For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Calendario romano xeral.

Calendario romano xeral

O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Durante o primeiro século do cristianismo latino non existía máis que un calendario temporal moi sinxelo, que incluía como festas especiais, Nadal, Pascua cristiá e Pentecoste e moi axiña quedou incluída a Epifanía[1], de orixe oriental. A primeira noticia que se ten do culto aos mártires data de aproximadamente o ano 167 e ata o século IV era unha práctica estritamente local realizada nas capelas dos cemiterios[2], así o máis antigo calendario litúrxico romano conservado, compilado por Filocalo no ano 354 inclúe o Depositio episcoporum, unha lista de papas, e o Depositium martyrium cunha lista de 52 mártires, todos romanos agás tres de Cartago[3]. Progresivamente iniciouse o costume de transportar as reliquias á igrexa local ou doutras localidades. Progresivamente comezaron a adoptarse varias festas de orixe bizantina relacionadas coa Virxe, como a Solemnidade de Santa María Nai de Deus no século V[4], e no século VII a Natividade[5], a Purificación[6], a Anunciación[7] e a Asunción de María[8] á vez que o culto aos santos ía tomando carácter universal, editándose os santorais á parte e chegando nos séculos XIII e XIV a ter unhas proporcións desmesuradas e sorprendentes[9]. No concilio de Trento realizouse unha fonda reforma do calendario litúrxico entre 1568 e 1570 simplificándoo, conservando só oito santos posteriores ao ano 1000 e deixando 157 días libres de festas [10], así e todo co paso dos séculos o santoral foise sobrecargando de novo e en 1911 ao iniciar Pío X a reforma do santoral, este contaba con 356 festas, que non puideron corrixir as reformas de 1914 e 1960 e ao comezar os traballos do concilio Vaticano II estableceuse a necesidade dunha reforma do calendario para que o ciclo temporal mantivera a superioridade sobre a festa dos santos. Así o papa Paulo VI estableceu en 1964[11] unha comisión posconciliar para a establecer a constitución litúrxica, cun grupo de estudo dedicado á revisión do calendario, que concretou no novo calendario romano, o calendario romano xeral, promulgado o 14 de febreiro de 1969 polo Papa e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1970.

Selección de santos incluídos

[editar | editar a fonte]

O calendario romano xeral asigna celebracións de santos a aproximadamente a metade dos días do ano, contendo só unha parte pequena dos santos listados no Martyrologium Romanum, que tampouco inclúe todos os santos lexitimamente venerados na Igrexa católica; e así a canonización implica a adición do nome do santo ao Martyrologium pero non quere dicir que se insira no calendario romano xeral, que menciona só unha moi limitada selección de santos canonizados, e que non estean incluídos no calendario non indica que non sexan venerados polos católicos. No calendario só se inclúen santos de significancia universal, representando o conxunto de eras, rexións xeográficas e grupos culturais, e no posible a súa festa asígnase ao día do que a igrexa considera o seu "nacemento" á vida eterna[12].

  • Bautismo do Señor, o domingo seguinte á festa da epifanía, ou se esta é o 7 ou 8 de xaneiro o luns seguinte.
  • Mércores de Cinsa, corenta e seis días antes de Pascua.
  • Domingo de Ramos, o domingo anterior á Pascua.
  • Xoves Santo, xoves anterior á Pascua.
  • Venres Santo, venres anterior á Pascua.
  • Pascua, o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera.
  • Festa da Divina Misericordia, o primeiro domingo despois de Pascua.
  • Día da Ascensión, corenta días despois da Pascua.
  • Pentecoste, cincuenta días despois de Pascua.
  • Domingo de Trindade, o primeiro domingo despois de Pentecoste.
  • Corpus Christi, o xoves seguinte ao domingo de Trindade, ou onde non é festa de gardar o domingo seguinte.
  • Festa do Sagrado Corazón de Xesús, venres seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste.
  • Inmaculado Corazón de María, sábado seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste.
  • Festa de Cristo Rei, o derradeiro domingo do ano litúrxico.
  • Festa da Sagrada Familia, o domingo da oitava de Nadal.

Festas fixas

[editar | editar a fonte]
  • 1 de xaneiro - Solemnidade de Santa María Nai de Deus; solemnidade
  • 2 de xaneiro - Santos Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno, bispos e doutores; memoria
  • 3 de xaneiro - Festa do Santísimo Nome de Xesús; memoria opcional
  • 6 de xaneiro - Epifanía, en países onde non é festa de gardar celébrase o primeiro domingo despois do 1 de xaneiro
  • 7 de xaneiro - San Raimundo de Penyafort, presbítero; memoria opcional
  • 13 de xaneiro - Santo Hilario de Poitiers, bispo e doutor; memoria opcional
  • 17 de xaneiro - Santo Antón de Exipto, abade; memoria
  • 20 de xaneiro - Papa Fabián ou san Sebastián, mártires; memoria opcional
  • 21 de xaneiro - Santa Einés, virxe e mártir; memoria
  • 22 de xaneiro - San Vicente, diácono e mártir; memoria opcional
  • 24 de xaneiro - San Francisco de Sales, bispo e doutro; memoria
  • 25 de xaneiro - Conversión de san Paulo; festa
  • 26 de xaneiro - Santos Timoteo e Tito, bispos; memoria
  • 27 de xaneiro - Santa Ánxela Merici, virxe; memoria opcional
  • 28 de xaneiro - San Tomé de Aquino, presbítero e doutor; memoria
  • 31 de xaneiro - San Xoán Bosco, presbítero; memoria
  • 2 de febreiro - Presentación do Señor
  • 3 de febreiro - San Brais ou santo Óscar, opcional
  • 5 de febreiro - Santa Ádega
  • 6 de febreiro - San Paulo Miki e compañeiros
  • 8 de febreiro - San Xerome Emiliani ou santa Xosefina Bakhita, opcional
  • 10 de febreiro - Santa Escolástica
  • 11 de febreiro - Nosa Señora de Lourdes, opcional
  • 14 de febreiro - Santos Cirilo e Metodio
  • 17 de febreiro - Sete santos fundadores da Orde dos Servitas, opcional
  • 21 de febreiro - San Pedro Damián, opcional
  • 22 de febreiro - Cátedra de san Pedro
  • 23 de febreiro - San Policarpo
  • 1 de xuño - San Xustino Mártir
  • 2 de xuño - Santos Marcelino e Pedro, opcional
  • 3 de xuño - San Carlos Lwanga e compañeiros
  • 5 de xuño - Santo Bonifacio
  • 6 de xuño - San Norberto, opcional
  • 9 de xuño - Santo Efrén, opcional
  • 11 de xuño - San Bernabeu o Apóstolo
  • 13 de xuño - Santo Antonio de Padua
  • 19 de xuño - San Romualdo, opcional
  • 21 de xuño - San Luís Gonzaga,
  • 22 de xuño - San Paulino de Nola ou san Xoán Fisher e san Tomé Moro, opcional
  • 24 de xuño - Natividade de san Xoán o Bautista
  • 27 de xuño - San Cirilo de Alexandría, opcional
  • 28 de xuño - Santo Ireneo
  • 29 de xuño - Festa de San Pedro e San Paulo
  • 30 de xuño - Primeiros mártires da igrexa romana, opcional
  1. VV.AA. (1977) Nueva Historia de la Iglesia, vol 2 Ediciones Cristiandad, p. 159
  2. Giovanni Filoramo (2001) Diccionario Akal de las Religiones, Akal, p. 215
  3. Éamonn Ó Carragáin, Éamonn Ó e Neuman de Vegvar, Carol L. ( 2007) Roma Felix: Formation and Reflections of Medieval Rome Ashgate Publ., p. 20
  4. Bonneau, Normand (1998) The Sunday Lectionary: Ritual Word, Paschal Shape Liturgical Press, p. 123
  5. "Valentini, A. (1985) "Birth of Mary", Dictionary of Mary, Catholic Book Publishing Company, New York, 1985". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  6. [Holweck, F. (1908). Candlemas. In The Catholic Encyclopedia. New York: Robert Appleton Company. Retrieved February 10, 2014 from New Advent: http://www.newadvent.org/cathen/03245b.htm]
  7. Bergamini, Augusto (1995) Cristo, fiesta de la Iglesia. El año litúrgico San Pablo, p. 485
  8. Espín, Orlando O. E Nickoloff, James B. (2007) An Introductory Dictionary of Theology and Religious Studies Liturgical Press, p. 95
  9. Bernal, José Manuel (1984) Introducción al año litúrgico, Cristiandad, p. 278
  10. Basurko, Xabier (2006) Historia de la liturgia Centre de Pastoral Liturgica, p. 322
  11. Post, Paul et al. (2001) Christian Feast and Festival: The Dynamics of Western Liturgy and Culture. Peeters:Leuven, p. 478
  12. McFarland, Jason J. "An Overview of Universal Norms on The Liturgical Year and The General Roman Calendar" in Driscoll, Michael S. (2012) The Liturgy Documents: Essential Documents for Parish Worship. Volume 1, Liturgy Training Publications, p. 205

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Calendario romano xeral completo (en latín)

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Calendario romano xeral
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?