For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Dinastía aqueménida.

Dinastía aqueménida

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.)

A dinastía aqueménida foi unha dinastía que gobernou o Imperio Persa, fundada por Ciro II o Grande, tras vencer ao último rei medo (550 a.C) e estender o seu dominio pola meseta central de Irán e gran parte de Mesopotamia. Os seus sucesores Cambises II e Darío I o Grande continuaron a súa obra, e este último reorganizou o imperio en satrapías, alcanzando o cénit do seu poder. Porén, os sucesivos fracasos ao intentar someter as cidades gregas (Guerras Médicas) na primeira metade do século V a.C., debilitaron o imperio, e aínda o habían facer máis as tendencias secesionistas dalgunhas provincias, ata que a conquista de Alexandre Magno (331 a.C.) puxo fin ao imperio aqueménida.

Ciro desfrutou de ambas as herdanzas iranias (persas e medas). Cando se alzou co poder utilizou precisamente os exércitos medos para continuar as súas conquistas. Levou a cabo unha política de perdón aos reis inimigos, que comezou co seu avó Astiaxes, quen o enviou aos seus exércitos ao percibir as ínfulas independentistas de Ciro. Dise que tampouco executou ao rei de Babilonia cando conquistou esa cidade onde restableceu o culto a Marduk e liberou os xudeus do cativerio. En xeral Ciro seguiu a estratexia de deixar as estruturas administrativas dos lugares conquistados, pero someténdoas ao poder imperial.

Ciro morreu en batalla con tribos nómades preto do mar Caspio, o seu fillo Cambises II —chamado igual que o avó—; quen gobernaba Babilonia por esa data erixiuse en emperador e converteuse nun gobernante tiránico... o imperio comezou a desestabilizarse con revoltas e antes de sufocalas Cambises morreu, segundo algunhas fontes, dunha ferida autoinflixida.

Tras algunhas intrigas o trono foi entregado por fin a Darío, tamén aqueménida. Este sustentou que o suposto herdeiro ao trono- segundo fillo de Ciro- era un impostor medo, pois este fillo de Darío fora eliminado polo seu pai cando partiu á Babilonia temendo que lle usurpase o poder; Darío atreveuse mesmo a publicar isto erixindo unha pedra escrita en tres idiomas -persa antigo, elamita e acadio-.

Darío non foi tan clemente como Ciro e expandiu o imperio e fíxoo prosperar. Dividiu os seus dominios en vinte satrapías encabezadas por membros da familia real e fixo unha estrada desde a capital de Lidia (oeste da actual Turquía) ata Susa para levar o correo imperial. Actualmente, o lema do correo dos Estados Unidos son palabras de Darío referíndose a este sistema de comunicación extremadamente efectivo para a época, onde a todo galope os mensaxeiros se entregaban as mensaxes cada quince millas. Isto aseguraba dalgunha maneira o control absoluto sobre os seus parentes quen tiñan a súa propia corte e exército pero non podían fallar en dar tributo ao emperador. Este tributo era proporcional á riqueza de cada rexión.

Fin dos aqueménidas

[editar | editar a fonte]

O dominio da dinastía aqueménida persa terminou cando o imperio caeu nas mans de Alexandre Magno herdeiro de Filipo II de Macedonia, que se impuxo a todas as polis gregas.

Séculos despois outra dinastía persa, a sasánidas habíase alzar co control da rexión por catro séculos configurando en parte o que hoxe coñecemos como cultura do medio oriente.

Coincidindo coa hexemonía aqueménida xurdiu o zoroastrismo -tamén coñecido por mazdeísmo- no Irán pero ao acadar a conquista da Babilonia, Ciro rendeulle persoalmente culto a Marduk e o seu sucesor proclamouse faraón no Exipto practicando a relixión do lugar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Dinastía aqueménida
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?