Guerra dos Ducados
No contexto do panxermanismo e da unificación alemá, prodúcese a guerra entre Prusia e Dinamarca en 1864.
Austria e Prusia esixiron a Cristián IX de Dinamarca -rei dinamarqués-, os ducados do Elba, de fala xermana. Vencido o rei dinamarqués, cedeu o ducado de Lauenburgo a Prusia e os de Schleswig e Holstein a unha administración conxunta austroprusiana. Esta administración conxunta non conviviría moito cos desexos prusianos de obte-la hexemonía entre os estados alemáns. Pouco tempo despois produciríase a guerra austro-prusiana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerra dos Ducados |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.