For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Célula cromafín.

Célula cromafín

Corte da glándula adrenal coa medula abaixo.

As células cromafíns son células neuroendócrinas que se encontran na medula da glándula adrenal ou suprarrenal e noutros ganglios do sistema nervioso simpático. Trátase de neuronas postsinápticas simpáticas modificadas que reciben impulsos simpáticos. En lugar de liberaren os seus neurotransmisores a un órgano ou tecido adxacente para producir un determinado efecto, o que fan é liberalos á circulación sanguínea para que exerzan efectos sistémicos en diversos órganos, funcionando ao modo de hormonas. As hormonas (e neurotransmisores) que liberan son dúas catecolaminas, a noradrenalina ou norepinefrina (~20% delas) e a adrenalina ou epinefrina (~80%), e tamén encefalinas. Por esta razón, son células neuroendócrinas.

Etimoloxía e nomenclatura

A denominación "cromafín" procede da afinidade tintorial destas células polos sales de cromo (afíns ao cromo). Os sales de cromo oxidan e polimerizan as catecolaminas orixinando unha coloración castaña [1], que é máis intensa nas células que segregan noradrenalina. Existen no corpo outros dous tipos de células con propiedades cromafíns que, pola similitude tintorial coas células cromafíns da medula adrenal, se denominan células enterocromafíns e células similares ás enterocromafíns (células ECL), aínda que a súa función é completamente diferente e non deben ser confundidas.

Localización

Na quinta semana do desenvolvemento fetal humano, unhas células chamadas neuroblastos migran da crista neural para formar a cadea simpática e os ganglios preaórticos. Despois, as células migran por segunda vez á medula adrenal [2]. As células cromafíns tamén se establecen preto dos ganglios simpáticos, nervio vago, paraganglios, e arterias corótides. En baixas concentracións, tamén hai células cromafíns na parede da vexiga, próstata, e parte posterior do fígado.

Funcións

Adrenalina ou epinefrina.
Noradrenalina ou norepinefrina.

As células cromafíns da medula adrenal están innervadas polo nervio esplácnico e secretan ao sangue adrenalina (epinefrina), noradrenalina (norepinefrina), encefalina e péptidos que conteñen encefalina. A adrenalina e noradrenalina secrétanse por exocitose dos gránulos onde se almacenan [3], e xogan un importante papel na resposta de loita ou fuxida. As encefalinas e péptidos que conteñen encefalinas están relacionadas, aínda que non son iguais, cos péptidos endóxenos chamados endorfinas (que son segregados na hipófise ou pituitaria); todos estes péptidos únense a receptores opioides e producen unha resposta analxésica entre outras. As hormonas segréganse en gránulos; e neles é onde o encima dopamina β-hidroxilase cataliza a conversión de dopamina en noradrenalina. Existen células N (ou Na) e E (ou A) diferenciadas. As células N (ou Na) producen noradrenalina (norepinefrina). As células E (ou A) orixínanse das N ao interacccionaren estas con glicocorticoides, e empezaren a converter a noradrenalina (norepinefrina) en adrenalina (epinefrina).[4]

Notas

  1. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 530. ISBN 84-7605-361-4
  2. Unsicker K, Huber K, Schütz G, Kalcheim C. The chromaffin cell and its development. Neurochem Res. 2005 Jun-Jul;30(6-7):921-5. PMID 16187226. [1]
  3. .Camacho M, Montesinos MS, Machado JD, Borges R. [Exocytosis as the mechanism for neural communication. A view from chromaffin cells]. Rev Neurol. 2003 Feb 15-28;36(4):355-60. PMID 12599135. [2] (en inglés) (en castelán)
  4. Young, Lowe, Stevens, Heath (2006). Churchill Livingstone, ed. Wheater's Functional Histology (5th ed.). Edinburgh. ISBN 044306850X. 

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Célula cromafín
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?