For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Cromosoma 5.

Cromosoma 5

Cromosoma 5 humano
Cromosomas do par 5 humano con bandeado G. En cada individuo un cromosoma do par procede da nai e o outro do pai.
Cromosomas do par 5
nun cariograma humano masculino.
Características
Lonxitude (bp)181,538,259 bp
(GRCh38)[1]
No. de xenes839 (CCDS)[2]
TipoAutosoma
Posición do centrómeroSubmetacéntrico[3]
(48.8 Mbp[4])
Lista completa de xenes
CCDSLista de xenes
HGNCLista de xenes
UniProtLista de xenes
NCBILista de xenes
Visores de mapa externos
EnsemblCromosoma 5
EntrezCromosoma 5
NCBICromosoma 5
UCSCCromosoma 5
Secuencias de ADN completas
RefSeqNC_000005 (FASTA)
GenBankCM000667 (FASTA)

O cromosoma 5 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual cós demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), as células haploides teñen un só cromosoma 5, e as diploides teñen dous (un par). Pola posición do seu centrómero considérase un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 5 contén uns 181 millóns de pares de bases, e representa o 6% do total do ADN da célula. O cromosoma 5 é un dos cromosomas humanos máis longos, pero é un dos que ten unha densidade de xenes menor. Isto pode explicarse en parte polas numerosas rexións pobres en xenes que presentan un alto grao de ADN non codificante e conservación sinténica con vertebrados non mamíferos, o que suxire que están funcionalmente restrinxidos.[5]

A determinación dos xenes dun cromosoma depende do método utilizado, polo que as estimacións varían segundo o método utilizado. Pénsase que o cromosoma 5 probablemente contén entre 900 e 1.300 xenes.

Xenes

Algúns xenes do cromosoma 5 son:

  • ADAMTS2: ADAM metalopeptidase con motivo de trombospondina tipo 1, 2
  • APC: polipose adenomatosa de colon
  • CAST: Calpastatina
  • EGR1: proteína 1 de resposta ao crecemento temperá
  • ERAP1: aminopeptidase 1 do retículo endoplasmático (antes chamada ARTS-1)
  • ERAP2: aminopeptidase 2 do retículo endoplasmático
  • DTDST: transportador de sulfato da displasia diastrófica
  • ERCC8: proteína de reparación das excisións de ADN
  • FGFR4: receptor 4 do factor de crecemento de fibroblastos
  • GM2A: activador do gangliósido GM2
  • HEXB: hexosaminidase B (beta polipéptido)
  • MASS1: monogenic audiogenic seizure susceptibility 1 homolog (ratos)
  • MCCC2: metilcrotonoil-Coencima A carboxilase 2 (beta)
  • MTRR: 5-metiltetrahidrofolato-homocisteína metiltransferase redutase
  • NIPBL: Nipped-B homolog (Drosophila)
  • NSD1: Proteína correguladora da transcrición
  • Pikachurin: Responsable do funcionamento das fitas de sinapses; que permite que o ollo siga obxectos en movemento
  • SLC22A5: familia de transportadores de solutos 22 (transportador de catións orgánicos), membro 5
  • SLC26A2: familia de transportadores de solutos 26 (transportador de sulfatos), membro 2
  • SMN1: supervivencia de motoneurona 1, telomérico
  • SMN2: supervivencia de motoneurona 2, centromérico
  • SNCAIP: proteína que interaccióna coa alfa-sinucleína (sinfilina)
  • SPINK5: inhibidor da serina protease de tipo Kazal 5 (LEKTI)
  • SPINK6: inhibidor da serina protease de tipo Kazal 6
  • SPINK9: inhibidor da serina protease de tipo Kazal 9 (LEKTI-2)
  • TCOF1: síndrome de Treacher Collins-Franceschetti 1
  • TGFBI: queratoepitelina
  • TTC37: dominio repetido tetratricopéptido 37
  • FGF1: factor de crecemento de fibroblastos 1 (factor de crecemento de fibroblastos ácido)

Enfermidades asociadas

Algunhas enfermidades asociadas co cromosoma 5 son:

  • acondroxénese tipo 1B
  • atelosteoxénese, tipo II
  • síndrome de cocaína
  • síndrome de Cornelia de Lange
  • distrofia corneal da capa de Bowman, tipo I
  • distrofia corneal da capa de Bowman, tipo II
  • cri du chat
  • displasia diastrófica
  • síndrome de Ehlers-Danlos
  • síndrome de Ehlers-Danlos, tipo dermatosparaxis
  • polipose adenomatosa familiar
  • distrofia corneal granular tipo I
  • distrofia corneal granular tipo II
  • gangliosidose GM2, variante AB
  • homocistinuria
  • deficiencia de 3-Metilcrotonil-CoA carboxilase
  • síndrome de Netherton
  • dependencia á nicotina
  • enfermidade de Parkinson
  • deficiencia de carnitina primaria
  • displasia epifisal múltiple recesiva
  • enfermidade de Sandhoff
  • atrofia muscular espiñal
  • síndrome de Sotos
  • atrofia muscular espiñal de supervivencia de motoneuronas
  • síndrome de Treacher Collins
  • síndrome trico-hepato-entérico
  • síndrome de Usher
  • síndrome de Usher tipo II

Trastornos cromosómicos

As seguintes condicións son causadas por cambios na estrutura ou no número de copias do cromosoma 5:

  • A síndrome cri-du-chat está causado por unha deleción do final do brazo curto (p) do cromosoma 5. Este cambio cromosómico escríbese 5p-. Os signos e síntomas da síndrome cri-du-chat están probablemente relacionadas coa perda dos múltiples xenes desta rexión. Os investigadores non identificaron todos estes xenes nin determinaron como a súa perda orixina as características deste desorde. O que si se sabe é que as delecións grandes tenden a producir un maior atraso mental grave e atrasos do desenvolvemento en persoas con síndrome cri-du-chat.
Os investigadores definiron estreitas rexións do brazo curto do cromosoma 5 que están asociadas con características particulares da síndrome cri-du-chat. Unha rexión específica denominada 5p15.3 está asociada cun chío similar ao miar dun gato, e unha rexión próxima chamada 5p15.2 está asociada con atraso mental, microcefalia, e certas características faciais.
  • A polipose adenomatosa familiar está causada pola deleción do xene supresor de tumores APC do brazo longo (q) do cromosoma 5. Este cambio cromosómico orixina miles de pólipos no colon que dexeneran en cáncer se non se fai unha colostomía total.
  • Outros cambios no número ou estrutura do cromosoma 5 poden ter varios efectos, incluíndo atraso no crecemento e desenvolvemento, características faciais distintivas, defectos de nacemento, e outros problemas médicos. Os cambios no cromosoma 5 inclúen un segmento extra dos brazos curto (p) ou longo (q) do cromosoma en cada célula (trisomía parcial 5p ou 5q), un segmento perdido do brazo longo do crmosoma en cada célula (monosomía parcial 5q), e unha estrutura circular chamada cromosoma anular 5. Un cromosoma anular orixínase cando ambos os extremos dun cromosoma roto volven a unirse.

Notas

  1. "Human Genome Assembly GRCh38 - Genome Reference Consortium". National Center for Biotechnology Information (en inglés). 2013-12-24. Consultado o 2017-03-04. 
  2. "Search results - 5[CHR] AND "Homo sapiens"[Organism] AND ("has ccds"[Properties] AND alive[prop]) - Gene". NCBI. CCDS Release 20 for Homo sapiens. 2016-09-08. Consultado o 2017-05-28. 
  3. Tom Strachan; Andrew Read (2 April 2010). Human Molecular Genetics. Garland Science. p. 45. ISBN 978-1-136-84407-2. 
  4. Genome Decoration Page, NCBI. Ideogram data for Homo sapiens (850 bphs, Assembly GRCh38.p3). Última actualización 2014-06-03. Consultado o 2017-04-26.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2012. 

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Cromosoma 5
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?