For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Como 1907.

Como 1907

Como
NomeComo 1907 S.r.l.
Fundación1907
2005 (refundado)
2005 (refundado)
EstadioGiuseppe Sinigaglia
Inauguración1927
Capacidade13,602
PropietarioDjarum
PresidenteInglaterra Dennis Wise
AdestradorItalia Giacomo Gattuso
LigaSerie B
2022/2313º
Na rede
https://comofootball.com/
Facebook: como1907srl Twitter: Como_1907 Instagram: comofootball Youtube: UCCSgBfz78cc9JmIN7a7MCSg TikTok: comofootball1907 Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Como 1907, coñecido simplemente como Como, é un club de fútbol italiano con sede en Como, Lombardía. Fundado en 1907, milita na Serie B, a segunda categoría do fútbol italiano. O seu equipamento habitual é de cor azul.[1]

O Como militou durante 13 tempadas na Serie A, obtendo como mellor resultado o da campaña da súa estrea na máxima categoría, a 1949/50, na que rematou sexto.

A 2002/03 foi a súa última tempada na Serie A, e a continuación sufriu tres descensos consecutivos ata a Serie C2. O club foi á quebra e foi refundado en 2005, pero volveu caer en bancarrota en 2016. Ao ano seguinte foi de novo refundado e admitido na Serie D,[2] ascendendo á Serie C en 2019 e á Serie B en 2021.

O Como ascendeu por primeira vez á Serie A en 1949 e na súa estrea na máxima categoría do fútbol italiano logrou un sexto posto. Tras catro anos na elite descendeu ao remate da tempada 1952/53. Pasaron dúas décadas ata que o club conseguiu acadar de novo a Serie A, logrando o ascenso na tempada 1974/75. Volveu descender só un ano despois, e en 1978 caeu ata a Serie C1, pero cun equipo reconstruído con destacados futbolistas como Pietro Vierchowod, o Como logrou dous ascensos consecutivos ata a Serie A, na que permaneceu durante dúas campañas (1980–82).

O club lombardo conseguiu outro ascenso á Serie A en 1984, e mantívose durante cinco anos na categoría. Con xogadores como Dan Corneliusson, Stefano Borgonovo ou Pasquale Bruno, acadou dous noveno posto nas tempadas 1985/86 e 1986/87. O descenso de 1989 deu inicio a un período de malos resultados, que levaron o equipo a militar durante a maior parte da década de 1990 na Serie C1 coa única excepción da campaña 1994/95.

Quebra e breve ascenso á Serie B

[editar | editar a fonte]

A comezos do século XXI o Como experimentou un breve renacemento, conseguindo dous ascensos consecutivos dende a Serie C1 ata a Serie A. Con todo, a experiencia na máxima categoría durou só un ano, e o equipo sufriu tres descensos consecutivos nas tres seguintes tempadas, baixando ata a Serie C2 e caendo en bancarrota en 2004.[3] O club foi liquidado e refundado como Calcio Como Srl,[4] iniciando a súa nova andaina na Serie D durante a tempada 2005/06 . Case unha década despois, na campaña 2014/05, o equipo logrou regresar á Serie B, tras vencer ao Bassano Virtus na fase de ascenso, pero volveu caer á terceira categoría na seguinte campaña.

FC Como / Como 1907

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2016/17 xurdiron novos problemas económicos, que provocaron unha nova bancarrota do club. Os activos da entidade foron adquiridos por Akosua Puni Essien, esposa do futbolista ghanés Michael Essien e primeira empresaria estranxeira do fútbol italiano (a través da súa empresa FC Como Srl).[5]

Con todo, a Federación Italiana de Fútbol (FIGC) rexeitou a solicitude do FC Como como sucesor do Como na Serie C 2017/18,[6] xa que non cumpría todos os requisitos do artigo 52 da NOIF.[7] No seu lugar, outro club chamado Como 1907 Srl,[8] foi admitido na Serie D 2017/18 como sucesor do Como orixinal.[9][10]

En 2019 o equipo conseguiu o ascenso á Serie C e dous anos despois á Serie B.

Desde 2019, o club é propiedade da empresa indonesia Djarum Group dirixida por Michael Hartono e Robert Budi Hartono. Dennis Wise, ex xogador do Chelsea, foi nomeado presidente.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Clubs de fútbol de Lombardía" (PDF). crlombardia.it (en italiano). 2 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xuño de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  2. "Comunicato Ufficiale N° 14 del 14/8/2017" (PDF). seried.lnd.it (en italiano). Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  3. Binda, Nicola (29 de decembro de 2004). "«Ecco come salverò il Como»". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  4. "CALCIO COMO S.R.L.". legaproago.football.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  5. "Il Como è di Lady Essien: «Vi porteremo in serie B»" (en italiano). 16 de marzo de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  6. "LEGA PRO: L'ESITO DEL CONSIGLIO DIRETTIVO" (Nota de prensa) (en italiano). Lega Pro. 3 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  7. Improta, Marcellino (28 de xuño de 2017). "Como, secondo il regolamento è fuori dalla Lega Pro" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  8. "Comunicato Ufficiale N° 14 del 14/8/2017" (PDF). Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  9. Vitale, Michela (2 de agosto de 2017). "Como 1907 ammesso in sovrannumero alla serie D intanto arriva il nuovo sponsor tecnico" (en italiano). Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  10. "Serie D 2017/2018: I gironi" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Como 1907
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?