For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Antonio del Moral López.

Antonio del Moral López

Infotaula de personaAntonio del Moral López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1849 Editar o valor en Wikidata
Ciempozuelos, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Gobernador civil de Málaga
Gobernador civil da provincia de Sevilla
Gobernador civil
Civil governor of Gipuzkoa (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoTerceira Guerra Carlista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé del Moral Sanjurjo Editar o valor en Wikidata
Premios


Antonio del Moral López, nado en Ciempozuelos o 7 de agosto de 1849 e finado na Coruña o 28 de xaneiro de 1924, foi un militar e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Benigno del Moral Galán, propietario rendista e de María de los Santos Ramona López Serrano. Cursou estudos militares no Real Colexio de Artillaría de Segovia onde ingresou en 1866. Na arma de artillaría alcanza os graos de tenente (nomeado por Real Orde de 27 de novembro de 1874), e capitán (por Real Orde de 25 de novembro de 1877) e participou nas escaramuzas no transcurso da Terceira Guerra Carlista que foron conformando o seu espírito liberal.

En 1878 casou con Clotilde Sanjurjo Flórez de Losada, filla dos VIII condes da Torre Penela, de ilustre familia coruñesa. Comenza entón o seu interese pola política, ingresando no Partido Liberal. Deputado por este partido na lexislatura de 1879 polo distrito da Coruña, volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1881 e foi designado o 24 de marzo de 1883 secretario do Congreso dos Deputados, posto que ocupou durante un ano. En 1884 foi elixido deputado polo distrito de Getafe. Vocal da xunta consultiva do Instituto Xeográfico e Estatístico dende 1884.

O triunfo do seu partido en setembro de 1885 fixo que o 15 de decembro de 1886 fora nomeado gobernador civil de Sevilla[1] iniciando unha prolífica carreira como administrador público. O 17 de decembro de 1887 foi nomeado gobernador civil de Guipúscoa e en 1888 de Málaga de onde cesou en agosto de 1889[2]. O novo triunfo liberal de decembro de 1892 fixo que lle encomendaran un posto en ultramar e foi nomeado Gobernador da Rexión Occidental da Illa de Cuba con sede en Santiago de Cuba o 6 de xaneiro de 1893[3]. Previamente, e dende o ano 1890, ostentaba xa o grao de Comandante de Artillaría. As súas xestións na Rexión fixérono merecedor da confianza do Ministro de Ultramar Antonio Maura quen o promove ao cargo de Intendente Xeral da Illa de Cuba por Real Orde de 28 de setembro de 1893[4].

A súa xestión á fronte da facenda cubana foi moi relevante procedendo a unha reordenación dos ingresos por aduanas. Para tal efecto realizou unha mellora do sistema estatístico que produciu problemas no cobro dos impostos sobre o petróleo e o gas. Por esta xestión recibiu por Orde de 23 de xaneiro de 1894 a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica. Cesou na Habana o 5 de xullo de 1895 e regresou a España onde ocupou postos nas Cortes, abandonando xa postos de responsabilidade política.

Foi tamén deputado polo distrito da Coruña en 1886, 1891, 1896, 1898, 1899 e 1903. Tamén foi senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1888-1889, 1901-1902 e 1905-1907, sendo experto en delitos electorais.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou o 26 de setembro de 1878 con Clotilde Sanjurjo Flórez de Losada e foi pai de José e María del Moral Sanjurjo, que casou con Raimundo Riestra Calderón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barreiro Fernández, X. M. (coord.) (2003): Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia e Real Academia Galega. Santiago de Compostela.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Antonio del Moral López
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?