For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Amoeba proteus.

Amoeba proteus

Amoeba proteus
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Orde: Tubulinida
Familia: Amoebidae
Xénero: Amoeba
Especie: A. proteus
Nome binomial
Amoeba proteus

Amoeba proteus (antes chamada Chaos diffluens), é unha especie de protozoos, principal representante do xénero Amoeba. O nome proteus déuselle polo antigo deus grego Proteo, que podía cambiar de forma, igual que fai esta ameba, debido á emisión de expansións chamadas pseudópodos, que utiliza para moverse e capturar por fagocitose pequenos organismos unicelulares. Estes, unha vez capturados, quedan dentro dun vacúolo dixestivo, onde son dixeridos encimaticamente. Vive en ambientes de auga doce e aliméntase doutros protozoos, incluídas outras amebas máis pequenas, algas, e rotíferos (invertebrados). O seu tamaño é variable segundo expanda os seus pseudópodos e adoita estar entre 220-740 microns, o que é un tamaño considerable para un protozoo.[1] Como contén fitocromos coloreados, A. proteus pode presentar diversas cores ollada ao microscopio, polo que as hai de aspecto amarelo, verdoso, púrpura etc. Presenta un vacúolo contráctil mediante o cal expulsa o exceso de auga da célula, facendo deste modo unha osmorregulación.[2] O vacúolo está rodeado de pequenas vesículas que traen a auga.

A. proteus posúe un núcleo celular, que contén cromatina granular. Está relacionada coas amebas xigantes do xénero Chaos pero este é un xénero multinucleado. O seu xenoma é moi grande, con 290 mil millóns de pares de bases (outra ameba relacionada, como é Polychaos dubium supéraa con 670 mil millóns), polo que é moito máis grande que o xenoma humano (de só 2,9 miles de millóns de pares de bases).[3]

Galería de vídeos

[editar | editar a fonte]
Amoeba proteus en movemento.
Amoeba fagocitando unha diatomea.
  1. "Amoeba proteus". Amoebae on the Web. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  2. Nishihara E, Shimmen T, Sonobe S (2004). "Functional characterization of contractile vacuole isolated from Amoeba proteus". Cell Struct. Funct. 29 (4): 85–90. PMID 15665503. doi:10.1247/csf.29.85. 
  3. Winstead, Edward R. (12 February 2001). "Sizing up genomes: Amoeba is king". Genome News Network. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Amoeba proteus
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?