For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Guillerme V de Orange-Nassau.

Guillerme V de Orange-Nassau

Infotaula de personaGuillerme V de Orange-Nassau

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Willem V van Oranje-Nassau Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1748 Editar o valor en Wikidata
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1806 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Braunschweig Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa nova de Delft Editar o valor en Wikidata
Príncipe de Orange
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor en Wikidata
RelixiónCalvinismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e governança (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Haia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , aristócrata , coleccionista de arte , estadista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua neerlandesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloPríncipe de Orange Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGuilhermina da Prússia (1767–)
FillosGuillerme I dos Países Baixos, unnamed son von Nassau-Dietz (en) Traducir, Prince Frederick of Orange-Nassau (en) Traducir, Luísa Guilhermina de Orange-Nassau (pt) Traducir, unnamed child von Nassau-Dietz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme IV de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata  e Ana, Princesa Real e Princesa de Orange (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarolina de Orange-Nassau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Van_Oranje-Nassau-28 Find a Grave: 10295 Editar o valor en Wikidata

Guillerme V de Orange-Nassau (en neerlandés: Willem V van Oranje-Nassau), nado o 8 de marzo de 1748 na cidade surholandesa da Haia e finado o 9 de abril de 1806 na localidade baixosaxoa de Brunswick, membro da casa de Orange-Nassau, príncipe de Nassau-Dietz, príncipe de Orange, príncipe de Fulda e conde de Corvey, foi o derradeiro estatúder das Provincias Unidas, entre 1751 e 1795.[1]

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]
Guillerme V e Guillermina de Prusia cos seus fillos

Guillerme V era fillo de Guillerme IV de Orange-Nassau (1711-1751), príncipe de Nassau-Dietz e de Orange-Nassau, e de Ana de Hannover (1709-1759), princesa real de Gran Bretaña e Irlanda, e rexente das Provincias Unidas (1751-1759).[2]

O 4 de outubro de 1767 casou en Berlín con Guillermina de Prusia (1751-1820), sobriña de Frederico II, irmá de Frederico Guillerme II e neta de Frederico Guillerme I de Prusia.

Deste matrimonio naceron cinco fillos:

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rexencia e nomeamento como estatúter

[editar | editar a fonte]

O pai de Guillerme V de Orange-Nassau faleceu en 1751, cando el tiña unha idade de tres anos. En 1766, ao cumprir a maioría de idade, converteuse no novo estatúder das Provincias Unidas logo dun período de rexencia encabezado, sucesivamente, pola súa nai, Ana de Hannover (1751-1759), a súa bisavoa, María Luísa de Hesse-Kassel (1759-1765), e a súa irmá, Carolina de Orange-Nassau (1765-1766).

Desde o principio, Guillerme V confiou os asuntos políticos ao duque Luís Ernesto de Brunswick-Wolfenbüttel, cuñado do rei Frederico II de Prusia, o que ocasionou unha vehemente oposición do partido patriota. O duque de Brunswick foi quen promoveu o casamento do estatúder coa sobriña do monarca prusiano, Guillermina de Prusia.

Relacións internacionais

[editar | editar a fonte]

Guillerme V mantivo a neutralidade das Provincias Unidas durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, liderando a facción probritánica do Goberno holandés e bloqueando os intentos da facción prorevolucionaria (e posteriormente profrancesa) de levar o goberno a declarar a guerra a Gran Bretaña. No entanto, non foi quen de evitar as hostilidades entre holandeses e británicos cando o intento das Provincias Unidas de unírense á Liga de Neutralidade Armada, dirixida por Rusia, provocou o estoupido da cuarta guerra anglo-holandesa, en 1780.[3][4] As Provincias Unidas non recoñeceron a independencia dos Estados Unidos ata 1782, logo dun intenso debate político e dun esforzo diplomático de franceses e estadounidenses.

Despois de catro anos, a guerra terminou coa derrota holandesa e co país empobrecido. Un grupo de xente nova revolucionaria chamado "facción dos patriotas" desafiou a autoridade de Guillerme V.[5] Ante os tumultos, Guillerme decidiu trasladar a súa corte a Güeldres, unha provincia arredada do centro político, pero non realizou accións decisivas contra os seus adversarios, malia as advertencias da súa esposa, Guillermina, que pretendía viaxar á Haia e restablecer a orde. Guillermina foi detida polos patriotas e obrigada a regresar a Güeldres co seu home. Para Guillermina e o seu irmán, Frederico Guillerme II de Prusia, esta acción dos revolucionarios holandeses constituíu un insulto, e Frederico enviou un exército prusiano para atacar os disidentes. Os patriotas holandeses fuxiron daquela a Francia, á que chegaron durante a caída do rei Lois XVI e o ascenso do "poder do pobo". Guillerme V amosouse hostil ante a Revolución Francesa e aliouse co resto das monarquías europeas para deter os revolucionarios.

Apoiados polo exército francés, os "patriotas" holandeses regresaron desde París para estender a revolución. Derrotadas as tropas leais ao estatúder na actual Bélxica, o seu país sufriu a conseguinte invasión francesa.

Exilio en Gran Bretaña

[editar | editar a fonte]
Caricatura en The Orangerie (1796), que representa a Guillerme V no exilio como un Cupido indolente durmindo en bolsas de diñeiro, rodeado de mulleres embarazadas

Ao non poder repeler a invasión, o 12 de xaneiro de 1795 fuxiu a Inglaterra, entanto que no seu país se establecía, baixo a protección francesa, a República Bátava.[6][7] Desde Inglaterra deu instrucións para que as colonias holandesas (que daquela incluían Xava, Malaca e as illas Molucas) fosen cedidas aos británicos e non caesen nas mans francesas.

En 1801, mediante o Tratado de Lunéville, que legalizou a anexión do sur das antigas Provincias Unidas por Francia, recibiu en compensación as terras das abadías de Corvey e Fulda, en Alemaña, que legou ao seu fillo en 1802.

O que foi o derradeiro estatúter holandés morreu durante o seu exilio en 1806, logo de trasladarse coa súa familia á cidade de Brunswick, actualmente en Alemaña. Os seus restos descansan na cripta real da familia Orange-Nassau na Igrexa Nova de Delft.[8]

En 1813 o seu fillo Guillerme regresou ás Provincias Unidas para lle devolver á Casa de Orange-Nassau o poder e, co tempo, asumir o título de rei dos Países Baixos.[9]

  • Estatúder xeral das Provincias Unidas.
  • Príncipe de Orange-Nassau.
  • Marqués de Veere e Vlissingen.
  • Conde de Buren, Culemborg, Leerdam e Vianden.
  • Vizconde de Anveres.
  • Barón de Aggeris, Breda, Cranendonck, Cuijk, Dasburg, Eindhoven, Grave, De Lek, IJsselstein, Diest, Grimbergen, Herstal, Warneton, Arlay e Nozeroy.
  • Señor de Ameland, Baarn, Bredevoort, Borculo, Dasburg, Geertruidenberg, Hooge en Lage Zwaluwe, Klundert, Lichtenvoorde, Liesveld, Het Loo, Montfort, Naaldwijk, Niervaart, Polanen, Steenbergen, Sint-Maartensdijk, Soest, Ter Eem, Turnhout, Willemstad, Zevenbergen, Bütgenbach, Saint-Vith e Besançon.
  1. "Willem V van Oranje-Nassau (1748-1806)". En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)
  2. Xenealoxía de Guillerme V de Orange-Nassau (en castelán)
  3. "Texto da declaración rusa de neutralidade armada (1780) Arquivado 08 de agosto de 2020 en Wayback Machine." (en inglés)
  4. "League of Armed Neutrality" (en inglés)
  5. Schama, Simon. Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. Vintage Books. 1992 [ISBN 978-0679729495] (en inglés)
  6. Israel (1995), Páxina 1.121.
  7. "Batavian Republic". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  8. "Cripta Real Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Igrexa Nova de Delft (en castelán)
  9. "William V Prince of Orange and Nasssau". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. Clarendon Press. 1995 [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Guillerme V de Orange-Nassau
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?