For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Calírroe (lúa).

Calírroe (lúa)

Calírroe
Imaxe procedente do proxecto Spacewatch, tomada en 1999 .
Descubrimento[1]
Descuberta polo proxecto Spacewatch
Descuberta dende o Observatorio Kitt Peak[2]
Descuberta no Out-Nov de 1999
Designacións alternativas
e temporais
Xúpiter XVII

S/1999 J 1[1]
1999 UX18[1][3]

Características orbitais [4]
Eixo semi-maior 24 103 000 km
Excentricidade 0,2829
Período orbital 758,77 d (2,1 a)
Inclinación 147,167°
Anomalía media 152,818
Lonxitude do nodo ascendente 89,00°
Argumento do perihelio 30,477°
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Radio medio ~8,6 km[5]
Albedo 0,04 (asumido)
Magnitude aparente 20,7

Calírroe (ou en grego Καλλιρρόη), tamén coñecida coma Xúpiter XVII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta a través do proxecto Spacewatch residente no Observatorio Kitt Peak, entre os días 6 de outubro ó 4 de novembro do ano 1999,[2] e orixinariamente fora designada coma un asteroide, o asteroide 1999 UX18.[3][6] Tim Spahr descubriu que en realidade orbitaba Xúpiter o 18 de xullo do ano 2000 e a lúa recibiu a designación provisional de S/1999 J 1.[1][7] O cal confirmaba a esta lúa coma a décimo sétima lúa de Xúpiter.[2]

Calírroe ten uns 8,6 quilómetros de diámetro,[5] e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,1 millóns de kms, tarda 758 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 141° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,28. Calírroe ten unha magnitude aparente de 20.7,[5] o que a fai un pouco menos brillante có planeta anano Eris que ten unha magnitude 18,7.[8] Xúpiter é 2,5 millóns de veces máis brillante cá Calírroe.[9] Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Calírroe na mitoloxía grega era filla do deus Aqueloo, deidade do río do mesmo nome, Calírroe tamén foi unha das moitas conquistas de Zeus (Xúpiter).[10]

Coma exercicio de navegación, a sonda New Horizons tomou imaxes da lúa o 10 de xaneiro do 2007.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Brian G. Marsden (20-07-2000). UAI, ed. "IAUC 7460: S/1999 J 1". Arquivado dende o orixinal o 26-04-2006. Consultado o 03-11-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Minor Planet Center (ed.). "New Outer Satellite of Jupiter Discovered". Consultado o 23-07-2009. 
  3. 3,0 3,1 SpaceFlight Now (University of Arizona News Release) (ed.). "New moon of Jupiter found". Consultado o 23-07-2009. 
  4. Jacobson, R.A. (2006) JUP261 (03-04-2009). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 23-07-2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (03-04-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 23-07-2008. 
  6. MPS 7418 (Minor Planet Circulars Supplement); non dispoñible en liña
  7. MPEC 2000-Y16: S/1975 J 1 = S/2000 J 1, S/1999 J 1 19-12-2000 (descubrimento e efemérides)
  8. Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (136199) Eris Ephemerides". Arquivado dende o orixinal o 04-06-2011. Consultado o 16-03-2009. 
  9. (raíz a quinta de 100)^(20,7-(-2,8))=2,51 millóns
  10. IAUC 7998: Satellites of Jupiter 2002 October 22 (bautizando a lúa)
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2007. Consultado o 06 de marzo de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Calírroe (lúa)
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?