For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Decadencia do Imperio Romano.

Decadencia do Imperio Romano

Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Tradución parcial de es:Historiografía de la caída del Imperio romano, compre trasladar a "Historiografía da caída do Imperio romano" (d:Q62072405) e traer aquí outros contidos (d:Q608613) Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2024)
A Porta Maggiore de Roma. Gravado de Giovanni Battista Piranesi (1775).

A decadencia e caída do Imperio romano é un concepto historiográfico que fai referencia ás transformacións operadas durante a Anarquía Militar e o Baixo Imperio Romano, que a partir de 395 conduciron a unha rápida deterioración do poder romano, e ao afundimento do Imperio de Occidente, cuxo derradeiro emperador efectivo, Rómulo Augústulo, foi deposto polo caudillo hérulo Odoacro, empregado ao servizo de Roma.

A decadencia e caída do Imperio Romano é unha das cuestións máis debatidas e estudadas da Historia. É considerada por algúns como "o maior enigma de todos", e foi un dos eixes do discurso histórico clásico dende Santo Agostiño de Hipona. A ruína da -Roma eterna- perdurou como o paradigma por excelencia do esgotamento e morte das civilizacións, unha caducidade mundana interpretada como o precedente e anuncio da fin do mundo ou, polo menos, da civilización occidental. Os séculos XX e XXI viron multiplicarse o interese por este problema histórico, debido probablemente ao feito de que a civilización contemporánea ten moitos trazos comúns coa da antigüidade tardía, e a que a cultura occidental está nun período de transición, como a Roma dos ss. III e IV.[1]

A historiografía oscilou entre unha interpretación minimalista (a interrupción da serie de emperadores na parte occidental do Imperio) e unha maximalista (o afundimento dunha civilización e a creba dunha historia do mundo dividida en dúas etapas: unha antiga-pagá e outra moderna-cristiá. De igual xeito, dun extremo ao outro do espectro de teorías propostas, considerouse o proceso como unha longa transformación debida a fenómenos endóxenos (a "decadencia") ou unha derruba de súpeto por causas fundamentalmente esóxenas (a "caída").

Na actualidade, predominan as teorías esóxenas menos dramáticas, aínda que sen restaren importancia aos problemas internos e ás consecuencias que produciu a irrupción dos xermanos no Imperio. Esta concepción continuísta defende a pervivencia ata época carolinxia -malia as invasións e violencias- das estruturas político-económicas fundamentais e da concepción do poder do mundo tardorromano. Xa suxerida polo sobranceiro historiador belga Henri Pirenne, esta corrente continuísta tería o seu maior expoñente en Walter Goffart, da Universidade de Toronto, ata certo punto en autores como o británico Peter Heather, e no seu caso máis extremo, na moi criticada corrente fiscalista do francés Jean Durliat. Un exemplo serían as palabras do profesor Gonzalo Fernández Hernández, da Universidade de Zaragoza:

O Imperio Romano de Occidente enfrontouse cuns problemas entre 454 e 476 que desembocan nunha reunificación do Imperio (...) 476 non supón a fin de Imperio ningún (...) os soberanos bárbaros federados ao Imperio Romano recoñecen a soberanía nominal dun único emperador con sede en Constantinopla (...) en teoría esta situación perdura ata a coroación imperial de Carlomagno...

Por outra banda, segue habendo quen defenden unha visión máis "catastrofista" e acorde á concepción tradicional deste problema histórico, tal é o caso do arqueólogo británico Bryan Ward-Perkins. De igual modo, hai diferenzas entre os que poñen o acento no carácter romanista endóxeno das transformacións (como Goffart), e quen pola contra apuntan cara ao carácter xermanista esóxeno (como o austríaco Walter Pohl).

  1. (Blázquez 1973: 113).
  2. La crisis del Imperio Romano de Occidente (454-476 d. C.). En: Revista de arqueología, ano 28, nº 344, pp. 55-63.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blázquez Martínez (1973) Causas de la decadencia y hundimiento del Mundo Antiguo. En: Jano n.º 98, pp. 113-123.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Decadencia do Imperio Romano
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?