For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Aligatóridos.

Aligatóridos

Aligatóridos
Rango fósil: Cretáceo - Holoceno[1]
(desde hai 83 millóns de anos)

Alligator mississippiensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Gray, 1844
Subfamilias

Os aligatóridos (Alligatoridae) son unha familia de réptiles crocodilianos na que están incluídos os aligátores e os caimáns, que pertencen a subfamilias distintas. En total hai oito especies vivas.

Aligátores

[editar | editar a fonte]

Os aligátores clasifícanse na subfamilia Alligatorinae. Os antepasados desta liñaxe aparecen xa fósiles en depósitos fluviais do Cretáceo en Europa, onde non se extinguiron ata o Plioceno. Os aligátores están hoxe representados por dúas especies, unha norteamericana, Alligator mississippiensis, que vive no sur dos Estados Unidos e pode crecer ata os 4,6 m e pesar 453 kg,[2] e a pequena especie asiática do río Yangtzé da China Alligator sinensis, que medra como media ata os 1,5 m. O nome destes animais deriva dunha deformación das palabras castelás el lagarto (o lagarto).

Son os aligatóridos da subfamilia Caimaninae. Viven en América Central e do do Sur. Hai seis especies de caimáns. Difiren dos aligátores na ausencia dun septo óseo entre as aberturas nasais, e ter unha armadura ventral composta de escudos óseos solapados, cada un dos cales está formado por dúas partes unidas por unha sutura. Hai tres especies no xénero Caiman (C. crocodilus, C. yacare e C. latirostris), hai dúas especies de caimáns ananos do xénero Paleosuchus (P. trigonus e P. palpebrosus), e unha especie do xénero Melanosuchus, o M. niger. Os caimáns adoitan ser máis áxiles e máis parecidos aos crocodilos nos seus movementos, e teñen dentes máis longos e afiados que os aligátores.[3]

Caiman crocodilus é o que ten a área de distribución máis grande, desde o sr de México á metade norte da Arxentina, e adoita crecer ata un modesto tamaño duns 2,2 m. O de maior tamaño e actualmente ameazado é Melanosuchus niger da cunca do río Amazonas, que medra ata algo máis dos 5 m. Esta especie, xunto co aligátor do Mississipi son os únicos membros da familia dos aligatóridos que supoñen para os humanos un perigo similar ao que representa a familia dos crocodilos.

Aínda que os caimáns non foron estudados en profundidade, coñécense os seus ciclos reprodutivos (que previamente se cría que eran espontáneos ou anuais) que están ligados aos ciclos de chuvias e os niveis de auga nos ríos, o que incrementa as posibilidades de sobrevivir das crías.

Diferenzas cos crocodilos

[editar | editar a fonte]

Os aligátores diferéncianse dos crocodílidos principalmente por teren cabezas máis curtas e anchas, con morros máis obtusos; así como porque o cuarto dente máis grande da mandíbula inferior encaixa nunha fosa especial para el dentro da mandíbula superior, en vez de nunha amosega externa da boca; en que carecen de flecos aserrados que aparecen nas patas traseiras e pés dos crocodilos; en ter as dedas dos pés traseiros palmados pola presenza dunha membrana que non chega a máis da metade dos extremos dos dedos; e unha intolerancia á salinidade, xa que os aligatóridos prefiren claramente as augas doces, mentres que os crocodilos poden tolerar a auga salgada debido a unhas glándulas especializadas para filtrar e expulsar o sal. En xeral, os crocodilos adoitan ser máis perigosos para os humanos que os aligatóridos. Outra característica descuberta recentemente é que tanto os caimáns coma os aligátores americanos comen algo de follaxe e froitas ademais da súa dieta normal de peixe e carne.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Niño de aligátor no Parque Nacional dos Everglades, Florida, Estados Unidos
Alligator prenasalis, fósil
Membro anterior da especie extinguida A. olseni

Existen 8 especies de aligatóridos vivas, clasificadas en 4 xéneros.

  • Superfamilia Alligatoroidea
    • Familia Alligatoridae
      • Subfamilia Alligatorinae (aligátores)
        • Xénero Albertochampsa (extinguido)
        • Xénero Chrysochampsa (extinguido)
        • Xénero Hassiacosuchus (extinguido)
        • Xénero Navajosuchus (extinguido)
        • Xénero Ceratosuchus (extinguido)
        • Xénero Allognathosuchus (extinguido)
        • Xénero Hispanochampsa (extinguido)
        • Xénero Arambourgia (extinguido)
        • Xénero Procaimanoidea (extinguido)
        • Genus Wannaganosuchus (extinguido)
        • Xénero Krabisuchus (extinguido)
        • Xénero Eoalligator (extinguido)
        • Xénero Alligator
      • Subfamilia Caimaninae (caimáns)
  1. Family Alligatoridae (Alligators and Caiman) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. University of Bristol. Cita:"Os Alligatoridae aparecen no Cretáceo Superior, mentres que o xénero Alligator aparece por primeira vez no Oligoceno".
  2. "American alligator" Arquivado 21 de maio de 2011 en Wayback Machine.. animals.nationalgeographic.com. National Geographic Society.
  3. Guggisberg, C.A.W. (1972). Crocodiles: Their Natural History, Folklore, and Conservation. p. 195. ISBN 0-7153-5272-5. 
  4. Naish, Darren (3 de outubro de 2008). "Tetrapod Zoology: Alligators eat fruit". scienceblogs.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Aligatóridos
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?