For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Festival Internacional do Mundo Celta.

Festival Internacional do Mundo Celta

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.)
Festival Internacional do Mundo Celta
Escenario principal no porto
Localización Ortigueira, Galicia (España)
Anos 1978–1987, 1995–2019, 2022-presente
Nº edicións 38 (até 2024)
Fundadores Escola de gaitas de Ortigueira
Data Catro días, na segunda fin de semana de xullo
Xénero Folk
Organizador Concello de Ortigueira
Web oficial festivaldeortigueira.com
Na rede Facebook: 128776847135934 Twitter: festortigueira Instagram: festivaldeortigueira Youtube: UCCP9QgbOo3YNzK5elshsUbQ Editar o valor en Wikidata

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, coñecido tamén como Festival de Ortigueira, é un festival de balde de música tradicional folk dás nacións celtas, fundado en 1978 por persoal da Escola de gaitas de Ortigueira. Celebrase anualmente, agás entre 1988 e 1994 por variedade de dificultades, cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira, sita no norte da provincia coruñesa de Galicia(España).

É o meirande festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica, con miles de asistentes en cada edición. No 2003 foi declarado festa de interese turístico nacional, e no 2005 foi declarado festa de interese turístico internacional. En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.

Ó longo da súa historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.[1].

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de gran nivel e fama internacional. Así mesmo, dende a edición do 2000 ata o 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado «Proxecto Runas». Cuxo gañador obtiña un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano. Na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves.

Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

No 2020, a causa da pandemia do COVID-19, vironse obrigados suspendelo.[2][3][4] En 2021, por mor dunha nova onda da pandemia, tamén se pospuxo, co anuncio de co festival do 2022 sería o máis longo da historia, con oito días de duración.[5][6]

Historia e grupos participantes no Festival

[editar | editar a fonte]

A historia do festival divídese en dúas etapas:

  1. Anos 1978 ‒ 1987: As dez primeiras edicións estiveron organizadas, xestionadas e promovidas por persoal da Escola de gaitas (Xabier Andrés Garrote Cobelo, José María Álvarez Marías, Álvaro Fernández Polo, Jesús Losada Otero e Francisco Bermúdez Garrote) e voluntarios da localidade; sen ningunha axuda institucional durante os seis primeiros anos, e coa colaboración —limitada— do concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia nas catro últimas edicións desta primeira etapa. As actuacións musicais celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía previo pago de entrada, pero a partir de 1985 pasou a ser totalmente gratuíto. As dificultades económicas, o cansazo dos organizadores, o declive de público e o escaso interese institucional motivaron a súa suspensión no ano 1988.
  2. Anos 1995 ‒ actualidade: Tras unha paréntese de sete anos o festival retornou en 1995 grazas ao apoio económico inicial da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e, sobre todo, do goberno municipal de Ortigueira encabezado polo seu entón alcalde, Jesús Varela Martínez. O concello de Ortigueira relevou á Escola de gaitas nas tarefas de organización do festival e comezou a recibir financiamento de patrocinadores privados como Estrella Galicia, Gadisa, Coca Cola e Abanca, entre outros.

Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains, Alan Stivell ou Ialma.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Festival Internacional do Mundo Celta
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?