For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Fremont.

Fremont

Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Modelo:Xeografía políticaFremont
Imaxe

Nomeado en referencia aJohn Charles Frémont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°32′35″N 121°58′58″O / 37.5431, -121.9828Coordenadas: 37°32′35″N 121°58′58″O / 37.5431, -121.9828
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Alameda Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación230.504 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.015,77 hab./km²)
Número de fogares74.479 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaÁrea da baía de São Francisco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:7.765.640) Editar o valor em Wikidata
Superficie226,924581 km² Editar o valor em Wikidata
Auga11,5868 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude17 m Editar o valor em Wikidata
Creación23 de xaneiro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataLily Kao Mei (en) Traducir (1916–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal94536–94539, 94555 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico510 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webci.fremont.ca.us Editar o valor em Wikidata

Fremont é unha cidade estadounidense duns 225.000 habitantes, situada na baía de San Francisco. Administrativamente pertence ao condado de Alameda, e este á súa vez ao estado de California. É a cuarta cidade máis poboada na área da Baía de San Francisco, e leva o nome que leva por John Frémont, o soldado, explorador e político estadounidense do século XIX.

Xeografía física

[editar | editar a fonte]

Fremont atópase na ribeira leste da baía de San Francisco, a medio camiño entre Oakland e San Jose, e mar por medio de Silicon Valley. Situado directamente sobre o fondo da baía, Fremont goza do mesmo clima mediterráneo que en xeral todas as cidades nese treito da costa californiana: inverno de temperaturas moderadas con algunhas choivas, e veráns secos e calorosos, pero sen chegar a temperaturas extremas.

Fremont está limitado cara ao leste polo rego da Alameda, un río duns 70 kms que cruza boa parte do condado de Alameda. A baía de San Francisco nesa parte sur non ten demasiada profundidade e créase unha zona natural moi importante en fauna e flora.

Xeografía administrativa e demografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Fremont conformouse o 23 de xaneiro de 1956, ao fusionárense administrativamente cinco pequenas localidades anteriores, Centerville, Niles, Irvington, Mision San Jose e Warm Springs, que agora están incorporadas á mesma paisaxe urbana. A cidade divídese ñá súa vez en once distritos, os cinco xa ementados de Centerville, Niles, Irvington, Mision San Jose e Warm Springs e mais os distritos de Fremont Central, Fremont Norte, Fremont Sur, o distrito industrial de Bayside, Baylands e Hill Area.

Boa parte da fronte da baía non pertence a Fremont, senón a Newark, cidade á súa vez completamente arrodeada por Fremont. Ademais pois da baía e de Newark, que se sitúan ao oeste de Fremont, o resto da cidade de Fremont limita, ao norte, con Hayward e Union City, ao leste coa zona rural e montañosa de Sunol e ao sur con Milpitas e San Jose. Xunto con Union City e Newark, Fremont forma unha conurbación ininterrompida.

De acordo co cálculo do 2007, a renda media por vivenda na cidade é de 93.342 dólares, e a media de ingresos por familia era de 103.846 dólares.[1] Os homes teñen unha renda media familiar de 59.274 dólares fronte aos 40.625 das mulleres. A renda per capita para a cidade estaba en 31.411 dólares. Ao redor do 3,6% das familias estaban por debaixo do limiar da pobreza, dos que o 5,9% eran menores de 18 anos e o 6,2% maiores de 65 anos.

Socialmente, a metade da poboación de Fremont é de orixe asiática, e unha cuarta parte é poboación afroamericana. Conforme o censo do 2008 da cidade os residentes de Fremont eran:

Perfil demográfico[2] 2010
Poboación total 214.089 - 100.0%
Raza non mixta 201.505 - 94.1%
Non hispana nin latina 182.391 - 85.2%
negra 56.766 - 26.5%
Só negra ou africo-americanos 6743 - 3.1%
Só indíxenas americanos e nativos de Alasca 458 - 0.2%
Só asiáticos 107.679 - 50.3%
Só nativos hawaianos e doutras illas do Pacífico 1064 - 0.5%
Só outras razas 388 - 0.2%
Só dúas ou máis razas 9293 - 4.3%
Hispanos ou latinos (de calquera raza) 31698 - 14.8%

Politicamente, Fremont, como en xeral toda a zona da baía de San Francisco, adoita apoiar o Partido Demócrata nas eleccións.

A zona onde se estende Fremont na actualidade estaba poboada no século XVIII polos ohlones, unha cultura amerindia que se distribuía nunha amplo terriroio ao sur da baía de San Francisco. A primeira referencia histórica escrita a esa zona é do 9 de xuño de 1797, cando o franciscano vasco Fermín Lasuén fundou unha misión, que chamou en español. A misión estableceuna na aldea de Oroysom, entidade xa perdida por completo, e que se atoparía ao leste da actual cidade.

A misión relixiosa foi aumentando de tamaño nas primeiras décadas do século XIX, e chegou aos 1886 habitantes no ano 1831. Catro anos antes, en 1827, chegara á misión o trampeiro e explorador Jedediah Smith, que debeu ser o primeiro inglés-falante en chegar. En 1833, o goberno recentemente independizado de México, que era quen exercía o control sobre a área que hoxe ocupa California, promulgou unha lei de secularización das misións, semellante nalgúns aspectos á desamortización que se viviría na península Ibérica un par de anos despois. Os relixiosos foron pois substituídos por terratenentes que recibían a concesión gobernativa duns ranchos. No caso desta antiga Misión San José, o concesionario do Rancho Arroyo de la Alameda foi José de Jesús Vallejo, irmán do importante líder californio Mariano Vallejo. Os Vallejo construíron un muíño de fariña no canón de Niles.[3] e desenvolveron a zona ao redor do cereal, a viña e os olivedos, beneficiada ademais por distintas febres do ouro que se sucederon ao longo do século XIX. En 1846 chegou aquí o explorador John Frémont, coa idea de abrir un camiño que permitise o movemento poboacional cara á baía de San Francisco. Frémont acabaría por ser homenaxeado co nome de Fremont. Ao pouco o tratado de Guadalupe Hidalgo (1848) acabaría por ceder toda California aos Estados Unidos.

En 1868 o terremoto de Hayward, de 6,8 graos de magnitude, derrubou edificios onde hoxe se erixe Fremont: entre eles foron as construcións da misión, que se perderon para sempre. En 1909, o terremoto de San Francisco,destruíu o que quedara en pé, en especial a adega Palmdale, que na altura era a máis grande de California.

De 1912 a 1916 a zona de Niles convértese nun destino importante para rodaxes da industria do cine. Charlie Chaplin filmou varias películas na área de Fremont, entre elas O Vagabundo. Fremont, xa con ese nome a partir de 1956, foise industrializando rapidamente na década dos 50 e os 60. A primeira oficina de correos de Fremont abriu en 1956. Un boom no emprego da alta tecnoloxía nos 80 e nos serodio 90, especialmente no distrito de Warm Springs, causaron o rápido desenvolvemento da cidade, que aproveitou a súa proximidade a Silicon Valley. A central da compañía Apple estaba localizada en Fremont, onde se construíu o primeiro ordenador Mac.

Outras empresoras de semicondutores e de telecomunicacións foron instalándose na cidade. Unhas 750 empresas de alta tecnoloxía tiñan oficinas, instalacións ou sedes de produción en Fremont cara 1999[Cómpre referencia]. Eentre elas estaban 15 das 100 empresas de crecemento máis rápido da área da Baía de San Francisco e 18 das 50 compañías máis importantes da ribeira leste da baía. Ademais, na actualidade Fremont tamén acolle instalacións de varias empresas automobilísticas. Entre estas entidades empresariais máis destacadas están a Corsair Components, de hardware e periféricos, Ikanos Communications e mais Exar, de semicondutores, Lam Research, de circuítos integrados, Oplink Communications, de compoñentes ópticos, Synnex de servizos ás empresas de software, S3 Graphics, de tarxetas de vídeo, ou, noutro sector, o Fremont Bank, unha entidade financeira independente que naceu a mediados do século XIX.

Con todo, os principais empregadores pertencen ao sector público, en especial o sector educativo, e dentro do privado, o sector sanitario. En 2011 os principais empregadores da cidade eran:

# Empregador Sector Persoas empregadas
1 Fremont Unified School District educación 3000
2 Washington Hospital Healthcare System saúde 1817
3 Boston Scientific material médico 1200
4 Western Digital compoñentes electrónicos 1200
5 Seagate almacenaxe de datos 1060
6 AXT semicondutores 972
7 Lam Research circuítos integrados 920
8 Concello de Fremont administración 848
9 DMS instalacións e construción 800
10 Solyndra compoñentes para a industria solar 800

Educación

[editar | editar a fonte]

Fremont ten un distrito unificado escolar de seu, cunha trintena de colexios, distintos centros de ensino medio e cinco institutos de bacharelato: o American HS, o Irvington HS, o John F. Kennedy HS, o Mission San Jose HS e o Washington HS. Estes institutos comparten desde 1972 as instalacións deportivas do estadio Tak Fudenna, con capacidade para 5000 espectadores e terreos para fútbol americano, equitación e fútbol. Tamén ten a súa sede principal en Fremont o Ohlone College, un centro de formación profesional de grao superior.

En ensino superior, catro universidades ofrecen as súas ensinanzas en Fremont: a Universidade de California en Berkeley, cun campus en Fremont, a Universidade de Phoenix, cun campus de a cabalo entre Fremont e San Jose, a Universidade DeVry, de Illinois, e mais a única que é orixinalmente de Fremont, a Universidade Politécnica do Noroeste.

Irmandamentos

[editar | editar a fonte]

Fremont está irmandada coas seguintes cidades[4]

  • Xaipur, a metrópole capital do Raxastán indio.
  • Puerto Peñasco, unha cidade turística e costeira do estado mexicano de Sonora.
  • Fukaya, unha cidade do interior do Xapón, na prefeitura de Saitama.
  • Horta, a vila principal da illa do Faial, nos Azores (Portugal)
  • Lipá, unha cidade na illa filipina de Luzón.
  1. American FactFinder, United States Census Bureau. "Fremont city, California - Income in the Past 12 Months (In 2007 Inflation-Adjusted Dollars)". Factfinder.census.gov. Arquivado dende o orixinal o 12-02-2020. Consultado o 09-09-2010. 
  2. "Demographic Profile Bay Area Census". 
  3. "Alameda County". California Historical Landmarks. State of California Office of Historic Preservation. Consultado o 6 Maio 2011. 
  4. City of Fremont. "Sister Cities". About Fremont. Arquivado dende o orixinal o 08-07-2014. Consultado o 05-10-2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Fremont
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?