For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Francisco Fernández Rei.

Francisco Fernández Rei

Infotaula de personaFrancisco Fernández Rei

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Fefiñáns, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarme Hermida

BNE: XX894619 Bitraga: 2970 Dialnet: 1024463


Francisco Fernández Rei, nado en Fefiñáns (Cambados) o 30 de novembro de 1952, é un filólogo galego. Exerce a docencia na USC, sendo catedrático de Filoloxía Románica desde 1992.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou a carreira de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a licenciatura en 1974. A súa tese de doutoramento foi O verbo: Contribución á dialectoloxía galega, dirixida por Constantino García (1979)[1] e primeira tese presentada en galego na Facultade de Filoloxía da USC[2].

Desde 1973 forma parte do Instituto da Lingua Galega (ILG), como investigador e membro do equipo de redacción do Atlas Lingüístico Galego e como responsábel do Arquivo do Galego Oral que posúe este centro. Dentro dos eidos de actuación do ILG traballou, así mesmo, como corredactor das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego en 1977, que constituirían os alicerces das que se aprobaron en 1988.

Dirixe os Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia organizados pola RAG, o ILG e a SXPL da Xunta de Galicia[3]. A parte da súa actividade no ILG, Francisco Fernández Rei colabora tamén con numerosas asociacións e entidades relacionadas con diferentes linguas románicas, especialmente o galego. En 1978 participou na fundación de Escola Aberta e en 1984 contribuíu á creación da Asociación de Tradutores Galegos. É membro, así mesmo, do comité científico da Sociedade Internacional de Limba Sarda, do plenario do Consello da Cultura Galega en representación do ILG, do Padroado da Fundación Sotelo Blanco, do Museo de Antropoloxía, do Museo do Pobo Galego e da comisión da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias.

Tamén hai que destacar a súa participación en distintos encontros e congresos sobre o galego e outras linguas románicas minorizadas e ten publicado artigos en diferentes revistas culturais galegas, como A Trabe de Ouro, Revista da Filoloxía Románica, Cadernos da Lingua ou Grial. Ademais participou na fundación de Escola Aberta, Redes Escarlata e ProLingua.

Fernández Rei é conselleiro do Consello d'a Fabla Aragonesa e membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 25 de setembro de 1999 co discurso Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o mar de Arousa: dúas singraduras na construcción dun idioma para unha patria, respondido por Antón Santamarina[4].

  • O verbo: contribución á dialectoloxia galega, Universidade de Santiago de Compostela, 1979.  ISBN 84-7191-134-5
  • Lingua galega (1985), manual para COU.
  • Dialectoloxía da lingua galega (1990, Xerais). ISBN 978-84-7507-472-6
  • Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa (2015, Xerais). ISBN 84-87987-18-4

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Salvador García-Bodaño
 
  Vicesecretario da Real Academia Galega  
 
2010-2013
Sucesor:
Andrés Torres Queiruga
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Francisco Fernández Rei
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?