máis na estratexia. Máis tarde saíron tamén para PlayStation Portable, Metal Gear Acid 2 e Metal Gear Solid: Portable Ops

Traballos

[editar | editar a fonte]
  • Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots (2008) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear Solid: Dixital Graphic Novel 2 (2007) - produtor/director
  • Metal Gear Solid: Portable Ops (2006) - escritor/produtor
  • Metal Gear Solid: Dixital Graphic Novel (2006) - produtor/director
  • Metal Gear Solid 3: Subsistence (2005) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear Ac!d² (2005) - produtor
  • Metal Gear Ac!d (2004) - produtor
  • Metal Gear Solid 3: Snake Eater (2004) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear Solid: The Twin Snakes (2004) - escritor/produtor/director orixinal
  • Metal Gear Solid 2: Substance (2002) - escritor/produtor/director
  • The Document of Metal Gear Solid 2 (2002) - produtor/director
  • Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty (2001) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear: Ghost Babel (2000) - produtor/director supervisor
  • Metal Gear Solid: VR Missions (1999) - produtor/director
  • Metal Gear Solid: Integral (1999) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear Solid (1998) - escritor/produtor/director
  • Metal Gear 2: Solid Snake (1990) - escritor/director
  • Metal Gear (1987) - escritor/director

Serie Lunar Knights

[editar | editar a fonte]
  • Lunar Knights (2006) - produtor

Serie Boktai

[editar | editar a fonte]
  • Boktai: Sabata's Counterattack (2005) - produtor
  • Boktai 2: Solar Boy Django (2004) - produtor
  • Boktai: The Sun Is in Your Hand (2003) - produtor

Serie Zone of the Enders

[editar | editar a fonte]
  • Zone of the Enders: The 2nd Runner (2003) - produtor
  • Zone of the Enders (2001) - produtor

Serie Tokimeki Memorial Drama

[editar | editar a fonte]
  • Tokimeki Memorial Drama Series Vol. 3: Tabidachi non Uta (1999) - director executivo
  • Tokimeki Memorial Drama Series Vol. 2: Irodori non Love Song (1998) - planificación/produtor
  • Tokimeki Memorial Drama Series Vol. 1: Nijiiro non Seishun (1997) - planificación/produtor/director dramático

Serie Snatcher

[editar | editar a fonte]
  • Snatcher CD-ROMantic (1992) - escritor/director
  • SD Snatcher (1990) - escritor orixinal
  • Snatcher (1988) - escritor/director

Outros Xogos

[editar | editar a fonte]
  • Project 'S' (descoñecido) - Co-deseñador con Súa 51, Posiblemente un xogo de Snatcher.
  • Super Smash Bros. Brawl (2007) - Deseñador da etapa de Solid Snake e os seus movementos especiais.
  • Stock Trading Trainer : Kobutore (2006) - produtor
  • Policenauts (1994) - escritor/director
  • Lost Warld (1986, Cancelado) - escritor/director
  • Penguin Adventure (1986) - director asistente
  • Sonic Triple Trouble (1994) - agradecementos especiais nos créditos por razóns descoñecidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Hideo Kojima
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?