For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Ein Gedi.

Ein Gedi

Coordenadas: 31°27′N 35°23′L / 31.450, -35.383

Fervenzas de David.
Nahal Arugot
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Ein Gedi (en hebreo עין גדי) é un oasis situado en Israel na ribeira oeste do mar Morto, preto de Masada e das covas de Qumrán. A aridez e a calor extremos prevalecen nesta rexión desértica durante a maior parte do ano. Os mananciais perennes de auga potable (ein significa "manancial") que flúen desde os altos riscos do deserto de Xudea fixeron posibles o asentamento e a agricultura desde tempos antigos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Ein Gedi menciónase en moitas fontes históricas e aparece varias veces en escrituras bíblicas, por exemplo, no Cantar dos Cantares (en hebreo שִׁיר הַשִּׁירִים, Shir Hashirim): "Ramo de flores de alheña nas viñas de En-gadi é o meu amado para min." [1]. David ocultouse de Saúl nas súas covas: "Cando Saúl volveu de perseguir aos filisteos, avisáronlle: «David está no deserto de En-gadi»." [2]

Descubríronse abundantes achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas a partir de 1960, que permitiron esbozar a longa historia deste singular sitio.

Un kibutz, fundado en 1956, está situado a un quilómetro do oasis. Ofrece varias atraccións turísticas e aproveita os patróns locais do tempo e da abundancia de auga natural para cultivar produtos fóra de estación. Antes da fundación do kibutz, a área de Ein Gedi non fora habitada permanentemente desde hai 500 anos.

Parque Nacional Ein Gedi

[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional de Ein Gedi foi creado en 1971[3] e é unha das reservas naturais máis importantes de Israel. O parque sitúase na fronteira este do deserto de Xudea, na costa do mar Morto, e cobre unha área de 6.250 acres (25 km²).

No Parque Nacional Ein Gedi flúen dous torrentes con auga pura ao longo de todo o ano, Nahal David (arroio de David) e Nachal Arugot (arroio de Arugot). Os torrentes de Shulamit e de Ein Gedi tamén flúen na reserva. Xuntos, os mananciais xeran aproximadamente tres millóns de metros cúbicos de auga por ano, gran parte da cal se utiliza para a agricultura ou se embotella para o consumo directo.

O parque é un santuario natural para moitos tipos de especies vexetais e animais. A vexetación inclúe plantas e árbores de rexións tropicais, desérticas, mediterráneas e de estepas, tales como acacias, azufaifos e álamos. Existen moitas especies diferentes de aves residentes, ás que se engaden máis de 200 especies durante os períodos da migración na rexión.

  1. "Cantares 1:14". Consultado o 12 de febreiro de 2107. 
  2. "I Samuel, 24:1". Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  3. "List of National Parks and Nature Reserves" (PDF) (en hebreo). Israel Nature and Parks Authority. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2009. Consultado o 2010-09-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Manuscrito de En-Gedi
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Ein Gedi
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?