For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Chaira do norte da China.

Chaira do norte da China

A chaira do Norte da China, rodeada ao norte e ao oeste polas montañas, co mar Amarelo ao leste. Ao nordés vese fluír a través da chaira o río Amarelo antes de que desemboque no mar de Bohai, o golfo máis interno do mar Amarelo. Na parte superior esquerda da imaxe preto das montañas, sitúase a capital chinesa, Pequín, semellante a un círculo sombreado.

A chaira do norte da China (en chinés tradicional 華北平原; en chinés simplificado 华北平原; en pinyin Huáběi Píngyuán), situada no nordés da China, é unha ampla rexión xeográfica formada polos sedimentos dos ríos Amarelo e Huai, que chegan a ter ata 900 metros de profundidade. É a maior chaira aluvial da Asia oriental e unha das zonas máis densamente poboadas do mundo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está delimitada polas montañas Yan polo norte, e polas Taihang polo oeste. Cara ao sur únese coa chaira do río Yangtzé. Dende o nordés ata o sueste, chega ata as costas dos mares de Bohai e Amarelo. O río Amarelo flúe pola chaira ata a súa desembocadura no mar de Bohai. No límite noroeste da chaira atópase Pequín e na súa costa nordés Tianjin. A maior parte da chaira atópase a menos de 50 metros de altura sobre o nivel do mar.

Economía

[editar | editar a fonte]

A chaira do norte da China é a zona de maior produción de sorgo, millo miúdo, millo e algodón de toda a República Popular da China. Tamén se cultiva trigo, sésamo, cacahuete e tabaco. Conta con importantes xacementos petrolíferos en Dagang (Tianjin) e en Shengli (Shandong).

Importancia na historia da China

[editar | editar a fonte]
Vista da chaira

A xeografía da chaira tivo profundas implicacións culturais e políticas dende hai miles de anos. Ao contrario que o sur da China, esta zona non está dividida por montañas ou ríos, polo que as comunicacións dacabalo eran rápidas, o que fixeron que o centro político da China tendese a localizarse nesta área. Como resultado, tamén a fala da zona é relativamente uniforme en contraste coa plétora de dialectos do sur do país.[1] Xa antes da dinastía Qin, Luoyang e as súas áreas próximas eran consideradas "o centro do mundo". A sede política da dinastía Xia localizábase ao redor de Songshan e o val do río Yiluo.

Debido a que o fértil chan da chaira se une gradualmente coas estepas e os desertos da Asia Central, sen barreiras naturais entre as distintas rexións, a zona foi propensa ás invasións procedentes desa zona e tamén de Manchuria, o que levou á construción da Gran Muralla Chinesa.

Aínda que o seu chan é fértil, o tempo é impredicible, xa que se atopa nun punto de intersección entre os ventos húmidos do Pacífico e os secos do interior, o cal provoca alternativamente tanto secas como inundacións. Estas chegan a ter consecuencias desastrosas cando os diques de contención dos ríos sofren danos. En opinión de moitos historiadores, estes factores fomentaron o desenvolvemento dun estado chinés centralizado co fin de manter abastecidos os almacéns de gran e de manter as obras hidráulicas e as fortificaciones construídas como defensa contra os pobos da estepa.

  1. Ramsey, S. Robert, The Languages of China. Princeton University Press (1987), páx. 19-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Chaira do norte da China
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?