For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Crocodylus rhombifer.

Crocodylus rhombifer

Crocodylus rhombifer
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Xénero: Crocodylus
Especie: C. rhombifer
Nome binomial
Crocodylus rhombifer
Cuvier, 1807
Área de distribución do crocodilo cubano
Área de distribución do crocodilo cubano

Área de distribución do crocodilo cubano

O Crocodylus rhombifer, xeralmente chamado crocodilo cubano, é unha pequena especie de crocodilo que se encontra só en Cuba. A súa lonxitude habitual é de entre 2,1 e 2,3 m e adoita pesar entre 70 e 80 kg. Os machos grandes poden chegar como moito aos 3,5 m de lonxitude e pesar algo máis de 215 kg. Malia o seu modesto tamaño, é un animal moi agresivo e potencialmente perigoso para os humanos.

O crocodilo cubano é interesante para os biólogos por ter algúns trazos físicos e de comportamento únicos. Ten patas longas e fortes, e é o de costumes máis terrestres de todos os crocodilos existentes. Os seus hábitats preferidos son ambientes de auga doce como pantanos e ríos. Alí, os adultos aliméntanse de peixes, tartarugas e pequenos mamíferos, mentres que os xoves comen invertebrados e pequenos peixes. O apareamento ocorre en maio e xullo. Os animais en catividade mostran un comportamento de caza cooperativa e poden aprender algúns trucos.

Está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza. Antes estaba espallado polo Caribe, pero a súa área de distribución foi minguando ata incluír só o pantano Zapata e a illa de Pinos (ou da Juventud), debido á caza humana. Hai proxectos de crianza en catividade para axudar a especie a recuperarse.

Características

[editar | editar a fonte]

O crocodilo cubano ten bastantes características que o separan doutros crocodilianos, como as súas cores máis brillantes, escamas máis fortes, máis avultadas e patas longas e fortes. É un crocodilo de tamaño pequeno a medio. Os adultos miden normalmente entre 2,1 e 3,3 m e pesan de 70 a 80 kg.[2] Os machos grandes poden chegar a 3,5 m e 215 kg ou máis.[3]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Hoxe, o crocodilo cubano só pode encontrarse no pantano Zapata da illa de Cuba e na illa de Pinos (Juventud), e está en grave perigo de extinción. Antigamente podía atoparse por todo o Caribe. Hai restos fósiles desta especie nas Illas Caimán[4] e as Bahamas.[5][6]

Prefire hábitats de augas doces como pantanos e ríos e raramente nada en auga salgada.[7]

Bioloxía e comportamento

[editar | editar a fonte]

Esta especie presenta comportamentos interesantes que outros crocodilianos non realizan. Unha colonia en catividade desta especie en Gatorland, Florida, mostrou o que se sospeita que era un comportamento de caza en grupo, que pode explicar a predación da megafauna prehistórica que coexistiu con esta especie, como o preguiceiro xigante.[8] Esta especie é o máis terrestre de todos os crocodilos, e tamén posiblemente o máis intelixente.[9]

Caza e dieta

[editar | editar a fonte]

A súa dieta está formada inicialmente por pequenos peixes, artrópodos e crustáceos. Os adultos aliméntanse principalmente de pequenos mamíferos, peixes e tartarugas. Teñen dentes traseiros romos, cos que poden romper as coirazas das tartarugas que capturan. Tamén realizan a técnica de cazar saltando da auga que se observa noutros crocodilianos como o aligátor do Mississippi. Impulsándose coas súas poderosas colas poden saltar da auga e apañar pequenos animais situados nas ramas que colgan sobre a auga.[10] O crocodilo cubano, aínda que non é especialmente grande, é xeralemnte considerado o crocodilo máis agresivo do Novo Mundo,[11] e é, en canto comportamento, dominante sobre o máis grande crocodilo americano en áreas nas que coexisten as dúas especies.[12] Os datos sobre ataques a seres humanos son limitados, pero os casos son raros debido á pequena área de distribución do animal.

Espécime no Zoo de Miami

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A estación reprodutora desta especie é entre os meses de maio e xullo.[13] Isto secre que está relacionado con cambios ambientais, como as precipitacións e temperaturas.[14] Na natureza, aniñan en pantanos húmidos; onde forman trincheiras e cobren os ovos con materia orgánica.[14] En catividade, os crocodilos fan niños con forma de morea. Poñen entre 30 e 40 ovos e o período estimado de incubación é de 58 a 70 días.[13] A eclosión pode ocorrer desde finais de agosto a inicios de setembro. Debido á depredación que sofren por parte dos humanos, mapaches, e outros animais, moitos ovos non chegan a eclosionar. Ao naceren, as crías son de aproximadamente 5 a 8 cm de lonxitude e 120 g de peso.[14] Igual que noutros crocodilianos, o sexo das crías do crocodilo cubano está determinado pola temperatura no niño. Nas instalacións de cría e conservación, os ovos lévanse a incubadoras onde están nun ambiente constante de 32 graos Celsius para que se produzan machos.[14][15] É unha especie agresiva que pode cometer actos de canibalismo, o que contribúe a que gran parte da descendencia non sobreviva á idade xuvenil.

Conservación

[editar | editar a fonte]
Crocodilo cubano

O crocodilo cubano está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza e no Apéndice 1 da lista do CITES. O seu hábitat restrrinxido e reducida área de distriución fano moi vulnerable. Os humanos cazaron esta especie case ata a súa extinción. Quedan moitas investigacións que facer sobre esta especie nas poboacións silvestres que quedan. A especie ten exemplares en catividade en Europa e os Estados Unidos, onde se iniciaron proxectos de cría en catividade. No pasado houbo problemas de hibridación, especialmente co crocodilo americano, o que limitaba a poza xénica pura da especie.[10][16]

  1. "Crocodylus rhombifer". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. Consultado o 2014-04-10. 
  2. [1]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  4. Morgan, Gary; Franz, Richard; Ronald Crombie (1993). "The Cuban Crocodile, Crocodylus rhombifer, from Late Quaternary Fossil Deposits on Grand Cayman" (PDF). Caribbean Journal of Science 29 (3–4): 153–164. 
  5. Franz, Richard; Morgan, G; Albury, N; Buckner, S (1995). "Fossil skeleton of a Cuban crocodile (Crocodylus rhombifer) from a blue hole on Abaco, Bahamas". Caribbean Journal of Science 31 (1–2): 149–152. 
  6. Steadman, D. W.; et al. (2007-12-11). "Exceptionally well preserved late Quaternary plant and vertebrate fossils from a blue hole on Abaco, The Bahamas". PNAS 104 (50): 19897–19902. PMC 2148394. PMID 18077421. doi:10.1073/pnas.0709572104. 
  7. "National Zoo". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  8. Alexander, Marc (2006-01-01). "Last of the Cuban crocodile?". Americas (English Edition) (Organization of American States). ISSN 0379-0940. Consultado o 2010-07-09. 
  9. ""Smart Reptiles"". Dragons Alive (en English). BBC, Animal Planet. Crocodiles are known to respond to various sounds but the way these Cuban crocs react to training illustrates a different level of intelligence. 
  10. 10,0 10,1 University of Florida
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  13. 13,0 13,1 Kristen, P. (2001). Crocodylus Rhombifer. Retrieved from Animal Diversity Web : .http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Crocodylus_rhombifer/
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Ramos Taragon, R. S. (2010). Cuban crocodile (Crocodylus rhombifer). In S. M. C.Stevenson, Crocodiles Status Survey and Conservation Action Plan (pp. 114-118). Crocodile Specialist Group : Darwin .
  15. Press., A. (2012, July 20). After decades, Cuban Crocodiles Born At D.C Zoo. Retrieved from CBS Baltimore: http://baltimore.cbslocal.com/2012/07/20/after-decades-cuban-crocodiles-born-at-dc-zoo/
  16. Weaver, J. P.; Rodriguez, D.; Venegas-Anaya, M.; Cedeño-Vázquez, J. R.; Forstner, M. R. J.; Densmore, L. D. III (2008). "Genetic characterization of captive Cuban crocodiles (Crocodylus rhombifer) and evidence of hybridization with the American crocodile (Crocodylus acutus)". Journal of Experimental Zoology Part A: Ecological Genetics and Physiology 309A (10): 649–660. doi:10.1002/jez.471. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Crocodylus rhombifer
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?