For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Fluorita.

Fluorita

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.)
Fluorita
Fluorita
Fórmula químicaCaF2
ClaseHaluros
Sistema cristalinoCúbico
CorToda a gama agás o negro
BrilloVítreo
Dureza4.0 (Mohs)
FracturaXeométrica
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade3,18 g/cm³

A fluorita[1][2] ou espatoflúor[3] é un mineral da clase dos haluros formado pola combinación do calcio e o flúor, de fórmula CaF2 e que cristaliza no sistema cúbico.

A fluorita é un mineral moi difundido na natureza. Aparece en estruturas de xeodas ou drusas ocupando as fisuras e cavidades. No seu estado puro é incolora e transparente, pero na maioría dos casos presenta diversas coloracións debidas a impurezas orgánicas ou minerais; as máis habituais van do lila ó violeta, pero a fluorita tamén pode ser azul, verde, rosa, alaranxada, amarela ou de tons menos definidos. Moitas variedades mostran tamén fluorescencia.

Adóitanse presentar con forma de cristais de hábito cúbico moi ben formados, na maioría dos casos maclados. As demais formas son raras pero poden obterse octaedros por medio da exfoliación. A fluorita aparece tamén de forma masiva, compacta e granular.

Localizacións

[editar | editar a fonte]

Este mineral acostuma encontrarse en vetas puras ou asociado con minas de chumbo, prata ou cinc. É común en calcarias e en dolomitas e, nalgunhas ocasións, é un mineral accesorio en pegmatitas e noutras rochas ígneas.

A fluorita é típica de España, Rusia, Inglaterra, China, Estados Unidos, México, Namibia e Alemaña. España é un importante produtor de fluorita. Os principais xacementos encóntranse en Asturias e Cantabria.

Aínda que as variedades cristalinas son utilizadas para esculpir materiais ornamentais e a variedade clorofano utilízase como xema, o uso principal da fluorita foi sempre a produción do ácido fluorhídrico, material esencial na fabricación de fluoruro de aluminio para a industria do aluminio, e noutras moitas aplicacións da industria química. A fluorita é un fluxo común na fundición de aceiro e úsase en grandes cantidades na produción de esmalte e de vidro translúcido; os cristais perfectos utilízanse na fabricación de lentes apocromáticas.

Outros haluros

[editar | editar a fonte]

Outros haluros importantes son a halita, de interese culinario, e a silvina.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fluorita.
  2. "fluorita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 
  3. "espatoflúor". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Fluorita
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?