For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Feminicidio.

Feminicidio

Memorial para unha muller morta en Chile en 2007

Feminicidio[1], ou femicidio, é un termo de crime de odio baseado no xénero, amplamente definido como o asasinato de mulleres, mais as definicións varían dependendo do contexto cultural.[2] A autora feminista Diana E. H. Russell, unha das primeiras en usar o termo, defíneo como "a matanza de mulleres por homes, porque elas son mulleres". Outras feministas colocan énfase na intención ou propósito do acto que está sendo dirixido ás mulleres especificamente porque son mulleres; outros inclúen a morte de mulleres por outras mulleres.[3]

Moitas veces cuestiónase a necesidade de definir o asasinato de mulleres separadamente do homicidio. Os críticos argumentan que máis do 80% dos asasinados son homes, polo que o termo incidiría demasiado no asasinato menos prevalente de mulleres. Alén diso, o estudo do femicidio é un desafío social.[4]

Definición

[editar | editar a fonte]

Hai autoras e autores que se basean na terminoloxía usada por Jill Radford e Diana Russel, en Femicide: The Politics of Woman Killing, de 1992. Marcela Lagarde, antropóloga e feminista mexicana, utiliza a categoría "feminicidio", (asasinato de mulleres, termo homólogo ao homicidio), mais engade a significación política de xenocidio contra as mulleres.[5]

Segundo Rita Laura Segato, a tentativa de Marcela Lagarde de separar as dúas definicións non foi efectiva, pois os dous termos son usados indistintamente nos traballos sobre o tema. De maneira política, as dúas categorías, femicidio e feminicidio, teñen sido utilizadas para describir e denunciar mortes de mulleres en distintos contextos sociais e políticos.[6]

A expresión femicidio – ou femicide como foi formulada orixinalmente en inglés – é atribuída a Diana Russell. Utilizouna por primeira vez en 1976, durante unha declaración perante o Tribunal Internacional de Crimes contra Mulleres en Bruxelas. Posteriormente, Russel e Jill Radford escribiron o libro Femicide: the politics of woman killing, que se tornou unha das principais referencias para os estudosos do tema.[7]

A categoría “femicidio” ou “feminicidio” gañou espazo no debate latinoamericano a partir das denuncias de asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez (México). Desde o inicio da década de 1990, prácticas de violencia sexual, tortura, desaparicións e asasinatos de mulleres téñense dado nun contexto de omisión do Estado e consecuente impunidade para os criminais, conforme a denuncia de activistas políticas.[8]

  1. "Feminicidio". Portal das Palabras. 25 de novembro de 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 06 de xuño de 2019. 
  3. Corradi, C., Marcuello-Servos, C., Boira, S. and Weil, S. 2016 'Theories of femicide and their significance for social research', Current Sociology 64(7): 975-995. Special Issue on Femicide. DOI:10.1177/0011392115622256.
  4. Marcuello-Servós, C, Corradi, C., Weil, S. and Boira, S. 2016a ‘Femicide: a Social Challenge’, Current Sociology 64(7):967-974. Special Issue on Femicide. DOI: 10.1177/0011392116639358.
  5. CARIBONI, Diana (2010). "¿Femicidio, feminicidio? El genocidio necesita un nombre en América Latina". Consultado o 29 de agosto de 2013. (en castelán)
  6. SEGATO, Rita Laura (2011). "Femigenocidio y feminicidio: una propuesta de tipificación". Revista Herramienta. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  7. RADFORD, Jill, and RUSSELL, Diana E. H. (Eds.) (1992). Twayne Publishers, ed. "Femicide: The Politics of Woman Killing" (PDF). New York. p. 379. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  8. PASINATO, Wânia (2011). "“Femicídios” e as mortes de mulheres no Brasil" (PDF). Cadernos Pagu. pp. 219–246. Consultado o 29 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Feminicidio
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?