Filla máis vella do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.
Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña. En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo, pero este matrimonio foi anulado.
O exército francés entrou na Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Carlos VIII (1470-1498), rei de Francia. Casaron o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.
Viviu entre Amboise, París e Lión, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña.
Antes de casar con Lois XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.
Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois.
Alan IV Fergent (1072–1112) · Conan III o Groso (1112–1148) · Berta da Bretaña (1148–1156) · con Eudes ou Odón II (1148–1156) · Hoel III (pretendente)
Casa de Penthièvre
1156–1194
Conan IV o Negro (1156–1166) ·Constanza da Bretaña (1166–1201) · con Godofredo II (1181–1186) · despois Ranulf earl de Chester (1188–1196) · despois Guido de Thouars (1199-1201)
Alix (1203-1221) · con Guido de Thouars (1203-1213) · despois Pedro I Mauclerc (1213-1221)
Casa de Dreux
1221–1364
Xoán I o Roxo (1221-1286) · con Pedro I Mauclerc (1213-1221) ·Xoán II (1286–1305) ·Artur II (1305–1312) · Xoán III (1312–1341) · Xoana (1341–1364) · con Carlos I (1341–1364)
This browser is not supported by Wikiwand :( Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience. Please download and use one of the following browsers:
Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.
X
Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?
Oh no, there's been an error
Please help us solve this error by emailing us at support@wikiwand.com
Let us know what you've done that caused this error, what browser you're using, and whether you have any special extensions/add-ons installed.
Thank you!