For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Acrosoma.

Acrosoma

O acrosoma[1] é un orgánulo que se encontra na parte anterior da cabeza dos espermatozoides de moitos animais. Ten forma de carapucha e deriva do aparato de Golgi. Nos mamíferos euterios o acrosoma contén encimas dixestivos, entre os que se inclúen a hialuronidase e a acrosina.[2] Estes encimas rompen a capa de células que rodea o óvulo e a membrana externa que o protexe, chamada zona pelúcida, permitindo que o núcleo haploide do espermatozoide penetre na célula e poida unirse ao núcleo haploide do óvulo. Xeralmente colaboran no proceso de acceso e perforación da zona pelúcida varios espermatozoides á vez.

A liberación do contido do acrosoma ou reacción acrosómica pode estimularse in vitro por substancias que un espermatozoide pode atopar de forma natural, tales como proxesterona ou fluído folicular, e tamén polo máis habitualmente usado ionóforo de calcio A23187. Isto faise comunmente cando se quere facer un control positivo para valorar a reacción acrosómica dunha mostra de esperma por citometría de fluxo [3] ou por microscopía de fluorescencia. Previamente hai que tinguir cunha lectina fluoresceinada como a FITC-PNA, FITC-PSA, FITC-ConA, ou un anticorpo fluoresceinado como o FITC-CD46.[4]

Esquema dun espermatozoide humano

O acrosoma fórmase durante o proceso da espermatoxénese, a partir da fusión de vesículas procedentes do aparato de Golgi, orgánulo onde se encontran os encimas acrosómicos. Nas primeiras fases da espermioxénese, o acrosoma preséntase en forma de vesícula acrosomal ou proacrosomal. Tras a condensación do núcleo celular, a vesícula diríxese ao extremo apical da cabeza do espermatozoide en formación e presenta forma piramidal. O acrosoma está limitado pola membrana acrosomal externa (pegada á membrana celular) e pola membrana acrosomal interna (pegada á membrana nuclear).

Nos casos de globozooespermia (espermatozoides con cabezas redondas) o aparato de Golgi non se transforma en acrosoma, o que é causa de infertilidade masculina.[5]

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 15. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. "acrosome definition - Dictionary - MSN Encarta". Encarta. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2009. Consultado o 2007-08-15. 
  3. Miyazaki et al. Archives of Andrology 25:243-251 (1990)
  4. Carver-Ward et al. Journal of Assisted Reproduction and Genetics, Vol. 14, no. 2, 1997
  5. Page 155 in: Hermann Behre; Eberhard Nieschlag (2000). Andrology : Male Reproductive Health and Dysfunction. Berlin: Springer. ISBN 3-540-67224-9. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Acrosoma
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?