Fukuyama
Fukuyama (福山市, ふくやまし, Fukuyama-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado ó extremo leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Bingo e no centro da parte San'yō da rexión de Chūgoku, no oeste da illa de Honshū. Ten 518,07 km² de superficie, unha poboación de 461.745 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 891 h/km².
O concello de Fukuyama limita cos concellos de Onomichi, Fuchū, Jinsekikōgen (que son da prefectura de Hiroshima); Ibara e Kasaoka (que son da prefectura de Okayama).
Personaxes de sona
[editar | editar a fonte]- Masuji Ibuse (井伏 鱒二, いぶせ ますじ, 1898 - 1993) - Escritor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.