For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Club do Mar Mugardos.

Club do Mar Mugardos

Club do Mar Mugardos
Tipoclub de remo
Deporteremo
Data de fundación1962
Localización
EnderezoRúa Cantón de Cora, 16
EnMugardos
PaísGalicia
43°27′41″N 8°15′32″O / 43.461433888889, -8.258795
Na rede
http://www.clubdomarmugardos.com/
editar datos en Wikidata ]
Embarcación do CMM na BTH 2012.

O Club do Mar Mugardos é unha entidade deportiva galega da localidade de Mugardos dedicada principalmente á práctica do remo. A entidade fundouse en 1962 e compite na Liga Galega de Traiñeiras (LGT).

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

As primeiras novas do remo a nivel deportivo en Mugardos remóntanse ata finais dos anos '40 coa participación de traiñeiras mugardesas na Copa do Xeneralísimo, competición que gañaron en 1948 baixo a denominación de Cofradía de Pescadores de Mugardos coa traiñeira María Pita, o terceiro posto en 1950 baixo a denominación Hogar del Productor Mugardos, e tres sextos postos en 1949 (como Hogar del Productor Mugardos), 1951 e 1952 (os dous como Educación y Descanso Mugardos). As traiñeiras mugardesas continuaron a competir durante os anos '50 baixo distintas denominacións.

Fundación e primeiros éxitos

[editar | editar a fonte]

No ano 1962 fundouse o Club do Mar de Mugardos con Luís Dieste, un experimentado remeiro, patrón e adestrador, como presidente. Durante os anos '60 o club colleitou os seus maiores logros en categoría sénior, conseguindo o campionato de España de bateis nos anos 1963 e 1966 celebrado en Avilés e Cedeira respectivamente, así como o subcampionato en 1965 en Castropol e numerosos Campionatos Galegos (todos os disputados entre 1962 e 1967, así como o de 1969). A estes logros en categoría sénior hai que sumar o campionato de España de lolas conquistado en 1965 en categoría xuvenil en Ferrol.

A finais dos 60 construíuse o local social do club e comezouse coa práctica do remo de banco móbil e outras disciplinas deportivas como o balonmán, chave, boxeo, xogos de mesa ou a pesca deportiva, o que converteu á entidade no principal eixo deportivo da localidade.

Os anos '70 e '80

[editar | editar a fonte]

Durante as seguintes dúas décadas o CM Mugardos continuou a conseguir importantes logros en categoría sénior como o campionato de España de bateis de 1971 en Portugalete ou o campionato galego de bateis de 1973 e 1987, que estiveron acompañados de numerosos logros en categorías inferiores. Porén, nesta época o club non contou con ningunha traiñeira na auga.

A volta das traiñeiras

[editar | editar a fonte]

Logo de varios anos sen sacar ningunha traiñeira á auga, a principios dos anos '90, o Club do Mar Mugardos regresou á competición de traíñas tras integrarse no proxecto "Cidade de Ferrol" que aglutinou aos clubs de remo da ría de Ferrol nunha soa traiñeira. Rematado este proxecto o club non volveu á competición de traiñeiras ata o ano 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Club do Mar Mugardos
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?