For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Flandres francés.

Flandres francés

Modelo:Xeografía políticaFlandres francés

Localización
Editar o valor en Wikidata
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
DepartamentoNorte, Francia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua francesa
Flamengo de Francia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porMar do Norte e Canal da Mancha Editar o valor en Wikidata

Localización do Flandres francés, dentro da rexión de Norte-Paso de Calais, percorrido polo río Lys.
Situación da rexión Norte-Paso de Calais dentro de Francia.

O Flandres francés (Flandre française en francés, Frans-Vlaanderen en neerlandés) é unha rexión non administrativa que ocupa o terzo setentrional do departamento de Norte, en Francia.

1. Distínguense varias rexións naturais no Westhoek (parte do Flandres francés comprendida entre o Lys e o Mar do Norte onde se fala o neerlandés):

  • o Blootland «terra deserta» ou Chaira marítima (coa cidade de Dunkerque).
  • o Houtland «terra dos bosques» (coas cidades de Cassel, Hazebrouck e Bailleul).
  • a Chaira do Lys.

Este territorio corresponde hoxe ao distrito de Dunkerque.

2. Ademais do Westhoek (chamado tamén Flandres Marítimo), o Flandres francés inclúe outra parte ao redor de Lille que se chama en ocasións Flandres de Lille, Flandres galicante, Flandres romance ou Flandres valón.

Este territorio corresponde hoxe aos distritos de Lille e Douai.

Cultura franco-flamenga

[editar | editar a fonte]

O Flandres francés caracterízase sobre todo pola súa identidade cultural: ata comezos do século XX a maioría da poboación falaba a lingua flamenga, lingua xermánica semellante ao holandés e claramente distinto do picardo (incluído o chti) e das lingua de oïl falada máis ao sur e ao oeste.

Esta lingua clásica ensinouse nas escolas primarias da rexión ata a prohibición de 1853 pola Academia de Lille. Este decreto non se puxo nunca despois en dúbida. Algúns xogos flamengos, como o bourle, aínda son practicados nesta zona. A extensión lingüística dáse claramente a través dos topónimos: Dunkerque («igrexa da duna»), Brouckerque («igrexa do pantano») ou Hazebrouck («pantano da lebre»).

Na actualidade o neerlandés ensínase nalgunhas escolas e órganos colexiados nun curso dunha 1 hora por semana.

O Estado francés non recoñece a lingua flamenga como lingua rexional, malia os 100.000 cidadáns franceses que falan ou comprenden esta lingua[1]. A solicitude de tal recoñecemento pediuse ante Luc Ferry pero esta foi denegada xa que o flamengo non é máis que un compoñente do neerlandés, lingua estranxeira. A comunidade flamenga mobilízase para preservar o seu patrimonio cultural[2].

Literatura

[editar | editar a fonte]

A obra do escritor de Dunkerque Michel de Swaen recoñécese aínda hoxe día no conxunto do espazo neerlandófono como unha das máis importante da literatura flamenga.

O Teatro popular para o Flandres francés de Flor Barbry é unha sociedade teatral neerlandófona que dá representacións no Flandres Occidental e Flandres francés dende 1954.

Extensión histórica

[editar | editar a fonte]

Flandres francés designa tamén:

Este pasou baixo soberanía borgoñoa e logo española. O territorio dos distritos actuais de Lille, Douai e Dunkerque cedeuse progresivamente a Francia durante o reino de Lois XIV polo tratado dos Pireneos en 1659, polo Tratado de Aquisgrán en 1668 e polo Tratado de Nimega en 1678.

Invadida en 1791 polos austríacos, estivo ocupado malia a heroica resistencia dos lileses; Pichegru renovouno en 1793.

Hoxe en día o Flandres francés non ten a menor institución política ou administrativa propia, se non está por medio do intercommunalité cos "Países" (leis Chevènement - Voynet) onde o nome "Flandres" aparece. Dous "países" así se realizaron recentemente; o País Muíños de Flandres e o País Corazón de Flandres.

  1. "Langues et dialectes". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2007. Consultado o 11 de maio de 2008. 
  2. La Flandre: Terre de Tradition Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 27-12-2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Flandres francés
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?